Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por unha universidade libre de pseudociencia e oscurantismo |
|
Neste post quero sumarme á iniciativa do blog La Ciencia y sus Demonios, no que vén de publicarse un Manifesto por unha universidade libre de pseudociencia e oscurantismo.
A cousa vén a conto pola recente proliferación nas universidades españolas de actos ?académicos? sobre pseudociencias como o espiritismo, astroloxía, acupuntura, homeopatía,? e en concreto como protesta pola recente creación dunha Cátedra de Homeopatía na Universidade de Zaragoza.
Na ligazón podes ler o Manifesto e, se queres, asinar a túa adhesión ao mesmo.
|
|
|
|
Novo estudo sobre variacións xenéticas no TDAH |
|
Nos últimos anos véñense producindo constantes avances no coñecemento da base xenética do TDAH, cousa que ?por outra banda? está a resultar complexo e laborioso debido ao carácter polixénico que o mesmo ten. Recentemente un novo estudio vén de ser publicado no que se abren novas perspectivas no coñecemento do substrato xenético.
Investigadores galeses e islandeses escanearon o xenoma de dúas mostras de nenos e nenas con TDAH e comparárona co de controis sen o trastorno, atopando que os primeiros tiñan maior número de rexións eliminadas ou duplicadas no seu ADN.
Para a maioría dos xenes do xenoma humano, herdamos unha copia de cada proxenitor, polo que temos dúas. Sen embargo, en determinadas rexións do xenoma existe un número variable de copias, o que se denomina coas siglas CNV (copy number variation). Isto poden deberse a duplicacións de determinadas secuencias ou ben, polo contrario, a deleccións das mesmas, polo que dalgúns xenes podería existir una soa copia, ou ben ningunha.
Os autores informaron de que os nenos con TDAH tiñan maior presenza de CNVs e, o que é máis curioso: as características destas variacións eran semellantes ás identificadas noutros estudos en persoas con autismo, esquizofrenia e epilepsia. Estudos previos tiñan atopado anomalías na rexión denominada 16p13.11, (no brazo curto do cromosoma 16, que podes ver na ilustración). Neste estudo atopouse que tamén nas persoas con TDAH existían frecuentes duplicacións xenéticas nesta rexión.
Así mesmo, considerando que a abundancia de CNVs tamén se ten observado en persoas con discapacidade intelectual, os investigadores controlaron ese aspecto, apreciando que, en efecto, cando ademais dun cadro de TDAH tamén se aprecia discapacidade intelectual, o número de CNVs era maior.
Polo momento é difícil saber qué valor e qué función teñen as anomalías atopadas nas CNVs, mais o feito de que as mesmas teñan aparecido de maneira independente en dúas mostras non relacionadas (Gales e Islandia) é interpretado polos autores do estudo como unha proba máis do carácter xenético do TDAH e unha evidencia dificilmente explicable por aqueles que manteñen que o TDAH é unha construción de carácter cultural.
O artigo comentado é: Williams, N.M., Zaharieva, I., Martin, A., Langley, K., Mantripragada, K. Fossdal, R., Stefansson, H., Stefansson, K., Magnusson, P., Gudmundsson, O.O., Gustafsson, O. Holmans, P., Owen, M.J., O'Donovan, M. e Thapar, A. (2010). Rare chromosomal deletions and duplications in attention-deficit hyperactivity disorder: a genome-wide analysis, The Lancet, 376, 1401-1408. |
|
|
|
TDAH e lentes coloreados |
|
Veño de ler un excelente artigo sobre o tema dos lentes coloreados para tratar os trastornos do neurodesenvolvemento, como o TDAH, a dislexia ou outras dificultades de aprendizaxe.
O artigo, pertencente ao blog ?La pizarra de Yuri?, está moi ben documentado e resulta ameno (e mesmo divertido) na súa lectura.
Nel revísanse varios estudos nos que se examinou de maneira seria a súa eficacia, chegándose á conclusión de que este tratamento non conta con respaldo científico para ser recomendado. Así mesmo faise referencia á declaración conxunta da Academia Estadounidense de Pediatría, a Academia Estadounidense de Oftalmoloxía, a Asociación Estadounidense de Oftalmoloxía Pediátrica e Estrabismo e a Asociación Estadounidense de Ortoptistas Certificados sobre as "gafas de cores", publicada na revista Pediatrics (2009; 124, pp. 837-844).
