Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

TDAH e o risco de uso e abuso de substancias
A maior probabilidade que as persoas con TDAH teñen de iniciarse no consumo de substancias (tabaco, alcohol, outras drogas) é coñecido na literatura de investigación. Recentemente vense de publicar un novo estudio dentro do marco do Minnesota Twin Family Study (Estudio de Familias con Xemelos de MInnesota) que engade novas evidencias a este aspecto do TDAH.

O Estudio de Familias con Xemelos de Minnesota é un gran estudio lonxitudinal levado a cabo desde hai anos por investigadores da universidade dese estado dos EE.UU.

En 1989 convidouse a todos os xemelos nados no estado a inscribírense no estudio. Aos participantes pedíuselles que visitasen a universidade para unha avaliación sobre catro áreas principais:

- Competencia académica, personalidade e intereses.
- Relacións familiares e sociais.
- Saúde física e mental.
- Medidas de tipo fisiolóxico.

Despois diso contáctese con eles cada ano e repítese a avaliación cada tres anos.

Os datos obtidos, veñen xenerando numerosos estudios sobre aspectos do desenvolvemento de tendencias psicolóxicas e a etioloxía de procesos psicopatolóxicos, entre eles, o abuso de substancias.

Para este estudio empregáronse os datos de 760 xemelas e 752 xemelos aos que se entrevistou xunto coas súas nais e que foron procesados mediante unha técnica de regresión loxística. Coa mesma consegue establecerse o ?peso? ou contribución que teñen unha serie de variables (neste caso, a sintomatoloxía do TDAH) na aparición das conductas obxecto de estudio: Neste caso, a iniciación no uso do tabaco, alcohol e outras drogas ilícitas aos 14 anos, e a existencia de trastornos por abuso de substancias aos 18.

Os resultados obtidos indican que, tanto para rapaces como para rapazas, a presenza de hiperactividade e impulsividade predín a maior posibilidade de iniciación no uso de todo tipo de substancias, o grao de dependencia da nicotina e o uso/abuso de cannabis. Polo contrario, os síntomas de inatención, cando se dan sós non teñen relación co uso de substancias (agás a dependencia da nicotina).

Non obstante, é ben coñecido que outros factores (como o Trastorno de Conducta) tamén teñen unha grande relación co uso e abuso de substancias e, debido á comorbilidade que o mesmo presenta co TDAH era necesario establecer o papel de cada un dos trastornos na aparición do consumo de substancias.

Mediante a análise estatística levada a cabo, os investigadores estableceron que o valor predictivo dos síntomas de hiperactividade/impulsividade é alto, aínda que non exista Trastorno de Conducta. Así mesmo, os síntomas de inatención, unidos á presenza de Trastorno de Conducta incrementan a probabilidade do consumo/abuso.

En resumo, a hiperactividade/impulsividade predí a aparición de posteriores problemas co uso de substancias, mentres que a inatención por si soa parece presentar menos risco.

O estudio orixinal é:
Irene J. Elkins; Matt McGue; William G. Iacono (2007) Prospective effects of attention-deficit/hyperactivity disorder, conduct disorder, and sex on adolescent substance use and abuse. Archives of General Psychiatry, 64(10):1145-1152.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2008 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0