Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Consenso sobre o TDAH |
|
¿Sabemos todo sobre o TDAH?
¿As súas causas, os seus mecanismos de acción,..?
A resposta é claramente non.
Hoxe en día,o papel que desenvolven as distintas zonas cerebarias, os neurotransmisores implicados, a herencia xenética fronte a outros factores desencadeantes, merecen grande debate entre os investigadores.
A nivel dos mecanismos psicolóxicos implicados, ¿é o trastorno debido principalmente a un déficit no control inhibitorio, ou é máis ben a memoria operativa a responsable principal, ou ben o primordial son os mecanismos de autoregulación da activación, ou poida que o importante sexa o mecanismo de control da demora?
Distinguir o papel de cada un destes mecanismos é unha das vías para acrecentar o grao de saber sobre o TDAH.
Mais estes debates transcorren no eido científico e aséntanse sobre as bases de elementos que non son obxecto de discusión posto que existe acordo xeral entre os investigadores.
Non obstante, nos EE.UU. ten surxido un forte debate, procedente de sectores de fóra da comunidade científica: Desde a grande campaña da Igrexa da Ciencioloxía, ata teorías que explican o TDAH das maneiras máis pintorescas: como resultado dos edulcorantes na dieta, como 'peculiaridade' evolutiva,...
Non se trata so de voces exóticas con pouco eco social, senmón que mesmo se teñen promovido campañas que incluíron comisións parlamentarias de investigación e con gran eco nos medios de comunicación.
Fronte a este estado de cousas a principios de 2002, algúns dos máis importantes científicos deste eido, seguindo unha inicativa de Russel Barkley, promoveron unha declaración internacional de consenso, na que afirman diante da prensa e da opinión pública cal é a súa consideración compartida solidamente sobre o que é o TDAH e as súas características principais.
A continuación vén a súa traducción:
O grupo abaixo asinante de científicos internacionais, estamos profundamente preocupados sobre a representación periódica e inexacta do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) nos medios de comunicación.
Este é un trastorno co cal estamos familiarizados e ao que moitos de nós, dedicamos non só os nosos traballos de investigación científica, senón toda a nosa carreira. Tememos que as historias inexactas que presentan o TDAH como mito, fraude, ou condición benigna poidan levar a milleiros de vítimas a non buscar tratamento. Isto tamén deixa ao público cun sentido xeral de que este trastorno non é válido ou verdadeiro e que consiste nunha aflición bastante trivial.
Creamos esta declaración consensuada sobre o TDAH como referencia do estado dos resultados científicos vinculados con este trastorno, a súa validez, e o seu impacto adverso nas vidas das persoas diagnosticasdas co trastorno, ao momento de escribirse o presente Consenso (xaneiro de 2002).
A cobertura mediática ocasional do trastorno en notas xornalísticas é confeccionada ao xeito dos eventos deportivos, nos que os competidores son enfrontados de xeito nivelado, coma se fosen iguais. As opinións dun puñado de profesionais non-expertos que afirman que o TDAH non existe ponse en contraste coas visións da corrente principal de científicos que si afirman a existencia do TDAH, coma se ambas opinións tivesen mérito similar. Tales intentos de equilibrio dan ao público a impresión que existe un substancial desacordo científico sobre se o TDAH é unha condición médica verdadeira.
De feito, non hai tal desacordo, polo menos, non máis que sobre se o fumar causa o cancro, por exemplo, ou se un virus causa a SIDA.
O United States Sugeon General, a Asociación Médica Americana (AMA), a Asociación
Psiquiátrica Americana (APA), a Academia Americana de Psiquiatría do Neno e do Adolescente (AACAP), a Asociación Psicolóxica Americana, e a Academia Americana de Pediatría (AAP), entre outras, todos recoñecen o TDAH como un diagnístico válido. Aínda que algunhas destas organizacións teñen publicado pautas para a avaliación e tratamento do trastorno para os seus profesionais, esta é a primeira declaración de consenso publicada por un consorcio independente de científicos, principais referentes, con respecto ao estado actual do trastorno. Entre os científicos que dedicaron anos, se non as súas carreiras enteiras, ao estudo deste trastorno non hai controversia con respecto á súa existencia.
TDAH e Ciencia
Non poderemos salientar nunca o suficiente, como un feito de natureza científica, que a afirmación de que o TDAH non existe, é simplemente incorrecta. Todas as asociacións e axencias médicas principais da saúde do goberno recoñecen o TDAH como un trastorno real, porque a evidencia científica que así o indica é abafadora.
Téñense empregado abordaxes variadas para establecer se unha condición alcanza os niveis requiridos para ser considerada un trastorno médico ou psiquiátrico válido. Unha de gran utilidade, estipula que debe haber evidencia científica de que quen sofre tal condición padece unha deficiencia ou a falta seria dun mecanismo físico ou psicolóxico que sexa universal aos seres humanos. É dicir, sería esperable que todos os seres humanos normalmente, sen importar cultura, desenvolvesen esa capacidade mental.
E debe haber evidencia científica igualmente indiscutible de que esta seria deficiencia
conduce a danar ao individuo. O dano pode establecerse sobre diferentes bases: a
mortalidade, a morbilidade, ou a debilitación crecente nas actividades principais da
vida, requiridas nas distintas etapas do ciclo vital. As actividades importantes da vida
abarcan aqueles dominios de funcionamento tales como a educación, as relacións sociais, o funcionamento familiar, a independencia e a autosuficiencia, e espérase, que o funcionamento ocupacional de cada nivel de desenvolvemento se realice do xeito esperado ao momento do ciclo vital en que se atopa.