Podes acceder a el desde aquí.
|
|
|
|
TDAH e alimentación: Os colorantes alimentarios |
|
A posibilidade de relación entre a alimentación e a hiperactividade vén sendo un dos temas máis debatidos nos últimos corenta anos no eido do TDAH. Quizais existe unha razón de sentido común que nos pode levar a relacionar ambos conceptos: Nestes anos, nos que semella ter aumentado a incidencia do TDAH producíronse importantes cambios na alimentación infantil. Que hai de certo e de mito nesta relación? Neste post tentaremos dar algunhas pistas sobre o tema, e centrarémonos nun aspecto, os colorantes alimentarios, sobre os que máis se ten escrito e debatido.
Causan os colorantes TDAH?
É posible que as persoas que sigan este blog teñan en mente algo que temos comentado e que resulta nalgunha maneira contraditorio cunha afirmación deste tipo: o TDAH semella ter unha orixe esencialmente xenética, estimándose en máis do 75% o compoñente herdado do trastorno. Desta maneira, a maioría dos casos de TDAH non poderían estar causados pola dieta.
Por riba, as explicacións dos investigadores sobre factores non herdados que incrementan o risco de TDAH, parecen dirixirse a causas prenatais ou perinatais que poidan ocasionar un dano cerebral: desde o consumo de tabaco ou alcohol (do que temos falado aquí), o baixo peso ao nacer (do que falamos aquí), problemas durante o parto ou outras causas.
Sen embargo, a proposta de Benjamin Feingold, que en 1975 publicou un artigo titulado: ?A hiperactividade e as discapacidades da aprendizaxe vencelladas aos colorantes e sabores artificiais? sinalaba que os aditivos artificiais, así como os salicilatos eran os causantes da hiperactividade infantil, e ?segundo a súa opinión? no so iso, senón que tamén os relacionaba coa dislexia, o autismo, o asma, as otites, as migrañas, os problemas de pel,?
Ademais, ao contrario que as outras causas ambientais, que parecían danar o cerebro de maneira permanente, o efecto causado polos aditivos alimentarios non semellaba producir danos permanentes, co cal, abandonando a súa inxesta, a hiperactividade debería desaparecer.
A hipótese de Feingold adquiriu un notable respaldo popular e pronto se extendeu polos EE.UU. un movemento asociativo para promover a chamada dieta Feingold, que consistía na eliminación da dieta infantil dos elementos supostamente nocivos.
Numerosos estudos se desenvolveron desde entón para comprobar a natureza desta relación e a eficacia de tal dieta para as persoas con TDAH. Hai que sinalar que entre estes existen traballos de moi distinta calidade: Con frecuencia, os pais e outros observadores informaban de melloras espectaculares en casos nos que os estudios eran ?non controlados?, mais cando se levaban a cabo empregando deseños nos que se poida evitar a subxectividade e o efecto placebo, os resultados eran moi distintos. Nun resumo levado a cabo no ano 1980 por Keith Conners no que analizaba os estudios que empregaran un deseño de dobre cego (no que nin os participantes nin os investigadores coñecen que dieta está seguindo cada un: a dieta experimental ou unha dieta placebo) sinalaba que o efecto das dietas era en realidade pequeno e inconsistente.
Anos máis tarde, en 2004, David Schab e Nhi-Ha Trinh levaron a cabo unha metaanálise dos estudos controlados existentes ata ese momento. Hai que explicar que unha metaanálise é un complexo proceso que permite comparar e combinar os resultados de diferentes estudos obtendo unha taxa global estimada de todos eles.
Schab e Trinh analizaron un total de 15 estudos e obtiveron un efecto d=0,28. Para entender o significado desta cifra hai que sinalar que a diferenza habitual entre os síntomas das persoas con TDAH co resto da poboación é de d=2,0; polo que segundo isto o efecto da dieta sen colorantes melloraría os síntomas nunha décima parte. Polo tanto, a mellora apreciable sería en todo caso moi feble.
Ademais disto, a taxa global d=0,28 garda no seu interior unha pequena trampa: é o resultado de combinar o efecto observado polos pais (d=0,44), que si é significativo co observado polo profesorado (d=0,08) e os profesionais (0,11), que non son significativos. Isto suxire que parte do efecto atopado é produto das expectativas dos pais, ou ben que estes e o profesorado/profesionais estaban a valorar cousas diferentes.
