¿Hai outros trastornos que se presenten ao tempo que o TDAH? ¡Desde logo! Tres cuartas partes dos nenos e nenas con TDAH teñen, polo menos, outro trastorno. Non teñen maior posibilidade de seren psicóticos ou esquizofrénicos [que o resto da poboación], pero si poden presentar outros trastornos. Por isto se clasifican [no DSM-IV], nunha mesma categoría, a dos trastornos do comportamento perturbador: O TDAH, o Trastorno Negativista Desafiante, e o Trastorno de Conducta. E ocorren xuntos moi frecuentemente. Así, a delincuencia e só o estadío tres do Trastorno Negativista, e a Personalidade Antisocial é o estadío catro. Vaise desde ser Oposicionista a ter Trastorno de Conducta, de aí á delincuencia e finalmente á Personalidade Antisocial. Así, estes non son trastornos illados. Hai un itinerario de desenvolvemento, con cada trastorno reflectindo unha condición cada vez máis severa, estadíos dun proceso cada vez máis severo. Están todos relacionados.
Trastornos de Ansiedade.
Esta é unha relación moi interesante. O vintecinco por cento dos rapaces que veñen á clínica [por mor do TDAH] teñen tamén un trastorno de ansiedade. Temos descuberto dúas cousas sobre isto. Primeira, moito disto é un sesgo de derivación. ¿Por qué? Pois porque para ser derivado a un servizo de saúde mental tes preferencia se tes múltiples trastornos. Polo tanto, en boa medida, isto é un artefacto debido ao sistema de derivación aos servizos de saúde mental.
A segunda cousa da que nos demos conta estudando os rapaces con TDAH e trastornos de ansiedade é que non son realmente trastornos de ansiedade. Non son medosos, fóbicos, fuxideiros, que é a esencia dun verdadeiro trastorno de ansiedade. Polo contrario, o que atopamos e que os pais están sobreestimando a ansiedade porque os seus fillos son máis emocionais. O TDAH predispón a unha maior emocionalidade, maior afectividade, especialmente afectividade negativa, maior hostilidade, maior irascibilidade, todas as emocións son máis visibles nun neno con TDAH que noutro que non o ten. E iso tende a crear un sesgo nos informes que os pais dan. Os pais tenden a respaldar estes síntomas, pero cando traen aos nenos e os estudamos, vemos que non son fóbicos. Están producidos so por seren emotivos, negativos, inmaduros. Polo tanto, mesmo o tipo de trastorno de ansiedade é diferente neste caso.
A depresión si é algo común, arredor do 27 por cento. No noso estudio de seguimento das estatísticas de outros estudios, sitúase entre o 25 e o 30%. ¿A que se debe? É algo real. Se hai casos de depresión na túa familia, tamén haberá TDAH. Os dous trastornos tenden a ocorrer xuntos. ¿Por que? Parecen compartir unha vulnerabilidade xenética subxacente. Os xenes dun trastorno están probablemente ?axudando? aos xenes implicados no outro, por iso soen ocorrer nas mesmas familias.
Entón,se realmente ocorren xuntos, ¿Por que non todos os nenos e nenas con TDAH teñen depresión? A depresión é un trastorno interesante. A xenética crea vulnerabilidade á depresión. Require a exposición a sucesos ambientais traumáticos e entón a persoa ten máis probabilidades de deprimirse [que outra sen tgal vulnerabilidade], mais se non existe un ambiente caracterizado por confusión e trauma, a persoa non terá depresión, mesmo aínda sendo vulnerable á mesma. A depresión require dous aspectos: a vulnerabilidade xenética e disrupción ambiental. Por iso agora sabemos algo recentemente descuberto: por qué o TDAH cando se asocia á depresión, tamén se asocia ao Trastorno de Conducta. Porque o Trastorno de Conducta tamén está altamente asociado coa inestabilidade social, a disrupción familiar e as circunstancias vitais adversas. Os fogares rotos, divorcios, traslados múltiples, baixa clase social, a exposición a trauma físico e ambiental? ambos trastornos tenden a ocorrer cando hai adversidade ambiental na vida do individuo. Agora sabemos por qué. A vulnerabilidade á depresión desenvólvese por mor da adversidade social e esta tamén ?prepara a escena? para o desenvolvemento do Trastorno de Conducta.
(?)
Dificultades de aprendizaxe
Temos comentado que máis do 50% dos que teñen TDAH tamñen teñen dificultades de aprendizaxe. ¿Por que? ¿Unha cousa causa a outra? ¿Predispón o TDAH ás dificultades de aprendizaxe? Non. ¿Predispoñen estas ao TDAH? Tampouco. ¿Por qué entón os rapaces tenden a teren ambas? A resposta pode que lles sorprenda: Porque os adultos non casan con calquera. Os adultos con dificultades de aprendizaxe teñen maior tendencia a emparellarse con adultos con TDAH, e os adultos con TDAH teñen maior tendencia a emparellar con adultos con dificultades de aprendizaxe. Por iso é polo que hai nenos con ambas cousas, mesmo aínda que non soen acorrer xuntas. Non hai unha relación xenética entre ambas. Pero a xente con unha delas ten maior tendencia a atopar e ter fillos con xente co outro problema.
Agora poderiamos pensar, ¿é isto por que é? A xente ten tendencia a seleccionar a súa parella dentro do seu grupo social e unirse a persoas con nivel educativo semellante. (..) Por iso observamos esta comorbilidade. E esta é un tema de importancia, porque significa que os nenos que vemos poden ter varios trastornos e entón non será abondo un so tratamento para os problemas que presentan.
|