Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

TDAH e déficit de atención
Na entrada anterior comentábamos as aportacións de Virginia Douglas e os seus colegas na identificación das causas do TDAH e , en particular, o papel da atención.

Ao longo do tempo, xurdiron importantes dúbidas sobre o papel dos procesos atencionais como elementos centrais do TDAH. Xa mesmo Douglas observou cómo os niveis de execución en probas de atención sostida (CPT?s) variaban notablemente se se proporcionaba feedback e/ou reforzo aos nenos e nenas con TDAH durante a realización das mesmas.
A mesma autora, co tempo, recoñecía que quizais a importancia dos problemas atencionais mesmo fora esaxerada na definición que en 1980 fixo a APA no DSM-III.

Nesta entrada veremos a opinión que algúns autores destacados no campo da investigación sobre o TDAH teñen sobre o papel dos atencionais no mesmo.

Para isto imos revisar un estudio que o australiano John West fixo dentro da súa tese de doutoramento na University of Western Australia[1]. O mesmo é unha serie de entrevistas semi-estruturadas a seis figuras prominentes do campo, que se levaron a cabo no ano 1998:

?Russell Barkley, do que xa temos comentado neste blog (ver aquí)

?Rosemary Tannock, profesora asociada da Universidade de Toronto (Canadá) e do Hospital for Sick Children da mesma localidade.

?Thomas Brown, Director Asociado da Clínica de Trastornos da Atención da Facultade de Medicina da Universidade Yale (EE.UU). Do seu libro ?The unfoccused mind? tamén temos comentado aquí.

?Annemaree Carroll, psicóloga do Schonell Special Education Research Centre, da Universidade de Queensland (Brisbane, Australia)

?Christopher Green, autor de libros sobre TDAH como ?Toddler Taming? e ?Understanding ADHD?, conferenciante e anteriormente investigador na Universidade de Sydney (Australia) e na Unidade de Desenvolvemento Infantil no Alexandra Hospital for Children.

?Trevor Parry, Director de pediatría no Princess Margaret Hospital, (Perth, Australia) e director do State Child Development Centre, no que é responsable da área de TDAH.

A pregunta que se formulou foi: ?Cre vostede que o déficit atencional é central no TDAH??
Segundo West, os participantes deron respostas variadas a esta cuestión. Mentres que algúns rexeitaron a noción de déficit atencional como elemento central do TDAH, outros inclináronse a aceptar unha definición máis ampla do concepto de déficit atencional como característico do trastorno.

As respostas de cada un deles están a continuación:

Trevor Parry:
?Non. Eu creo que o elemento centra do TDAH é a desorganización?

Annemaree Carroll:
?Non. Eu diría que o compoñente central do TDAH é [a dificultade de] inhibición condutual?

Christopher Green
?Eu creo que atención é unha palabra pouco axeitada ? igual que hiperactividade-. Creo que é o autocontrol, que significa control da atención (ou sexa, o ir e vir da atención, movendo o enfoque dunha cousa a outra, recuperándose despois dunha distracción). É o control da atención, non é desatención. Non é que non se concentren. É que teñen dificultade para seleccionar e manterse no sitio axeitado. Aí é onde está a dificultade en definitiva?.

Thomas Brown
?Si. Mais eu diría que é unha dificultade atencional definida dunha maneira ampla.
Se botas unha ollada ao conxunto de síntomas de tipo atencional, o que ves é un amplo rango de dificultades cognitivas asociadas aos mesmos. Non é só prestar atención no senso de escoitar ao que fala, senón que implica ser quen de estar organizado, ser quen de activar certo compoñente afectivo e modulalo, e hai un problema na memoria a curto prazo que é un elemento crucial nisto?.

Rosemary Tannock
?Si, desde logo?os síntomas de inatención suxiren ou reflicten elementos críticos do procesamento cognitivo. E sabemos que persisten ata a adolescencia e a idade adulta, mentres que as condutas de inquietude/mobilidade tipicamente declinan co paso do tempo??.

Russell Barkley
?Eu creo que o Subtipo Combinado é un trastorno na resposta, quero dicir que non hai problema na percepción e o procesamento da información, senón na organización e execución da resposta, ou na aplicación de estratexias á información entrante. No Subtipo Inatento, creo que si que hai un problema de input. Creo que ten que ver cos aspectos de percepción inicial, selección e procesamento da información. Polo tanto eu creo que nestes hai un problema de focalización ou atención selectiva e de procesamento, mentres que nos anteriores o problema é de control executivo/condutal?.


[1] Fonte: West, J. (2001) Response Inhibition, Working Memory, Attention, and Concept of Time as Executive Functions in boys diagnosed with ADHD. Tese de Doutoramento. University of Western Australia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-08-2008 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0