Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

Cazadores e granxeiros. ¿Unha teoría evolutiva sobre o TDAH?
O número de casos de TDAH diagnosticados nos EE.UU. medrou espectacularmente nos últimos anos. Así mesmo o emprego de medicación estimulante (metilfenidato) para o seu tratamento trouxo consigo a aparición na sociedade de voces discordantes que alarman sobre a posibilidade de que aos profesionais se lles estea indo a man neste tema.

Unha das voces que máis ten chamado a atención é a de Thom Hartmann. Este multifacético personaxe escrebe libros sobre variados temas (TDAH, ecoloxía, JFK, política?), dá conferencias e ten un programa radiofónico de éxito caraterizado por ter un enfoque progresista dos temas que trata.

En 1991 publicou o seu primeiro libro sobre TDAH, no que expuña a súas reflexións como pai dun neno ao que se lle diagnosticara hiperactividade.
Varios libros viñeron despois, sendo ?ADD:A Different Perception?(TDA: Unha percepción diferente) quizais o máis importante dos mesmos.

Este é un fragmento do capítulo 2 do mesmo:


Cazadores nas nosas escolas e oficinas: A orixe do TDAH

As primeiras teorías sobre TDAH caracterizábano como un estado de enfermidade que tiña que ver do dano ou a disfunción cerebral. En varios momentos foi agrupado con procesos como o síndrome alcohólico fetal, o atraso mental, varias enfermidades mentais de tipo xenético, trastornos psiquiátricos como resultado de traumas ou abuso infantil, e a teoría da deprivación de osíxeno debida ao uso do tabaco (da nai).
(?)
Investigacións máis recentes, non obstante demostraron alta incidencia de TDAH entre os pais dos nenos con TDAH. Este descubrimento orixinou que algúns psicólogos postulasen que o TDAH era o resultado de medrar nunha familia disfuncional; suxería que o TDAH seguiría o mesmo patrón que o abuso infantil ou a violencia de xénero, levando ás novas xeracións á conduta aprendida na infancia. (?) Outros estudios, non obstante suxiren que, ao igual que o Síndrome de Down ou a Distrofia Muscular, o TDAH é unha enfermidade xenética, e mesmo foi identificado un xene específico (A variante A1 do xene D2 receptor de dopamina), como un dos principais candidatos.

Mais se o TDAH é unha enfermidade xenética ou unha anormalidade, éo dun xeito moi popular, posiblemente afectando a uns 25 millóns de persoas nos EE.UU. (Algúns estiman que o TDAH ocorre no 20% dos nenos e no 5% das nenas). ¿Con tan ampla distribución entre a poboación, é razoable asumir que o TDAH é simplemente unha rareza? ¿É isto unha caste de aberración causada por xenes defectuosos ou abuso infantil?

Cando o problema está tan amplamente distribuído, inevitablemente xorden cuestións como: ¿Por qué? ¿De onde vén o TDAH?

A resposta é: a xente con TDAH son os derradeiros cazadores, aqueles que proceden de ancestros que evolucionaron e maduraron no pasado nas sociedades de cazadores.

Hai amplos precedentes sobre ?enfemidades? xenéticas que, de feito, representan a supervivencia de estratexias evolutivas. A Sickle Cell Anemia (para nós: Anemia Drepanocítica ou de Células Falciformes), por exemplo, é coñecido que os que a padecen son menos susceptibles de contraeren malaria. Vivindo nas selvas de África nas que a malaria é endémica, isto era unha potente ferramenta evolutiva contra a morte por enfermidade. Agora, no entorno libre de malaria de Norteamérica, isto convértese nunha desvantaxe.

O mesmo ocorre coa enfermidade de Tay Sachs, unha condición xenética que se encontra principalmente entre os xudeus de Europa do Leste , e que confire relativa inmunidade contra a tuberculose. E mesmo a fibrose quística , a mortal enfermidade xenética común entre os caucasiáns (un de cada 25 estadounidenses blancos portan o xene) (?).

Non é tan inusual, aparentemente, para os humanos ter, entre o noso material xenético, protección contra enfermidades locais e outras condicións do entorno. Certamente, a teoría de Darwin da selección natural é un argumento a favor de tal tipo de defensas. Aqueles individuos con inmunidade sobrevivirían e pasarían aos descendentes o seu material xenético.

Na evolución da especie humana desde os seus ancestros, apareceron dous tipos básicos de culturas. Nas áreas de vexetación e vida animal abundante e con baixa densidade de poboación, prodominaron os cazadores e recolectores. Noutras partes do mundo (particularmente Asia) evolucionaron sociedades agrícolas e gandeiras.

CAZADORES CON ÉXITO

Ben sexa perseguindo ao búfalo en Norteamérica, cazando cervos en Europa, rastreando ñus en África ou, apañando peixe nos ríos de Asia, estes cazadores necesitaron unha serie de características físicas e mentais para teren éxito:

- Constantemente axexan o seu entorno. Un murmurio nos arbustos pode ser un león ou unha serpe. A falla de estar plenamente consciente do que ocorre no entorno e darse conta dun débil son podería significar unha morte rápida e dolorosa. Ou, un son ou desello de movemento, pode ser o animal que o cazador axexa, e darse conta pode significar a diferenza entre o bandullo cheo e a fame.

Teño estado en fragas e selvas con cazadores actuais nos EE.UU., Europa e África Oriental e hai unha característica que sempre me chamou a atención: Están alerta de todo. Unha pedra revirada, unha pisada fresca, un son distante, un cheiro estraño no aire, a dirección na que apuntan as follas ou medra o carrizo. Todas estas cousas teñen significado para os cazadores, e mesmo camiñando lixeiros, decátanse de todo.

