Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Russell Barkley. Aspectos esenciais sobre o TDAH (III): Prevalencia do TDAH |
|
¿Cal é prevalencia do TDAH? Ben, antes de que definísemos o tipo inatento, estaba arredor do 1-3 por cento. Cando se definiu o subtipo inatento, a taxa de prevalencia chegou, polo menos ata o 7% ou máis da poboación. (?)
¿Ocorre en adultos? Entre o 3 e o 5 por cento da poboación adulta cómpre os criterios de diagnóstico. ¿Cal é a prevalencia? Depende do subtipo e das ratios por xénero, por certo. Está entre 3 e 4 homes por cada muller para os subtipos Combinado e o Predominantemente Impulsivo/Hiperactivo. É so de 2 a 1 no subtipo Inatento. Polo tanto, as mulleres tenden a estar máis encadradas no subtipo inatento e os homes no Impulsivo/Hiperactivo. Se facemos unha combinación global dos datos, a relación é de 3 a 1.
¿Somos [ refírese aos EE.UU.] o único pais que ten TDAH? Desde logo que non. Todos os países, todos os estudios no mundo, atopan TDAH, así que esquezamos esa idea de que temos [os EE.U.] máis TDAH que o resto do mundo. O que ocorre é que nós identificamos e diagnosticamos máis casos que o resto do mundo.
Fragmento dunha conferencia de R. Barkley en S. Francisco, o 12 de xuño de 2000. Podes ver o texto orixinal aquí |
|
|
|
Russell Barkley. Aspectos esenciais sobre o TDAH (II): ¿É o TDAH un trastorno real? |
|
Imos empezar cunha pregunta sinxela aínda que moi importante, que me preguntan os xornalistas a miúdo. ¿É o TDAH un trastorno real? (?)
Nas ciencias existen criterios sobre o que é ou non é un trastorno. Se un trastorno compre tales criterios entón lexitimamante pode considerarse unha enfermidade mental ou unha discapacidade do desenvolvemento. E os criterios que empregamos e vimos empregando desde hai unha década son elegantes pola súa simplicidade. Dúas palabras: Disfunción perxudicial.
¿Existen probas na literatura científica de que este trastorno sexa unha disfunción perxudicial?(?) ¿Hai probas de que hai unha disfunción no TDAH?
Hai máis de 200 estudios na nosa literatura sobre o feito de que o TDAH está asociado cun severo fallo no desenvolvemento da inhibición conductual, a capacidade de impedir que se dea unha resposta.(?) Máis que calquera outra dificultade que poidan ter as persoas con TDAH, este é o núcleo do seu tratorno. Hai un fallo no desenvolvemento da inhibición ?inhibición motriz, inhibición de resposta. É medible. Está documentado. É un feito científico. Isto non ten nada que ver coa túa cultura. Nin tampouco é un asunto de tipo político. Podemos establecer de maneira científica que as persoas con este trastorno teñen unha alteración neste mecanismo mental. Máis que calquera outro trastorno mental, o TDAH ten maior evidencia de que existe esta disfunción que calquera outra condición que afecte á infancia, incluíndo as Dificultades de Aprendizaxe.
Segundo,
¿Produce o TDAH perxuízo ao individuo? ¿Prodúcelle unha desvantaxe na maioría das súas actividades?
Neste caso si que existe un problema relativo á cultura, porque esta establece unhas demandas sobre o mecanismo mental do que falabamos. É como o caso das Dificultades de Aprendizaxe. Os nenos e nenas que as teñen tamén teñen alteracións nos seus mecanismos mentais, mais poden non padecer ningún perxuízo se medran nunha cultura na que non existe a educación universalizada. Se na túa cultura non se le, como no caso dos aborixes australianos, entón ter déficit na decodificación fonética no che producirá ningún prexuízo. E polo tanto ti non tes trastorno ningún. Pero se vives na cultura occidental, na que os nenos e nenas deben adquirir a lectura para ter éxito nesta cultura e tes un déficit na decodificación fonética, entón si que tes un trastorno, porque o mesmo producirá desvantaxe en moitas das túas actividades e tarefas.
Fragmento dunha conferencia de R. Barkley en S. Francisco, o 12 de xuño de 2000. Podes ver o texto orixinal aquí |
|
|
|
Russell Barkley. Aspectos esenciais sobre o TDAH (I) |
|
Quizais o investigador máis influínte na actualidade sobre o TDAH sexa Russell Barkley.
