Esta é a continuación do post
Cazadores e granxeiros. ¿Unha teoría evolutiva sobre TDAH?
¿É verdadeira a visión de Hartmann? ¿É unha verdadeira teoría científica ou fica só no eido dunha metáfora?
Hai que dicir que o propio Hartmann concibiu inicialmente o seu ensaio como unha metáfora, máis que como ?verdadeira ciencia?, non obstante posteriormente ten avanzado no seu convencemento de que existe un respaldo científico real á súa teoría. Mesmo ten atacado acedamente á comunidade investigadora que traballa no campo do TDAH:
?Centrándose obsesivamente no negativo e rexeitando recoñecer calquera evidencia de valor no TDAH, en calquera lugar, tempo, ou baixo calquera circunstancia, o crecente pequeno circo de defensores da ?patoloxía pura?, só está traendo dor, relacións de poder (entre pais aos que se lles di que ?teñan conta? dos seus fillos con TDAH, así como entre profesionais e os seus clientes), e a maior campaña de etiquetado masivo, segregación e ostracismo visto nas nosas escolas públicas desde os días do ensino ?separados pero iguais? entre razas?.
Eu, pola miña parte, sinalarei algunhas consideracións ao punto de vista de Hartmann:
Empezando pola parte final do fragmento de Hartmann (?Se comparas a lista clásica de síntomas do TDAH, e a lista de características, verás que coinciden case perfectamente?), parece que o autor ten un punto de vista sesgado das características propias do TDAH:
O apartado de
inatención, segundo o DSM-IV engloba características centrais do TDAH e fai referencia a aspectos como: non prestar atención aos detalles, non manter a atención, erros por descoido, non rematar as tarefas, extraviar cousas, distraccións por estímulos irrelevantes,? ¿son estas características típicas dos ?cazadores? dos que fala Hartmann?
Parece que unha das virtudes destes ?cazadores? é a ?acción rápida?. Non obstante, na investigación con probas nas que se valora o Tempo de Reacción (TR) as persoas con TDAH non resultan ser ?máis rápidos de resposta? que os que non o teñen. Polo contrario, a tendencia dos seus resultados é a teren maior tempo de reacción e, sobre todo, unha grande variabilidade nos seus TR (unha vez a resposta é rápida e outra pode ser moito máis lenta).
É máis, os individuos con TDAH predominantemente inatento (un dos subtipos que describe o DSM-IV), soen caracterizarse polo que se deu en chamar Sluggish Cognitive Tempo (Tempo cognitivo lento). Estas persoas soen ter un aspecto, máis ben, do que coloquialmente chamamos ?pasmón?, caracterizados por aspectos como pasividade, ?soñar desperto? e ?hipo-actividade? tanto física como mental.
Unha das probas máis empregadas na investigación sobre TDAH, así como no diagnóstico, é o chamado CPT ou Continous Performance Test (Proba de Execución Continua). Na mesma, o que a realiza debe pulsar unha tecla ante a aparición dun estímulo ?habitualmente unha letra (p/ex. ?X?)- e
non pulsala cando aparecen os outros (as que non son ?X?).
De maneira consistente as persoas con TDAH soen cometer moitos máis erros nestas probas, tanto de ?omisión? (non pulsar cando debían facelo), como de ?comisión? (pulsar cando non deben). Ao ler a metáfora de Hartmann, venme á cabeza a analoxía da CPT coa caza: ¿sería un bo cazador alguén que dispara cando non debe e, cando finalmente sae a presa, ao mellor non dispara?
Tamén polo que respecta ás características relacionadas coa impulsividade, as características que describe o DSM-IV remítennos a persoas con dificultades para inhibir os seus impulsos e
actúan antes de pensar. Algo así como un cazador que, unha vez que ten a escopeta cargada, dispara ao primeiro que se move (aínda que resulte ser un compañeiro de caza). ¿Quen iría tranquilo polo monte cun cazador así?¿Sobreviviría cazando a diario, ou sería víctima do oso por meterse na súa cova sen pensar antes as consecuencias? De feito existe evidencia de que as persoas con TDAH teñen maior risco de sufriren accidentes. En particular, existen datos que proban as dificultades dos que teñen TDAH ao conducir vehículos (unha actividade, como na caza, na que é vital tomar decisións rápidas? e precisas!)
A metáfora dos cazadores/granxeiros soa mellor que a linguaxe do trastorno, mais en definitiva, a utilidade das teorías científicas é o seu poder explicativo, e a metáfora de Hartmann non dá explicado algúns aspectos ineludibles cando falamos de TDAH:
-A Comorbilidade: Existe coincidencia nos distintos estudios en sinalar que o TDAH é altamente comórbido con outros trastornos que afectan ao desenvolvemento. Particularmente alta é a taxa de comorbilidade co Trastorno Negativista Desafiante. Mais tamén existe comorbilidade con Trastorno de Conducta ou coa Dislexia.
-A Hiperactividade noutros trastornos. Noutras condicións como os Trastornos do Espectro Autista é común apreciar o patrón conductual do TDAH, como tamén o é nos Síndromes de Down, Williams, Angelman, Smith-Magenis e X-Fráxil. Semella que existe algún elemento neurolóxico que se relaciona coa aparición do patrón de TDAH e que está presente en numerosos trastornos do desenvolvemento.
-As lesións. É tamén coñecida a presenza do patrón do TDAH en persoas que sufriron traumatismos ou outro tipo de lesións cerebrais, particularmente cando estas teñen afectado ao córtex prefrontal, que é a área sobre a que se centran as hipóteses explicativas do TDAH como trastorno.
Para rematar, nun interesante artigo, de Xavier Castellanos e Rosemary Tannock, dous reputados investigadores sobre TDAH, revisan as evidencias de tipo xenético sobre o TDAH. No mesmo constatan que aínda non coñecemos qué elementos deste tipo poderían explicar o TDAH, aínda que as sospeitas se centran ? a nivel neurolóxico- cos mecanismos implicados no funcionamento de dous neurotransmisores: a dopamina e a norepinefrina (ou noradrenalina).
Castellanos e Tannock consideran que para avanzar na explicación da implicación xenética no TDAH é útil establecer os endofenotipos que este presenta. Os endofenotipos son tendencias heredables que se manifestan de maneira observable e que serían a expresión dos elementos xenéticos implicados.
Castellanos e Tannock propoñen tres que na súa opinión ?a luz dos resultados da investigación- resultan de utilidade na averigación das causas do TDAH:
-Unha anormalidade específica nos circuítos neuronais implicados na demora das recompensas (o que Sonuga-Barke chama a ?aversión á demora?)
- Déficits no procesamento temporal que provocan a citada alta variabilidade no tempo de resposta.
-Déficits na Memoria Operativa.
En definitiva, aínda que quizais é máis malsoante que a metáfora de Hartmann, a definición dos mecanismos implicados neste trastorno, asumíndoo polo tanto como tal, resulta máis produtiva para explicar as causas, as características e tamén o tratamento do Déficit de Atención con Hiperactividade.