Como foi testemuñado polos científicos que asinan este documento, non hai cuestionamento ou dúbida entre os directores de investigación clínica no mundo, de que o TDAH implica unha deficiencia en varios destes dominios e que estas supón un
prexuízo serio para a maioría dos individuos que padecen o trastorno.
A evidencia actual indica que o déficit na inhibición do comportamento e a atención sostida é central a este trastorno --- feitos demostrados por medio de centenares de estudos científicos. E non hai dúbida de que o TDAH conduce a debilitar actividades vitais importantes, incluíndo as relacións sociais, a educación, o funcionamento familiar e ocupacional, a autosuficiencia, e a adherencia ás regras, normas, e leis sociais. A evidencia tamén indica que as persoas con TDAH son máis propensas a sufrir lesións físicas e envenenamentos accidentais. Esta é a razón pola cal ningunha organización médica, psicolóxica, ou científica profesional dúbida a existencia de TDAH como un trastorno lexítimo.
As deficiencias centrais nas persoas con TDAH foron relacionadas a través de numerosos estudos, utilizando diversos métodos científicos, con varias rexións específicas do cerebro (o lóbulo frontal, as súas conexións cos ganglios basais e as áreas centrais do cerebelo). A maioría dos estudos neurolóxicos atoparon que os que padecen TDAH teñen menor actividade eléctrica e amosan menor reactividade aos estímulos nunha ou máis das rexións mencionadas. Ademais, os estudos con técnicas de neuroimaxe sobre grupos de pacientes con TDAH, tamén demostran áreas relativamente máis pequenas da materia cerebral e menor actividade metabólica que nos casos dos grupos de control usados en tales estudos.
Estas mesmas deficiencias psicolóxicas na inhibición e a atención atopáronse en numerosos estudos de xemelgos idénticos e fraternais, levados a cabo en diversos países (os EE.UU., Reino Unido, Noruega, Australia, etc.), que sinalan que o TDAH é, sobre todo, herdado. A contribución xenética a estes achados é, xeralmente considreada como entre as altas entre os trastornos psiquiátricos coñecidos (70-95% de variación da herencia na poboación), achegándose, á contribución dos xenes, no establecemento da talla humana.
Recentemente, demostrouse que un xene está, asociado, de xeito fiable, con este trastorno e tal investigación está sendo levada a cabo neste momento, por máis de 12 equipos científicos diferentes en todo o mundo.
Numerosos estudos de xemelgos demostran que o ambiente non produce unha diferenza significativa e separada nestes patróns. Isto non quere dicir, que o ambiente, as pautas parentais para educar ao neno, os sucesos estresantes, ou as relacións anormais cos pares sexan pouco importantes ou que non teñen ningunha influencia nos individuos que padecen esta desorde, como o fan certamente.As tendencias xenéticas exprésanse na interacción co ambiente.
Tamén, os que padecen TDAH teñen a miúdo outros trastornos e problemas asociados, algúns dos cales relaciónanse claramente cos seus ambientes sociais. Pero o si quere dicir, a afirmación inicial deste parágrafo, é que as deficiencias psicolóxicas que abarca o TDAH non son nin unicamente nin principalmente, o resultado destes factores ambientais.
Esta é a razón pola cal os científicos internacionais máis destacados, como os abaixo
asinantes, recoñecen a crecente evidencia neurolóxica e xenética deste trastorno. Estas evidencias, xunto cos incontables estudos sobre os prexuízos asociados co trastorno e os centenares de estudos sobre a eficacia da medicación, reforzan a necesidade de que en moitos -aínda que de ningún xeito todos os casos- se leve a cabo o tratamento por mediante terapias combinadas. Incluíndo a medicación, combinada con intervencións educativas, familiares e sociais.
E isto en rechamante contraste coas opinións enteiramente acientíficas dalgúns críticos sociais en medios xornalísticos, de que o TDAH constitúe un fraude, que a mediación para as persoas afectadas é cuestionable e mesmo rexeitable; e que calquera problema do comportamento asociado a TDAH é simplemente o resultado de problemas no fogar, visión excesiva da TV ou xogar dos vídeo xogos, dietas, carencia do amor e/ou atención, ou á intolerancia dos docentes ou a escola.
O TDAH non é unha desorde benigna e a quen o padece pode causarlle problemas devastadores. Os estudos de seguimento de mostras clínicas suxiren que os que o padecen teñen moita maior probabilidade de fracasar no sistema educativo (32-40%), de apenas rematar os estudios universitarios (5-10%), que tenden a ter poucos ou ningúns amigo (50-70%), que obteñen traballos de natureza inferior (70-80%), que presentan maiores posibilidades de involucrarse en actividades antisociais (40-50%), e maior tendencia a consumir tabaco ou drogas ilícitas que a poboación normal.
Máis aínda, os nenos e nenas que medraron con TDAH teñen máis probabilidade de teren embarazos na adolescencia (40%) e de padecer enfermidades de transmisión sexual (16%), de conducir con exceso velocidade excesiva e ter accidentes de tráfico, padecer depresión (20-30%) e trastornos de personalidade (18-25%) como adultos, así como outros xeitos de manexaren de forma inapropiada as súas vidas, póndoas en risco.