Este profesor da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) é autor do artigo ?Inhibition, sustained attention, and executive functions: Constructing a unifying theory of ADHD? (Inhibición, atención sostida e funcións executivas: Construíndo unha teoría unificada sobre o TDAH). Publicado en 1997, sentou as bases do modelo teórico sobre o TDAH vixente na actualidade.
Así mesmo o seu manual Attention Deficit Hyperactivity Disorder: A Handbook for Diagnosis and Treatment é o texto indispensable para calquera profesional que queira adquirir unha formación sobre o TDAH.
Nos vindeiros posts imos ir vendo algunhas ideas de Barkley sobre os aspectos máis relevantes do TDAH. Para isto tomaremos como fonte unha conferencia súa do ano 2000 en San Francisco (se queres ver a versión completa, podes descargala aquí)
|
|
|
|
Cuestionario sobre Trastorno por Déficit de Atención / Hiperactividade para Adultos |
|
Velaquí un cuestionario para cribado de TDAH en adultos. Os materiais de cribado (screening) teñen como obxecto atopar de maneira sinxela posibles candidatos a presentar unha condición determinada. Non son, polo tanto, instrumentos de diagnóstico propiamente ditos. Se empregas este cuestionario e a túa puntuación é alta non quere dicir que teñas TDAH. Simplemente existe a posibilidade de que o poidas ter.
Cuestionario sobre Trastorno por Déficit de Atención / Hiperactividade para Adultos
Daniel G. Amen
Términos de uso: Este material publícase por cortesía do seu autor e de Attention Deficit Disorder Resources. Autorízase uso para fins persoais.
Le esta lista de conductas e valórate a ti mesmo (ou a persoa que queres valorar). Usa a seguinte escala e puntúa cada elemento co número apropiado.
?0 = nunca
?1 = raramente
?2 = ocasionalmente
?3 = frecuentemente
?4 = muy frecuentemente
IMPORTANTE: O propósito desta escala é simplemente axudarte a determinar se o TDAH podería ser un factor na conducta da persoa que estás a valorar con este cuestionario. Un verdadeiro diagnóstico só pode ser feito por un profesional cualificado.
1. Historial de síntomas de TDAH na infancia, como distraibilidade, pouca capacidade de atención, impulsividade, inquietude ou desasosego. (O TDAH non empeza aos 30).
2. Historial de non desenvolver o teu potencial na escola ou no traballo (Boletíns de notas con comentarios como ?rende menos do que pode?)
3. Historial de problemas de conduta frecuentes na escola (maioritariamente para homes)
4. Historial de enurese (falta de control de esfínteres nocturno) pasados os 5 anos.
5. Historial familiar de TDAH, problemas de aprendizaxe, trastornos do estado de ánimo ou problemas de abuso de substancias.
6. Escasa capacidade de atención, a menos que esteas moi interesado/a en algo.
7. Facilmente distraído/a, tendencia a "irse a túa mente a outra parte" (aínda que ás veces poidas estar super-concentrado/a.
8. Falta de atención aos detalles, debido a distraccións.
9. Problemas para escoitar instrucións coidadosamente.
10. Traspapelar cousas frecuentemente.
11. Lectura ?a saltos?, querer empezar polo final, problemas para ir de principio a fin en toda a lectura.
12. Dificultades ao aprender xogos novos, por dificultade para atender atentamente as instrucións do mesmo.
13. Facilmente distraído/a durante o sexo, con interrupcións durante a actividade sexual.
14. Falta de habilidades para escoitar.
15. Tendencia a aburrirse facilmente (desconectas con frecuencia)
16. Inquietude, movemento constante, movemento de pés, tamborileo cos dedos.
17. Necesitas moverte para pensar.
18. Problemas para permanecer sentado/a con tranquilidade, como estar sentado nun lugar durante moito tempo, permanecer sentado/a en o teu lugar de traballo en períodos longos, dificultade para aguantar unha película sentado/a.
19. Un sentimento interno de ansiedade ou nerviosismo.
20. Impulsividade, de palabra e/ou nas cousas que fas (p/ex. Comprar, gastar diñeiro)
21. Dicir o primeiro que se che ocorre sen pensar no seu impacto. (Dáste conta de que tiveches pouco tacto logo de habelo dito).