Así mesmo, outro aspecto de interese é que este efecto da supresión dos aditivos so parece apreciarse nun pequeno número de nenos e nenas, podendo ser que estes se caractericen por presentar un conxunto de síntomas como reaccións atópicas, irritabilidade, dificultades no sono, ademais de síntomas hiperactivos-impulsivos.
Tomados en conxunto, estes datos suxiren que o efecto dos aditivos alimentarios non parece ser un elemento causal do TDAH e que a súa eliminación non representará unha mellora apreciable dos síntomas.
Un aspecto común dos estudos revisados por Schab e Trinh é que neles os participantes eran nenos e nenas con diagnóstico TDAH; mais recentemente téñense levado a cabo outros nos que se indagou sobre o efecto dos aditivos sobre a poboación infantil en xeral.
Investigadores da Universidade de Southampton dirixiron dous estudos nos que comprobaron o efecto de varios colorantes e dun conservante (o benzoato sódico) sobre a atención e a impulsividade/hiperactividade.
O primeiro dos mesmos levouse a cabo con nenos e nenas de tres anos de idade, na Illa de Wight e 277 nenos e nenas completaron o estudo. Neste caso, seguiuse un deseño de tipo cruzado no cal, os participantes durante varias semanas seguiron dietas nas que inxerían de maneira diaria unha bebida que contiña unha mestura de colorantes e benzoato, ou ben placebo. Os resultados sinalan que non houbo cambios significativos nas probas empregadas sobre o grao de impulsividade, actividade ou inatención. Sen embargo si se observou un cambio nas valoracións dos pais e nais, que apreciaron un incremento da conduta hiperactiva durante o período no que se tomaba a bebida activa. Sen embargo, os pais e nais tampouco apreciaron un aumento da impulsividade nin da inatención.
Outros aspectos que querían controlar os investigadores neste estudo eran:
-Se a inxesta de aditivos podía afectar de maneira distinta a nenos e nenas segundo o grao de hiperactividade/impulsividade previa.
-Se, como suxerían estudos previos, os aditivos poderían afectar en maior medida a aqueles que tivesen problemas de pel, alerxias,?
Para isto fixéronselles valoracións destes aspectos antes do inicio do estudo e , durante a análise dos datos, tivéronse en conta estas variables, resultando que ningún deles afectaba aos resultados.
En 2007, o equipo da Universidade de Southampton levou a cabo un novo estudo no que tentou replicar os resultados obtidos na Illa de Wight, neste caso con poboación infantil do propio Southampton e engadindo, ademais dos nenos e nenas de 3 anos, outro grupo de 8/9 anos. Un total de 267 completaron este novo estudo no que se empregou un deseño cruzado no que os participantes probaban dúas mesturas diferentes de colorantes e benzoato e unha terceira mestura placebo.
Os resultados atopados sinalan que unha das mesturas incrementou as puntuacións relacionadas coa hiperactividade en ambos grupos (3 e 8/9 anos) mentres que a outra mestura so produciu tal efecto no grupo de 8/9 anos.
Neste estudo, o tamaño do efecto negativo dos aditivos estimouse en d=0,19, polo que pode considerarse, de novo, moi feble.
Aínda que se teñen feito varias críticas do Estudo Southamton referidas a aspectos como o emprego dunha puntuación global, que combinaba as valoracións de pais, mestres e probas feitas polo equipo investigador, co que se enmascaraban as posibles diferenzas entre todas estas fontes de información; o estudo recibiu un grande interese e foi analizado en profundidade pola Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), que sinalou:
-Que o Estudo Southamton proporciona unha información fiable sobre un pequeno efecto (aínda que estatisticamente significativo) dos compoñentes empregados sobre a conduta infantil.
-Que non se pode atribuír causalidade a asociación atopada nin poden atribuírse a ningún compoñente en concreto.
-Que os datos do estudo, debido á debilidade do efecto atopado, á falta de consistencia e a ausencia de significación clínica, non poden ser tomados como base para alterar a Dose Diaria Aceptable dos compostos empregados no estudo.