A pesar destas serias consecuencias, os estudos indican que menos da metade daqueles que padecen o trastorno están recibindo tratamento. Os medios de comunicación poden axudar de xeito substancial a mellorar estas circunstancias. Isto poden facelo
presentando o TDAH e os feitos científicos sobre o mesmo do xeito máis exacto e responsable que sexa posible, e non dando eco propagandístico a críticos e doutores marxinais, que manteñen o empeño de facer crer ao publico que non estamos fronte a un trastorno verdadeiro.
Publicar historias sobre que o TDAH é un trastorno ficticio ou simplemente un conflito entre os Huckleberry Finn de hoxe en día e os seus coidadores é equivalente a declarar que a terra é plana, que a lei de gravidade é discutible e que a táboa periódica de elementos é unha fraude. O TDAH debe ser presentado nos medios de xeito tan realista e exacta como se fai na ciencia --como un trastorno válido que ten impactos variados e substanciais naqueles que o padecen e que non se debe a erros ou fallas propias, dos seus pais ou profesores.
Xaneiro de 2002
Se queres, podes descargar o artigo orixinal: PDF
Listado de asinantes
Russell A. Barkley
University of Massachusetts Medical School
Edwin H. Cook, Jr.
University of Chicago
Mina Dulcan
Children?s Memorial Hospital (Chicago)
Susan Campbell
University of Pittsburgh
Margot Prior
Royal Children?s Hospital (Parkville, Australia)
Marc Atkins
University of Illinois at Chicago
Christopher Gillberg
University of Gothenburg (Suecia)
Mary Solanto-Gardner
The Mt. Sinai Medical Center (New York)
Jeffrey Halperin
City University of New York
Jose J. Bauermeister
Universidad de Puerto Rico
Steven R. Pliszka
Health Sciences Center - University of Texas (San Antonio)
Mark A. Stein
George Washington Univ. Med. School (Washington)
John S. Werry
University of Auckland (Nova Zelanda)
Joseph Sergeant
Free University (Amsterdam)
Ronald T. Brown
Medical University of South Carolina
Alan Zametkin
Psiquiatra Infantil (Mariland)
Arthur D. Anastopoulos
University of North Carolina at Greensboro
James J. McGough
UCLA School of Medicine (Los Angeles)
George J. DuPaul
Lehigh University (Pennsylvania)
Stephen V. Faraone
Harvard University (Massachusetts)
Florence Levy
University of New South Wales (Australia)
Mariellen Fischer
Medical College of Wisconsin
Joseph Biederman
Massachusetts General Hospital and Harvard Medical School (Boston)
Cynthia Hartung
Oklahoma State University
Stephen Houghton
University of Western Australia
Gabrielle Carlson
State University of New York at Stony Brook
Charlotte Johnston
University of British Columbia (Canada)
Thomas Spencer
Harvard Medical School and Massachusetts General Hospital (Boston)
Thomas Joiner
Florida State University
Rosemary Tannock
Hospital for Sick Children (Toronto ? Canada)
Adele Diamond
University of Massachusetts Medical School
Carol Whalen
University of California at Irvine
Stephen P. Hinshaw
University of California at Berkeley
Herbert Quay
University of Miami
John Piacentini
UCLA Neuropsychiatric Institute
Philip Firestone
University of Ottawa (Canada)
Salvatore Mannuzza
New York University School of Medicine
Howard Abikoff
New York University School of Medicine
Keith McBurnett
University of California at San Francisco
Linda Pfiffner
University of California at San Francisco
Oscar Bukstein
Western Psychiatric Institute and Clinic (Pittsburgh, Pennsylvania)
Ken C. Winters
University of Minnesota
Michelle DeKlyen
Princeton University (New Jersey)
Lily Hechtman
McGill University, Montreal Children?s Hospital (Montreal ? Quebec)
Caryn Carlson
University of Texas at Austin
Donald R. Lynam
University of Kentucky
Patrick H. Tolan
University of Illinois at Chicago
Jan Loney
State University of New York at Stony Brook
Harold S. Koplewicz
New York University Child Study Center
Richard Milich
University of Kentucky
Laurence Greenhill
Columbia University
Eric J. Mash
University of Calgary (Canada)
Russell Schachar
Hospital for Sick Children (Toronto ? Canada)
Eric Taylor
Institute of Psychiatry (Londres)
Betsy Hoza
Purdue University (Indiana)
Mark. D. Rapport, Ph.D.
University of Central Florida
Bruce Pennington
University of Denver (Colorado)
Anita Thapar
University of Wales College of Medicine (Gales- Reino Unido)
Ann Teeter
University of Wisconsin
Stephen Shapiro
Auburn University (Alabama)
Avi Sadeh
Tel-Aviv University (Israel)
Bennett L. Leventhal
University of Chicago
Hector R. Bird
Columbia University
Carl E. Paternite
Miami University
Mary A. Fristad
Ohio State University
Brooke Molina
University of Pittsburgh School of Medicine (Pennsylvania)
Sheila Eyberg
University of Florida
Rob McGee
University of Otago Medical School (New Zealand)
Terri L. Shelton
University of North Carolina
Steven W. Evans
James Madison University (Virginia)
Sandra K. Loo
University of California, Los Angeles
William Pelham, Jr.