22. Problemas para "circular polas canles establecidas", problemas para seguir o procedemento adecuado, actitude de "ler as instrucións só se non hai máis remedio".
23. Impaciencia, baixa tolerancia á frustración.
24. Sentimento de ser ?prisioneiro/a do momento actual?.
25. Saltarse frecuentemente as normas de tráfico.
26. Cambios de emprego frecuentes e impulsivos.
27. Tendencia a avergoñar aos demais.
28. Mentir ou roubar cousas impulsivamente.
29. Falta de organización e planificación, problemas para manter organizado o lugar de traballo / o dormitorio / o fogar.
30. Cronicamente chegas tarde ou chegas apresuradamente.
31. Frecuentemente tes unha chea de trastos.
32. Facilmente atafegado/a por cousas cotiás.
33. Dificultades coas contas (pagar as facturas tarde, problemas no uso de cartóns de pago, ter que pagar recargos,?)
34. Deixar as cousas para máis tarde de xeito habitual ou problemas para ?arrincar?.
35. Empezar cousas pero non terminalas, dificultades para facer ?seguimento?.
36. Comezos entusiastas pero finais de calquera xeito.
37. Pasar demasiado tempo no traballo debido á ineficiencia.
38. Actuación inconsistente no traballo.
39. Sentimento crónico de que lograches moito menos do que poderías.
40. Problemas crónicos de autoestima.
41. Sentimento de ?algo malo vai pasar?.
42. Cambios de humor.
43. Negativismo.
44. Sentimento frecuente de desmoralización ou de que as cousas non che van ben.
45. Problemas para manter as amizades ou intimar nas relacións. Promiscuidade.
46. Problemas íntimos.
47. Tendencia á inmadurez.
48. Centración en si mesmo/a. Intereses inmaturos.
49. Dificultade para ver as necesidades ou actividades dos demais como importantes.
50. Dificultades para falar as cousas nunha relación.
51. Abuso verbal dos demais (insultar, falta de respecto).
52. Tendencia a ?explosións histéricas?.
53. Tendencia a evitar actividades en grupo.
54. Problemas coas autoridades.
55. Rapidamente respondes a desaires, sexan reais ou imaxinarios.
56. Explosións de ira. Pouco aguante.
57. Procura frecuente de situacións de alta estimulación (parques de atraccións, xogos de azar, carreiras, traballos estresantes, traballos en urxencias, facer moitas cousas á vez,...)
58. Tendencia a buscar conflitos, discusións porque gozas con iso.
59. Tendencia a preocuparse sen necesidade.
60. Tendencia ás adiccións (alcol, drogas, comida, traballo).
61. Cambiar números, letras ou palabras de sitio.
62. Ao conversar, tendencia a dicir as cousas do revés (frases desordenadas, ou cun sentido distinto ao que se quería dicir)
63. Dificultade nas habilidades de escribir (dificultade para levar as cousas da mente ao papel).
64. Mala letra, frecuentemente imprimes os escritos no canto de escribilos á man.
65. Dificultades de coordinación.
66. Fas peor as cousas baixo presión.
67. Ansiedade ante os exames, ou durante estes quedas en branco.
68. Canto máis intentas algo, peor che sae.
69. O teu traballo deteriórase baixo presión.
70. En situacións sociais, tendencia a ?desconectar? ou a quedar trabado/a cando che preguntan algo.
71. Cando les éntrache cansazo ou quedas durmido/a.
72. Dificultade para quedarche durmido/a, sentimento de que tes demasiadas cousas na cabeza.
73. Dificultade para espabilarte polas mañás (necesitas un café ou outro estimulante, ou determinada actividade antes de sentirte plenamente esperto/a.)
74. Períodos de baixa enerxía, especialmente pola mañá cedo e pola tarde.
75. Frecuente sentimento de cansazo.
76. Asústaste con facilidade.
77. Moi sensible a luces, ruídos ou ao contacto.
Unha vez completado o cuestionario, calcula a túa puntuación total:
Número de preguntas ás que respondiches cun 3 ou máis:
Puntuación da pregunta 1:
Puntuación da pregunta 6:
Puntuación da pregunta 7:
Máis de 20 ítems con respostas de 3 ou máis indican tendencia cara o TDAH, especialmente se as preguntas 1, 6, e 7 están puntuadas con 3 ou máis.
|
|
|
|
7 mitos sobre o TDAH...clarexados! |
|
A verdade sobre sete falsas crenzas sobre o Trastorno por Déficit de Atención/Hiperactividade (TDA/H) en nenos e adultos.