- Poden involucrarse completamente na caza; o tempo é elástico. Outra característica dun bo cazador é a capacidade para concentrarse totalmente no momento, abandonando completamente toda consideración sobre outra cousa. Cando o cazador ve a presa daralle caza por barrancos, campos, entre as árbores, sen pensar nin no día antes nin no seguinte, simplemente vivindo o momento. Cando está de caza, o tempo pasa á presa, cando non, o tempo vólvese lento. Mentres que a habilidade do cazador para concentrarse pode ser en xeral baixa, a súa capacidade para concentrarse na caza no momento é asombrosa.

- Son flexibles, quen de cambiar de estratexia nun instante. Se o porco bravo desaparece entre as matas, e un coello aparece, o cazador cambia de presa. Ser ordenado non ten grande importancia para un cazador, mais a capacidade de tomar decisións axiña e actuar de contado son vitais.

-Poden empregar unha incrible enerxía na caza, tanta que a miúdo resultan eles mesmos feridos ou exceden as capacidades ?normais?, sen decatarse ata máis tarde. De maneira semellante á quintaesencia dos cazadores, o león, teñen incribles estoupidos de enerxía ? mais non necesariamente moita forza para agardar. Se se lles dese a escoller describirse a si mesmos como a tartaruga ou a lebre na famosa fábula de Esopo, un cazador sempre diría que el é a lebre.

- Pensan visualmente. Os cazadores a miúdo describen as súas accións en termos de imaxes, máis que palabras ou sentimentos. Crean borradores mentais de onde estiveron e a onde van. (?) Os cazadores xeralmente están pouco interesados en abstraccións, ou ben prefiren convertilas en forma visual ten pronto como poidan. Tenden a ser xogadores de xadrez despistados, desdeñando a estratexia porque prefiren ir dereitos á xugular.

- Encántalles a caza, pero facilmente aborrecen as tarefas cotiás como ter que limpar o peixe, adobar a carne ou facer o papeleo. Donald Haughey, un antigo alto executivo de Holiday Inns, conta a historia de cómo Kemmons Wilson o lexendario fundador da compañía, tiña un grupo de executivos aos que chamaba os Peladores de Osos. Wilson saía ao mundo a dispararlle ao oso (negociar o lugar dun novo hotel, conseguir financiamento, abrir unha nova división), e os seus Peladores de Osos terían conta dos detalles de ?pelar e limpar? o trato.

- Enfróntanse a perigos que os individuos ?normais? evitarían. Un porco bravo, un elefante, ou oso, poden matarte e moitos cazadores teñen sido víctimas das súas presas. Se estendemos esta analoxía á guerra, onde os cazadores son a miúdo a infantería de primeira liña ou os oficiais máis agresivos, sucedeo mesmo que na caza. Os cazadores asumen riscos.

- Son duros consigo mesmos e cos de arredor. Cando a túa vida depende de decisións tomadas en fraccións de segundo, o teu umbral de frustración tende a ser necesariamente baixo. Un compañeiro de caza que non se aparta da liña de tiro, ou un soldado que desafía as ordes e fuma de noite amosando a posición ao inimigo, non poden ser tolerados.

AS PERSOAS CON TDAH SON DESCENDENTES DOS CAZADORES

Polo tanto, a pregunta: ¿de onde veñen os que teñen TDAH? Se comparas a lista clásica de síntomas do TDAH [os que figuran no DSM-IV], e a lista de características, verás que coinciden case perfectamente. Noutras palabras, un individuo coa colección de características do TDAH sería un extraordinario cazador. E a falla de ter algunha das mesmas podería significar a morte na fraga ou na selva.



A metáfora dos cazadores e os granxeiros tivo ampla repercusión nos EE.UU. e outros países. Os libros de Hartmann son auténticos best sellers. A idea ten unha apariencia moi ?bensoante? e dela derívanse consecuencias de grande interese: Para Hartmann o TDAH non debe considerarse máis como un ?trastorno?, senón como unha forma de ser diferente, cos seus inconvenientes, mais tamén coas súas vantaxes. Un dos libros de Hartmann: The Edison Gene, pon especial acento nestas últimas.

Outro aspecto aparellado é a dimensión política da súa visión: En varios artigos relaciona a consideración actual do TDAH como trastorno, con supostas visións neo-darwinistas de selección natural e euxenesia. Así mesmo, relaciónao co interese desde o Goberno de controlar a aquelas persoas que (polo seu carácter ?cazador?) serían máis inconformistas.

En definitiva, para Hartmann, a actual ?febre? que os EE.UU. sofren co asunto do TDAH ten unha orixe na visión neocon da sociedade americana.

Tamén son de interese as implicacións no abordamento do alumnado con TDAH que propón Hartmann: Fronte ao tratamento como persoas ?con defectos? e o uso de medicación estimulante, o eixo básico do enfoque que propón é a autoestima. O fracaso dos nenos e nenas con TDAH no sistema escolar débese a que o seu estilo e condicións favorecen aos ?granxeiros? e estigmatizan aos ?cazadores?. Proporcionar entornos nos que estes poidan desenvolver as súas potencialidades e favorecer a súa autoestima como persoas portadoras das mesmas, sería a clave da intervención educativa.

Chegados a este punto, hai un asunto importante que debe ser clarexado: ¿É verdadeira a visión de Hartmann? ¿É unha verdadeira teoría científica ou fica só no eido dunha metáfora?

Algunhas respostas no próximo post...


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2007 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0