State University of New York at Buffalo
J. Bart Hodgens
University of Alabama at Birmingham
Terje Sagvolden
University of Oslo (Noruega)
Thomas E. Brown
Yale University School of Medicine (Connecticut)
Daniel F. Connor
University of Massachusetts Medical School
Daniel A. Waschbusch
Dalhousie University (Halifax ? Canada)
Kevin R. Murphy
University of Massachusetts Medical School
Michael Aman
Ohio State University
Blythe Corbett
University of California, Davis - Sacramento
Deborah L. Anderson
Medical University of South Carolina
Lisa L. Weyandt
Central Washington University
Michael Gordon
Syracuse University (New York)
Lawrence Lewandowski
Syracuse University (New York)
Erik Willcutt, Ph.D.
University of Colorado
|
|
|
|
Cazadores e granxeiros. ¿Unha teoría evolutiva sobre o TDAH? (Continuación) |
|
Esta é a continuación do post Cazadores e granxeiros. ¿Unha teoría evolutiva sobre TDAH?
¿É verdadeira a visión de Hartmann? ¿É unha verdadeira teoría científica ou fica só no eido dunha metáfora?
Hai que dicir que o propio Hartmann concibiu inicialmente o seu ensaio como unha metáfora, máis que como ?verdadeira ciencia?, non obstante posteriormente ten avanzado no seu convencemento de que existe un respaldo científico real á súa teoría. Mesmo ten atacado acedamente á comunidade investigadora que traballa no campo do TDAH:
?Centrándose obsesivamente no negativo e rexeitando recoñecer calquera evidencia de valor no TDAH, en calquera lugar, tempo, ou baixo calquera circunstancia, o crecente pequeno circo de defensores da ?patoloxía pura?, só está traendo dor, relacións de poder (entre pais aos que se lles di que ?teñan conta? dos seus fillos con TDAH, así como entre profesionais e os seus clientes), e a maior campaña de etiquetado masivo, segregación e ostracismo visto nas nosas escolas públicas desde os días do ensino ?separados pero iguais? entre razas?.
Eu, pola miña parte, sinalarei algunhas consideracións ao punto de vista de Hartmann:
Empezando pola parte final do fragmento de Hartmann (?Se comparas a lista clásica de síntomas do TDAH, e a lista de características, verás que coinciden case perfectamente?), parece que o autor ten un punto de vista sesgado das características propias do TDAH:
O apartado de inatención, segundo o DSM-IV engloba características centrais do TDAH e fai referencia a aspectos como: non prestar atención aos detalles, non manter a atención, erros por descoido, non rematar as tarefas, extraviar cousas, distraccións por estímulos irrelevantes,? ¿son estas características típicas dos ?cazadores? dos que fala Hartmann?
Parece que unha das virtudes destes ?cazadores? é a ?acción rápida?. Non obstante, na investigación con probas nas que se valora o Tempo de Reacción (TR) as persoas con TDAH non resultan ser ?máis rápidos de resposta? que os que non o teñen. Polo contrario, a tendencia dos seus resultados é a teren maior tempo de reacción e, sobre todo, unha grande variabilidade nos seus TR (unha vez a resposta é rápida e outra pode ser moito máis lenta).
É máis, os individuos con TDAH predominantemente inatento (un dos subtipos que describe o DSM-IV), soen caracterizarse polo que se deu en chamar Sluggish Cognitive Tempo (Tempo cognitivo lento). Estas persoas soen ter un aspecto, máis ben, do que coloquialmente chamamos ?pasmón?, caracterizados por aspectos como pasividade, ?soñar desperto? e ?hipo-actividade? tanto física como mental.
Unha das probas máis empregadas na investigación sobre TDAH, así como no diagnóstico, é o chamado CPT ou Continous Performance Test (Proba de Execución Continua). Na mesma, o que a realiza debe pulsar unha tecla ante a aparición dun estímulo ?habitualmente unha letra (p/ex. ?X?)- e non pulsala cando aparecen os outros (as que non son ?X?).
De maneira consistente as persoas con TDAH soen cometer moitos máis erros nestas probas, tanto de ?omisión? (non pulsar cando debían facelo), como de ?comisión? (pulsar cando non deben). Ao ler a metáfora de Hartmann, venme á cabeza a analoxía da CPT coa caza: ¿sería un bo cazador alguén que dispara cando non debe e, cando finalmente sae a presa, ao mellor non dispara?
Tamén polo que respecta ás características relacionadas coa impulsividade, as características que describe o DSM-IV remítennos a persoas con dificultades para inhibir os seus impulsos e actúan antes de pensar. Algo así como un cazador que, unha vez que ten a escopeta cargada, dispara ao primeiro que se move (aínda que resulte ser un compañeiro de caza). ¿Quen iría tranquilo polo monte cun cazador así?¿Sobreviviría cazando a diario, ou sería víctima do oso por meterse na súa cova sen pensar antes as consecuencias? De feito existe evidencia de que as persoas con TDAH teñen maior risco de sufriren accidentes. En particular, existen datos que proban as dificultades dos que teñen TDAH ao conducir vehículos (unha actividade, como na caza, na que é vital tomar decisións rápidas? e precisas!)
A metáfora dos cazadores/granxeiros soa mellor que a linguaxe do trastorno, mais en definitiva, a utilidade das teorías científicas é o seu poder explicativo, e a metáfora de Hartmann non dá explicado algúns aspectos ineludibles cando falamos de TDAH:
-A Comorbilidade: Existe coincidencia nos distintos estudios en sinalar que o TDAH é altamente comórbido con outros trastornos que afectan ao desenvolvemento. Particularmente alta é a taxa de comorbilidade co Trastorno Negativista Desafiante. Mais tamén existe comorbilidade con Trastorno de Conducta ou coa Dislexia.
