Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TDAH e televisión. Existe relación? (Novos datos) |
|
Hai xa varios meses que dediquei un post á suposta relación entre a cantidade de tempo que os nenos e nenas ven a televisión e a probabilidade de ter TDAH. No mesmo, analizábamos o estudio publicado en 2004 por Dimitri A. Christakis e os seus colaboradores no que concluían que tal relación existía, aínda que ?como tamén comprobamos- atopábanse nese estudio importantes problemas metodolóxicos e ?ademais- outros estudios levados a cabo non conseguían replicar os achádegos de Christakis.
Nestes días, un novo estudio recén publicado, vén engadir máis dúbidas sobre os resultados de Christakis: Michael Foster e Stephanie Watkins, da Universidade de Carolina do Norte veñen de re-analizar os datos do polémico estudio . Hai que lembrar que os mesmos procedían dun estudio lonxitudinal, o ?National Longitudinal Survey of Youth 1979 Children and Young Adults?.
O que fixeron Foster e Watkins foi tratar estatisticamente os mesmos datos pero engadindo algúns aspectos que Christakis non tivera en conta:
Por unha banda na re-análise tivéronse en conta dúas variables confusoras que no estudio orixinal non se empregaran malia estaren dispoñibles: A primeira é o nivel académico da nai, do que se dispuña a través dos resultados dunhas probas (AFQT) que foran realizadas por todas as nais. A idea é que o diferente nivel académico das nais pode estar influenciando tanto a calidade atencional dos seus fillos, como a cantidade de tempo que estes pasan diante da TV, facendo que ambas variables poidan aparecer como relacionadas directamente sen estalo en realidade.
A segunda variable é o chamado ?estatus de pobreza? que indica a capacidade de cada familia para adquirir os elementos básicos para o seu sustento. Da mesma maneira que no caso anterior, Foster e Watkins sinalan que este aspecto pode influír nas variables que Christakis tentaba relacionar (dificultades atencionais e tempo ante a TV), facendo que amabas aparezan artificialmente relacionadas.
Ademais disto, outro aspecto metodolóxico foi do interese de Foster e Watkins: O tipo de relación que existirían entre o tempo ante a TV e as dificultades atencionais. Segundo a análise feita por Christakis, dita relación sería de tipo lineal, é dicir asúmese que cada hora que un neno ou nena mira a TV incrementa de maneira constante o risco de posteriores problemas atencionais. Co obxecto de analizar cal é a verdadeira natureza desta relación (lineal on non), na re-análise empregouse unha técnica estatística de regresión semiparamétrica que permite establecer a relación entre dúas variables sen establecer a natureza da mesma a priori.
Os resultados atopados por Foster e Watkins indican varios aspectos de interese:
-A relación entre TV e dificultades atencionais, se existe, é moi feble e so se dá nun pequenio núm,ero de nenos e nenas (10%) que teñen un moi alto uso da TV (7 ou máis horas ao día!).
-Mesmo nestes casos extremos, esta débil relación desaparece no momento en que temos en conta como covariables, os aspectos relativos a competencia académica materna e nivel de pobreza familiar.
Así mesmo, os resultados deste estudio poñen de manifesto, que á hora de analizar os efectos da TV sobre o desenvolvemento infantil , é importante contemplar aspectos non meramente reducidos á cantidade de tempo diante da TV, senón a qué é o que ven e con quen o ven (sós, cos irmáns, cos pais). Desta maneira, este autores cita o traballo de Wright e os seus colaboradores, no que comprobaron que aqueles nenos e nenas que vían programas de tipo educativo (p.ex Barrio Sésamo) non só non tiñan peores resultados académicos, senón que a tendencia era a que estes fosen mellores.
En todo caso, e aínda que os efectos da tele sobre o desenvolvemento infantil teñen aínda moito de descoñecido, a incendiaria declaración de Christakis de que cada hora que un neno ou nena pequenos ven a tele incrementan nun 10% a súa probabilidade de presentar posteriores problemas atencionais, ven de ser desmentida de maneira rotunda neste novo estudio.
O estudio comentado é:
Foster, E.M. e Watkins, S. (2010). The Value of Reanalysis: TV Viewing and Attention Problems, Child Development, 81, 368?375. |
|
|
|
Anímate! Deixa o teu comentario |
|
|
|
|