¿Cal é
prevalencia do TDAH? Ben, antes de que definísemos o tipo inatento, estaba arredor do 1-3 por cento. Cando se definiu o subtipo inatento, a taxa de prevalencia chegou, polo menos ata o 7% ou máis da poboación. (?)
¿Ocorre en adultos? Entre o 3 e o 5 por cento da poboación adulta cómpre os criterios de diagnóstico. ¿Cal é a prevalencia? Depende do subtipo e das ratios por xénero, por certo. Está entre 3 e 4 homes por cada muller para os subtipos Combinado e o Predominantemente Impulsivo/Hiperactivo. É so de 2 a 1 no subtipo Inatento. Polo tanto, as mulleres tenden a estar máis encadradas no subtipo inatento e os homes no Impulsivo/Hiperactivo. Se facemos unha combinación global dos datos, a relación é de 3 a 1.
¿Somos [ refírese aos EE.UU.] o único pais que ten TDAH? Desde logo que non. Todos os países, todos os estudios no mundo, atopan TDAH, así que esquezamos esa idea de que temos [os EE.U.] máis TDAH que o resto do mundo. O que ocorre é que nós identificamos e diagnosticamos máis casos que o resto do mundo.
Fragmento dunha conferencia de R. Barkley en S. Francisco, o 12 de xuño de 2000. Podes ver o texto orixinal aquí