-A Hiperactividade noutros trastornos. Noutras condicións como os Trastornos do Espectro Autista é común apreciar o patrón conductual do TDAH, como tamén o é nos Síndromes de Down, Williams, Angelman, Smith-Magenis e X-Fráxil. Semella que existe algún elemento neurolóxico que se relaciona coa aparición do patrón de TDAH e que está presente en numerosos trastornos do desenvolvemento.
-As lesións. É tamén coñecida a presenza do patrón do TDAH en persoas que sufriron traumatismos ou outro tipo de lesións cerebrais, particularmente cando estas teñen afectado ao córtex prefrontal, que é a área sobre a que se centran as hipóteses explicativas do TDAH como trastorno.
Para rematar, nun interesante artigo, de Xavier Castellanos e Rosemary Tannock, dous reputados investigadores sobre TDAH, revisan as evidencias de tipo xenético sobre o TDAH. No mesmo constatan que aínda non coñecemos qué elementos deste tipo poderían explicar o TDAH, aínda que as sospeitas se centran ? a nivel neurolóxico- cos mecanismos implicados no funcionamento de dous neurotransmisores: a dopamina e a norepinefrina (ou noradrenalina).
Castellanos e Tannock consideran que para avanzar na explicación da implicación xenética no TDAH é útil establecer os endofenotipos que este presenta. Os endofenotipos son tendencias heredables que se manifestan de maneira observable e que serían a expresión dos elementos xenéticos implicados.
Castellanos e Tannock propoñen tres que na súa opinión ?a luz dos resultados da investigación- resultan de utilidade na averigación das causas do TDAH:
-Unha anormalidade específica nos circuítos neuronais implicados na demora das recompensas (o que Sonuga-Barke chama a ?aversión á demora?)
- Déficits no procesamento temporal que provocan a citada alta variabilidade no tempo de resposta.
-Déficits na Memoria Operativa.
En definitiva, aínda que quizais é máis malsoante que a metáfora de Hartmann, a definición dos mecanismos implicados neste trastorno, asumíndoo polo tanto como tal, resulta máis produtiva para explicar as causas, as características e tamén o tratamento do Déficit de Atención con Hiperactividade.
|
|
|
|
Cazadores e granxeiros. ¿Unha teoría evolutiva sobre o TDAH? |
|
O número de casos de TDAH diagnosticados nos EE.UU. medrou espectacularmente nos últimos anos. Así mesmo o emprego de medicación estimulante (metilfenidato) para o seu tratamento trouxo consigo a aparición na sociedade de voces discordantes que alarman sobre a posibilidade de que aos profesionais se lles estea indo a man neste tema.
Unha das voces que máis ten chamado a atención é a de Thom Hartmann. Este multifacético personaxe escrebe libros sobre variados temas (TDAH, ecoloxía, JFK, política?), dá conferencias e ten un programa radiofónico de éxito caraterizado por ter un enfoque progresista dos temas que trata.
En 1991 publicou o seu primeiro libro sobre TDAH, no que expuña a súas reflexións como pai dun neno ao que se lle diagnosticara hiperactividade.
Varios libros viñeron despois, sendo ?ADD:A Different Perception?(TDA: Unha percepción diferente) quizais o máis importante dos mesmos.
Este é un fragmento do capítulo 2 do mesmo:
Cazadores nas nosas escolas e oficinas: A orixe do TDAH
As primeiras teorías sobre TDAH caracterizábano como un estado de enfermidade que tiña que ver do dano ou a disfunción cerebral. En varios momentos foi agrupado con procesos como o síndrome alcohólico fetal, o atraso mental, varias enfermidades mentais de tipo xenético, trastornos psiquiátricos como resultado de traumas ou abuso infantil, e a teoría da deprivación de osíxeno debida ao uso do tabaco (da nai).
(?)
Investigacións máis recentes, non obstante demostraron alta incidencia de TDAH entre os pais dos nenos con TDAH. Este descubrimento orixinou que algúns psicólogos postulasen que o TDAH era o resultado de medrar nunha familia disfuncional; suxería que o TDAH seguiría o mesmo patrón que o abuso infantil ou a violencia de xénero, levando ás novas xeracións á conduta aprendida na infancia. (?) Outros estudios, non obstante suxiren que, ao igual que o Síndrome de Down ou a Distrofia Muscular, o TDAH é unha enfermidade xenética, e mesmo foi identificado un xene específico (A variante A1 do xene D2 receptor de dopamina), como un dos principais candidatos.
Mais se o TDAH é unha enfermidade xenética ou unha anormalidade, éo dun xeito moi popular, posiblemente afectando a uns 25 millóns de persoas nos EE.UU. (Algúns estiman que o TDAH ocorre no 20% dos nenos e no 5% das nenas). ¿Con tan ampla distribución entre a poboación, é razoable asumir que o TDAH é simplemente unha rareza? ¿É isto unha caste de aberración causada por xenes defectuosos ou abuso infantil?
Cando o problema está tan amplamente distribuído, inevitablemente xorden cuestións como: ¿Por qué? ¿De onde vén o TDAH?
A resposta é: a xente con TDAH son os derradeiros cazadores, aqueles que proceden de ancestros que evolucionaron e maduraron no pasado nas sociedades de cazadores.
