Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

O ruído non distrae aos nenos que teñen TDAH e fai que melloren o seu rendemento
Onda de ruído branco
O ruído é tipicamente concibido como algo que distrae e perturba o noso rendemento. Considerando que as persoas con TDAH teñen entre as súas características, o seren facilmente distraídos polos estímulos ao seu redor, intuitivamente deberiamos considerar que o ruído lles perxudica mesmo en maior medida.

Non obstante, de maneira contraria a esta crenza, un recente estudo levado a cabo por investigadores das universidades de Estocolmo, Lund (en Suecia) e de Nova York (EE.UU.), un grupo de nenos con TDAH melloraron o seu rendemento en tarefas de memoria cando estaban nunha situación ruidosa fronte ao silencio. Polo contrario, un grupo de nenos sen TDAH empeoraron o seu rendemento na situación de ruído.

O estudo levouse a cabo con 42 nenos (21 con TDAH e 21 controis) de idades entre os 9 e os 13 anos. Ambos grupos levaron a cabo dúas tarefas de memoria: unha de tipo verbal na que debían lembrar pequenas frases, e outra na que debían executar e lembrar pequenas tarefas descritas con pequenas frases.

De maneira controlada, as tarefas leváronse a cabo en dúas situacións sonoras: unha en silencio, e outra na que se escoitaba ruído branco.

O rendemento en ambas tarefas para os participantes como controis foi peor na condición de ruído, mais polo contrario, os do grupo TDAH melloraron o seu rendemento nas mesmas.
Segundo os autores, a explicación deste efecto débese ao fenómeno de Resonancia Estocástica, segundo o cal, para todas as persoas, un nivel de ruído moderado é máis axeitado para o rendemento óptimo en tarefas cognitivas que o silencio absoluto. Non obstante, dado que o nivel de ruído requirido está modulado por un neurotransmisor (a dopamina), as persoas con TDAH (que teñen niveis inferiores de dopamina), precisan un nivel de ruido máis alto do normal para acadar ese nivel de rendemento óptimo. Polo contrario, para os participantes como controis, ao superar o nivel de ruído o seu punto óptimo, teñen unha actuación peor.

Os autores sinalan que este comportamento dos que teñen TDAH en situacións de ruído pode ter vantaxes para o seu tratamento, aínda que sinalan que o ruído ao que se refiren debe ser de tipo continuo, como o ruído branco ou o ruído rosa. Nese sentido sinalan que o emprego de música de fondo, ou sons suaves semellantes ao ruído branco (son de cascadas de auga ou o ruído da chuvia) poden axudar a crear entornos no que os rapaces con TDAH se encontren mellor.

O artigo orixinal é: Söderlund, G., Sikström, S., Smart, A. (2007). Listen to the Noise: Noise is Beneficial for Cognitive Performance in ADHD. The Journal of Child Psychology and Psychiatry, 840-847
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2007 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0