Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TDAH en nenas |
|
Habitualmente considérase que, ao igual que outros problemas do desenvolvemento, o TDAH afecta máis aos nenos que ás nenas. Ás veces tense establecido unha relación de tres nenos por cada nena, ou ata cinco nenos por cada nena afectada por TDAH.
A razón disto pode atoparse no nivel neurobiolóxico, mais tamén é posible que -nalgunha medida- poda deberse a un artefacto ou sesgo nos labores de diagnóstico:
Algúns autores defenden que as nenas con TDAH presentan unha sintomatoloxía menos chamativa que a dos nenos, polo que en moitas ocasións pasan desapercibidas e non son diagnosticadas.
Quizais o maior estudio levado a cabo sobre TDAH en nenas sexa o desenvolvido na Universdade de Berkeley (California) por Stephen P. Hinshaw e o seu equipo.
Para o mesmo, seleccionaron un grupo de 140 nenas con TDAH (de idades entre 6 e 12 anos) que participaron en campamentos de verán nos que se levaban a cabo actividades específicas. Así mesmo tamén participaron no estudio 88 nenas sen TDAH que serviron como grupo-control.
Estes campamentos tiveron lugar nos veráns de 1997, 1998 e 1999.
Principais resultados
-As nenas con TDAH presentaban maiores índices de problemas escolares (repetición de curso, necesidade de educación especial,?) así como historiais con problemas na adquisición da linguaxe. Así mesmo, o seu nivel de competencia lectora e nas matemáticas era inferior ás nenas do grupo control.
-Tamén se deu en maior medida nas nenas con TDAH a existencia de outro tipo de trastornos comórbidos (Trastorno Negativista Desafiante, Trastornos de Conducta,?).
-As nenas con TDAH de tipo combinado soen ter máis problemas conductuais que as que teñen TDAH de tipo inatento. Non obstante estas soen presentar maiores problemas de illamento social.
-Tamén se apreciou que o seu desempeño en dez tarefas neuropsicolóxicas que valoraban as funcións executivas, a velocidade motriz e o procesamento lingüístico.
Seguimento
Posteriormente, a este grupo de nenas realizóuselle un seguimento ao cabo de cinco anos, o que permitiu valorar a súa evolución ao longo da adolescencia. Os investigadores atoparon que, malia a que os síntomas de exceso de mobilidade poden diminuír, en conxunto as dificultades asociadas ao trastorno persisten e, ademais, novos problemas poden emerxer: ?As condutas delictivas ou depresivas, o risco de abuso de substancias, os síntomas de trastornos alimentarios e as dificultades coas súas compañeiras afectan ao longo da adolescencia ás rapazas con TDAH en maior medida que o normal?
Así mesmo, as dificultades académicas tamén se soen acentuar neste período.
En resumo, semella que o TDAH nas nenas non ten menor impacto negativo do que ten nos nenos e que este ?ao igual que cos afectados masculinos- pode persistir ao longo da adolescencia e mesmo na idade adulta. De feito, aínda que as taxas de nenas diagnosticadas sexa inferior á de nenos, como xa comentamos, na idade adulta as taxas de afectados están parellas.
Máis información sobre TDAH en nenas podes atopala neste artigo de Ellen Littman na revista ADANANEWS (pdf) |
|
|
|
Anímate! Deixa o teu comentario |
|
|
|
|