Hai amplos precedentes sobre ?enfemidades? xenéticas que, de feito, representan a supervivencia de estratexias evolutivas. A Sickle Cell Anemia (para nós: Anemia Drepanocítica ou de Células Falciformes), por exemplo, é coñecido que os que a padecen son menos susceptibles de contraeren malaria. Vivindo nas selvas de África nas que a malaria é endémica, isto era unha potente ferramenta evolutiva contra a morte por enfermidade. Agora, no entorno libre de malaria de Norteamérica, isto convértese nunha desvantaxe.
O mesmo ocorre coa enfermidade de Tay Sachs, unha condición xenética que se encontra principalmente entre os xudeus de Europa do Leste , e que confire relativa inmunidade contra a tuberculose. E mesmo a fibrose quística , a mortal enfermidade xenética común entre os caucasiáns (un de cada 25 estadounidenses blancos portan o xene) (?).
Non é tan inusual, aparentemente, para os humanos ter, entre o noso material xenético, protección contra enfermidades locais e outras condicións do entorno. Certamente, a teoría de Darwin da selección natural é un argumento a favor de tal tipo de defensas. Aqueles individuos con inmunidade sobrevivirían e pasarían aos descendentes o seu material xenético.
Na evolución da especie humana desde os seus ancestros, apareceron dous tipos básicos de culturas. Nas áreas de vexetación e vida animal abundante e con baixa densidade de poboación, prodominaron os cazadores e recolectores. Noutras partes do mundo (particularmente Asia) evolucionaron sociedades agrícolas e gandeiras.
CAZADORES CON ÉXITO
Ben sexa perseguindo ao búfalo en Norteamérica, cazando cervos en Europa, rastreando ñus en África ou, apañando peixe nos ríos de Asia, estes cazadores necesitaron unha serie de características físicas e mentais para teren éxito:
- Constantemente axexan o seu entorno. Un murmurio nos arbustos pode ser un león ou unha serpe. A falla de estar plenamente consciente do que ocorre no entorno e darse conta dun débil son podería significar unha morte rápida e dolorosa. Ou, un son ou desello de movemento, pode ser o animal que o cazador axexa, e darse conta pode significar a diferenza entre o bandullo cheo e a fame.
Teño estado en fragas e selvas con cazadores actuais nos EE.UU., Europa e África Oriental e hai unha característica que sempre me chamou a atención: Están alerta de todo. Unha pedra revirada, unha pisada fresca, un son distante, un cheiro estraño no aire, a dirección na que apuntan as follas ou medra o carrizo. Todas estas cousas teñen significado para os cazadores, e mesmo camiñando lixeiros, decátanse de todo.
- Poden involucrarse completamente na caza; o tempo é elástico. Outra característica dun bo cazador é a capacidade para concentrarse totalmente no momento, abandonando completamente toda consideración sobre outra cousa. Cando o cazador ve a presa daralle caza por barrancos, campos, entre as árbores, sen pensar nin no día antes nin no seguinte, simplemente vivindo o momento. Cando está de caza, o tempo pasa á presa, cando non, o tempo vólvese lento. Mentres que a habilidade do cazador para concentrarse pode ser en xeral baixa, a súa capacidade para concentrarse na caza no momento é asombrosa.
- Son flexibles, quen de cambiar de estratexia nun instante. Se o porco bravo desaparece entre as matas, e un coello aparece, o cazador cambia de presa. Ser ordenado non ten grande importancia para un cazador, mais a capacidade de tomar decisións axiña e actuar de contado son vitais.
-Poden empregar unha incrible enerxía na caza, tanta que a miúdo resultan eles mesmos feridos ou exceden as capacidades ?normais?, sen decatarse ata máis tarde. De maneira semellante á quintaesencia dos cazadores, o león, teñen incribles estoupidos de enerxía ? mais non necesariamente moita forza para agardar. Se se lles dese a escoller describirse a si mesmos como a tartaruga ou a lebre na famosa fábula de Esopo, un cazador sempre diría que el é a lebre.
- Pensan visualmente. Os cazadores a miúdo describen as súas accións en termos de imaxes, máis que palabras ou sentimentos. Crean borradores mentais de onde estiveron e a onde van. (?) Os cazadores xeralmente están pouco interesados en abstraccións, ou ben prefiren convertilas en forma visual ten pronto como poidan. Tenden a ser xogadores de xadrez despistados, desdeñando a estratexia porque prefiren ir dereitos á xugular.
- Encántalles a caza, pero facilmente aborrecen as tarefas cotiás como ter que limpar o peixe, adobar a carne ou facer o papeleo. Donald Haughey, un antigo alto executivo de Holiday Inns, conta a historia de cómo Kemmons Wilson o lexendario fundador da compañía, tiña un grupo de executivos aos que chamaba os Peladores de Osos. Wilson saía ao mundo a dispararlle ao oso (negociar o lugar dun novo hotel, conseguir financiamento, abrir unha nova división), e os seus Peladores de Osos terían conta dos detalles de ?pelar e limpar? o trato.
- Enfróntanse a perigos que os individuos ?normais? evitarían. Un porco bravo, un elefante, ou oso, poden matarte e moitos cazadores teñen sido víctimas das súas presas. Se estendemos esta analoxía á guerra, onde os cazadores son a miúdo a infantería de primeira liña ou os oficiais máis agresivos, sucedeo mesmo que na caza. Os cazadores asumen riscos.