Aínda así, de maneira preventiva, a EFSA recomendou, no seu regulamento 1333/2008, que nos alimentos que conteñan algún dos colorantes empregados no estudio se inclúa a seguinte advertencia: ?pode ter efectos negativos sobre a actividade e a atención dos nenos?
Finalmente, que conclusións poderiamos sinalar sobre o estado actual dos coñecementos sobre a relación entre colorantes artificiais e TDAH? Persoalmente eu sinalaría as seguintes:
-Os datos dispoñibles non respaldan que estes elementos da dieta sexan a causa (ou unha das causas) do TDAH.
-Hai elementos para considerar que estes aditivos na dieta infantil poidan incrementar o nivel de actividade dos nenos e nenas, mais o efecto esperable é feble e parece afectar, se é o caso, ao nivel de mobilidade mais non aos aspectos máis preocupantes do TDAH, como son a inatención e a impulsividade.
-Os aditivos estudados soen estar presentes nalgúns refrescos e semellantes, polo que unha medida de sentido común para calquera pai ou nai (non so para os pais dos nenos con TDAH) é evitar o consumo habitual deste tipo de compostos. Non obstante, como teñen sinalado os autores do estudo Southamton, isto tampouco debe levar a actitudes radicais, como por exemplo impedir que un neno consuma nunha festa de cumpreanos o seu refresco favorito.
-Aínda que haberá pais e nais que conten marabillas sobre o efecto de complicadas dietas que alguén lles recomendou sobre a sintomatoloxía do seu fillo ou filla?, sexa prudente: o máis normal é que con calquera dieta o efecto esperable sexa, ou moi pequeno, ou nulo.
-Sempre me ten chamado a atención o sinxelo que sería para os pediatras facer recomendacións na dieta para os seus pequenos pacientes con TDAH. Véñeno facendo en moitos casos: Recomendan, por exemplo, que os bebés non tomen espinacas antes dos 12 meses polo seu contido en nitritos e a posibilidade comprobada de que estes produzan trastornos no metabolismo do ferro; ou nun caso moito máis severo: teñen identificado enfermidades que, aínda sendo hereditarias, deben tratarse con medidas dietéticas estritas. No caso ben coñecido da Fenilcetonuria, sábese ben da necesidade de que os afectados leven unha dieta ausente de fenilalanina, polos danos irreversibles que esta provoca? Por qué entón deberían negarse a recoñecer os beneficios dunha dieta no caso do TDAH se esta fose eficaz?
Seguramente a todas as persoas que, desde unha perspectiva ou outra, temos relación co TDAH, nos encantaría que existise unha dieta milagre, pero a realidade sinala que a mesma non existe polo momento.
Os artigos comentados son:
Bateman, B., Warner, J.O., Hutchinson, E., Dean, T., Rowlandson, P., Gant, C., Grundy, J., Fitzgerald, C. e Stevenson, J. (2004). The effects of a double blind, placebo controlled, artificial food colourings and benzoate preservative challenge on hyperactivity in a general population sample of preschool children. Archives of Disease in Childhood, 89, 506-511.
Feingold, B.F.(1975). Hyperkinesis and learning disabilities linked to artificial food flavors and colours. American Journal of Nursery, 75, 797-803.
McCann, D., Barrett, A., Cooper, A., Crumpler, D., Dalen, L., Grimshaw, K., Kitchin, E., Lok, K., Porteous, L., Prince, E., Sonuga-Barke, E., Warner, J.O. e Stevenson, J. (2007). Food additives and hyperactive behaviour in 3-year-old and 8/9-year-old children in the community: a randomised, double-blinded, placebo-controlled trial. The Lancet, 370, 1560-1567.
Schab, D.W. e Trinh, N.T. (2004). Do artificial food colours promote hyperactivity in children with hyperactive syndromes? A meta-analysis of double-blind placebo-controlled trials. Developmental and Behavioral Pediatrics, 25, 423-434.
O regulamento 1333/2008 podes consultalo aquí.
|
|
|
|
O TDAH na Galipedia |
|
Xa hai un artigo sobre TDAH na Galipedia, a versión en galego da Wikipedia.
Esperemos que se vaia ampliando e que pronto haxa máis artigos sobre aspectos relacionados, como funcións executivas, control inhibitorio, impulsividade,...
O enderezo para visitalo é:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Trastorno_por_déficit_de_atención_con_hiperactividade |
|
|
|
|
|
|
|
|