- Son duros consigo mesmos e cos de arredor. Cando a túa vida depende de decisións tomadas en fraccións de segundo, o teu umbral de frustración tende a ser necesariamente baixo. Un compañeiro de caza que non se aparta da liña de tiro, ou un soldado que desafía as ordes e fuma de noite amosando a posición ao inimigo, non poden ser tolerados.
AS PERSOAS CON TDAH SON DESCENDENTES DOS CAZADORES
Polo tanto, a pregunta: ¿de onde veñen os que teñen TDAH? Se comparas a lista clásica de síntomas do TDAH [os que figuran no DSM-IV], e a lista de características, verás que coinciden case perfectamente. Noutras palabras, un individuo coa colección de características do TDAH sería un extraordinario cazador. E a falla de ter algunha das mesmas podería significar a morte na fraga ou na selva.
A metáfora dos cazadores e os granxeiros tivo ampla repercusión nos EE.UU. e outros países. Os libros de Hartmann son auténticos best sellers. A idea ten unha apariencia moi ?bensoante? e dela derívanse consecuencias de grande interese: Para Hartmann o TDAH non debe considerarse máis como un ?trastorno?, senón como unha forma de ser diferente, cos seus inconvenientes, mais tamén coas súas vantaxes. Un dos libros de Hartmann: The Edison Gene, pon especial acento nestas últimas.
Outro aspecto aparellado é a dimensión política da súa visión: En varios artigos relaciona a consideración actual do TDAH como trastorno, con supostas visións neo-darwinistas de selección natural e euxenesia. Así mesmo, relaciónao co interese desde o Goberno de controlar a aquelas persoas que (polo seu carácter ?cazador?) serían máis inconformistas.
En definitiva, para Hartmann, a actual ?febre? que os EE.UU. sofren co asunto do TDAH ten unha orixe na visión neocon da sociedade americana.
Tamén son de interese as implicacións no abordamento do alumnado con TDAH que propón Hartmann: Fronte ao tratamento como persoas ?con defectos? e o uso de medicación estimulante, o eixo básico do enfoque que propón é a autoestima. O fracaso dos nenos e nenas con TDAH no sistema escolar débese a que o seu estilo e condicións favorecen aos ?granxeiros? e estigmatizan aos ?cazadores?. Proporcionar entornos nos que estes poidan desenvolver as súas potencialidades e favorecer a súa autoestima como persoas portadoras das mesmas, sería a clave da intervención educativa.
Chegados a este punto, hai un asunto importante que debe ser clarexado: ¿É verdadeira a visión de Hartmann? ¿É unha verdadeira teoría científica ou fica só no eido dunha metáfora?
Algunhas respostas no próximo post...
|
|
|
|
Ideas Equivocadas sobre a Atención e a Forza da Vontade |
|
Traducción dun fragmento do capítulo 'Misconceptions about Focus and Willpower' do libro: Attention Deficit Disorder. The Unfocused Mind in Children and Adults.
de Thomas E. Brown (2005)
Mito: O TDAH é soamente falta forza de vontade. As persoas con TDAH céntranse ben nas cousas que lles interesan e poderían centrarse en calquera outra tarefa se realmente quixesen.
Realidade: O TDAH parécese moito a un problema de falta de vontade, pero non o é. Esencialmente é un problema químico nos sistemas cerebrais de control.
A maioría das persoas que sofren un deterioro na capacidade para prestar atención, son quen, con todo, de centrar a súa atención moi ben en actividades que lles interesan. ¿Por que entón non poden prestar atención a outras actividades que recoñecen como importantes? Para contestar a este enigma, temos que mirar máis coidadosamente os moitos aspectos da atención, recoñecendo que os procesos da atención no cerebro humano son máis complexos e sutís do que imaxinamos. Unha forma para entender a complexidade da atención é escoitar coidadosamente cómo os pacientes con TDAH describen as súas loitas coa inatención. Convídoos a coñecer a un paciente meu, un adolescente xogador de hóckey ao que chamarei Larry:
Larry, un mozo robusto, de pelo louro, estudante de secundaria, estaba sentado no meu despacho cos seus pais mentres comezamos a nosa primeira sesión xuntos. Mentres se presentaban, os pais mencionaron que o equipo do hóckey de Larry acababa de gañar o campionato do estado. Contaron orgullosos o ben que o mozo xogara. Era o porteiro do equipo e parara con éxito trinta e catro tiros ao longo do campionato e conducira ao seu equipo á vitoria. Larry sorriu modesto, pero con pracer obvio e ben merecido.
Entón o pai de Larry expuxo o seu dilema. Cando el está xogando ao hockey, é asombroso cómo presta atención a todo o que ocorre. Sabe onde está o disco en cada segundo. Protexe a portería e ao mesmo tempo mira o que os outros están facendo e axuda ao seu equipo a manterse organizado e motivado. El está sempre totalmente implicado e enchufado no partido. ?Pero na escola?, o seu pai continuou, ?é unha historia completamente distinta. Sabemos que Larry é moi brillante. As súas puntuacións nas probas de cociente intelectual están no rango superior, no 3% superior. Xeralmente nos exames do semestre saca boas notas e fixo moi ben o PSAT, pero o seu traballo cotián e o seu caderno de notas son sempre un sube e baixa. Desde sobresaíntes ata case suspender? ?Sabemos que Larry desexa sacar boas notas. Sempre está falando de que quere estudar Medicina e de que necesita subir as súas notas para poder entrar nunha boa universidade. Pero o seu traballo escolar sempre foi totalmente inconsistente. Ás veces vémolo quedar ata as tantas a facer un traballo ou estudar un tema, pero a maior parte das veces deixa os seus traballos para máis tarde e acaba non facéndoos. Estamos constantemente recibindo queixas dos seus profesores, as mesmas frustracións cada ano.? ?Din que Larry fará de cando en vez un comentario en clase que demostra o listo que é, o ben que pode facer calquera actividade que se estea levando a cabo na aula. De cando en vez presentará un traballo. Pero a maior parte do tempo, os profesores quéixanse de que Larry non está traballando e ?pasa de todo?. Non é que teña un problema de comportamento, senón que está mirando pola fiestra ou fixamente ao teito. A miúdo, nos comentarios de texto, Larry nin sequera sabe en que páxina están. E sempre nos están dando notas e informes de que entregou fóra de prazo as tarefas, ou simplemente que non as fixo.? ?Cómo pode Larry ser tan asombrosamente bo en prestar atención ao hóckey, pero ser tan asombrosamente malo en prestar atención ás súas tarefas escolares?
Larry estivera mirando fixamente a alfombra mentres o seu pai falaba, pero entón levantou a cabeza. Os seus ollos estaban húmidos e dixo tranquilamente aos seus pais, ?non sei por que sucede isto. Síntome frustrado e máis preocupado por isto ata do que vós estades. Cando vin o meu último boletín de notas, fun á miña habitación e boteime a chorar.? ?Sei o que teño que facer e realmente desexo facelo porque sei o importante que é para o meu futuro na vida. Intento facelo como no hóckey. Consígoo durante un pouquiño, nun traballo ou nunha clase. Pero a maioría do tempo non podo conseguilo, simplemente non podo?. ?Realmente quero, e sei que debería poder facelo; pero simplemente non podo. Simplemente non podo prestar atención constante ao meu traballo na escola da mesma xeito que presto atención cando estou xogando ao hóckey?.
Un dilema moi similar foi experimentado por Mónica, unha rapaza tímida de quinto curso que foi baixando a cabeza segundo a súa nai me describía iradamente os seus problemas na escola.
Os seus profesores din que non pode prestar atención máis de tres minutos. ¡Sei que non é verdade! Vina xogando á Nintendo. Pode xogar a eses videoxogos durante tres horas sen moverse. E o profesor di que se ?distrae facilmente?. ¡Que bobada! Cando está xogando aos videoxogos está tan enfocada na pantalla como un láser. Cando está xogando, o único xeito en que podes conseguir que te atenda é poñerte diante dela ou simplemente apagando a tele.
Fixen todo que se me ocorreu para conseguir que mellorase na escola. Conseguín que me desen informes diarios de como ía e premiábaa cando traballaba ben. Intentei subornala con recompensas por bo traballo. Intentei castigala, quitarlle a Nintendo ou que quedase na súa habitación castigada. Nada funciona. Sei que pode prestar atención cando ela realmente quere. Non sei que máis podo facer. Ela non é unha nena boba nin tampouco unha nena mala, pero se non empeza a prestar atención pronto, nunca vai ir mellor na escola do que fun eu. Nunca acabei a secundaria e realmente laméntoo. Desexo algo mellor para ela. ¡Se puidese conseguir que prestase atención ao traballo escolar como presta atención a eses videoxogos!
Todos aos que avaliei sobre problemas crónicos coa inatención teñen algúns dominios de actividade onde poden prestar atención sen ningunha dificultade. Algúns son artistas; debuxan e pintan con gran atención. Outros son pequenos enxeñeiros infantís que constrúen marabillas cos bloques de Lego e, anos máis tarde, reparan motores de coche ou deseñan redes de computadores. Algúns outros son músicos que pasan horas en aprender os acordes para unha nova canción ou para compoñer unha nova peza musical.
A atención e a forza de vontade
Os exemplos de Larry e de Mónica tráennos de novo ao enigma central da inatención crónica: ¿Como pode alguén que é moi bo en prestar atención a algunhas actividades non poder prestar suficiente atención a outras tarefas sabendo que son importantes e realmente desexando logralo? Cando fixen esta pregunta a pacientes con TDAH, a maioría responden con algo como: ?¡É fácil! Se é algo que realmente me interesa, podo prestarlle atención. Se non me é interesante, non podo prestarlle atención, por máis que o desexe?. A maioría da xente responde a este argumento con escepticismo. ?Iso pásalle a todo o mundo?, din. ?Todo o mundo atende mellor a algo que lle interesa que a algo que non lle interesa.? Si, pero para algúns individuos hai unha diferenza importante. A maioría da xente, cando se enfronta a algo que lle aburre, pero sabe que é importante, pode conseguir centrarse na tarefa. Pero algúns carecen esta capacidade a menos que as consecuencias de non prestar atención sexan moi inmediatas e severas. Un executivo de mediana idade, Henry, ao que diagnosticara trastorno por déficit de atención, unha vez díxome:
Teño un exemplo sexual de como é ter TDAH. É como ter impotencia mental. Se a tarefa que estás intentando facer é algo que ?te pon?, estás ?a tope? e funcionas? pero se a tarefa que estás intentando non che interesa intrinsecamente, entón ?non te pon e non funcionas? ¡E non podes facer nada para que suceda! Non é un asunto de forza de vontade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|