(Traducido de "7 Myths About ADHD... Debunked!" publicado por ADDitude Editors.
Poucas condicións psicolóxicas teñen xerado máis debate nos últimos anos que o TDAH. Mais aínda moita xente mantén falsas crenzas sobre o mesmo.
Vexamos algunhas e o que hai de certo:
Mito nº 1: O TDAH non é un trastorno real
TDAH foi recoñecido como un diagnóstico lexítimo pola maioría das organizacións médicas, psicolóxicas e educativas, incluíndo o National Institutes of Health [Instituto Nacional de Saúde, algo así como o Ministerio de Sanidade dos EE.UU. ] e o U.S. Department of Education [Ministerio de Educación dos EE.UU. ]. A American Psychiatric Society [coñecida como APA] recoñece o TDAH como un trastorno no seu Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders [o famoso DSM-IV] ? a ?biblia? oficial usada por psicólogos e psiquiatras.
O TDAH ten unha base biolóxica. A investigación amosa que é o resultado dun desequilibrio de mensaxeiros químicos, ou neurotransmisores, no interior do cerebro. Os seus síntomas principais son a inatención, a impulsividade e, ás veces, a hiperactividade. As persoas con TDAH tipicamente teñen unha grande dificultade con aspectos da vida diaria, incluíndo o control do tempo ou as habilidades organizativas.
Mito nº 2: Os rapaces e rapazas aos que se lles proporcionan adaptacións especiais debido ao TDAH están ?xogando con vantaxe?
A ?Federal Individuals with Disabilities Education Act? [A lei estadounidense que regula a atención das necesidades educativas especiais ? n.e.e.] establece que as escolas deben dispoñer das medidas de atención de todo o alumnado con n.e.e., incluíndo os nenos e nenas non TDAH. As adaptacións especiais, como o tempo extra nos exames, simplemente ?equilibran o terreo de xogo? para que o alumnado con TDAH poida aprender adecuadamente como os seus compañeiros e compañeiras.
Mito nº 3: Aos nenos e nenas con TDAH, pásalles cando medran
Máis dun 70% dos nenos e nenas con TDAH continúan a telo na adolescencia. Máis do 50% terano aínda de adultos.
Aínda que se ten estimado que un 6% da poboación adulta sofre de TDAH, a maioría dos mesmos non están diagnosticados, e so un de cada catro procura tratamento. Así, sen axuda, os adultos con TDAH son altamente vulnerables á depresión, ansiedade e ao abuso de substancias.
Frecuentemente experimentan dificultades laborais, problemas legais e financeiros, e relacións sociais problemáticas.
Mito nº 4: O TDAH so afecta aos nenos
As nenas teñen case a mesma probabilidade de teren
TDAH que os nenos, e o xénero non fai diferencias nos síntomas que o TDAH causa. Mais debido a que este mito persiste, os nenos soen ser máis diagnosticados que as nenas.
Mito nº 5: O TDAH é o resultado de non criar (educar) ben aos fillos
Cando un neno con TDAH tira cousas ou se ergue do seu asento na clase, non é porque non se lle ensinase que esas cousas están mal feitas. É porque non pode controlar os seus impulsos. O problema ten as súas raíces na química cerebral, non na disciplina. De feito, a educación excesivamente estricta ?que conleve castigos por cousas que o neno non pode controlar- pode de feito empeorar os síntomas do TDAH. Nestes casos han ser necesarias habitualmente intervencións profesionais, como a medicación, o tratamento psicolóxico e a modificación de conducta.
Mito nº 6: Os nenos e nenas que toman medicación para o TDAH teñen maior probabilidade de consumir drogas na adolescencia
A verdade é xusto o contrario. Os nenos con TDAH que non recibiron tratamento teñen maior risco de consumir drogas e alcohol na adolescencia. O tratamento apropiado reduce este risco.
Os medicamentos empregados para tratar o TDAH teñen demostrado a súa seguridade e eficacia durante máis de 50 anos de uso. Estes fármacos non curan o TDAH, pero son altamente efectivos na mellora dos seus síntomas.Os fármacos non converten aos nenos en adictos ou ?zombis?.
Mito nº 7: Os que teñen TDAH son estúpidos ou vagos ? nunca chegarán a nada
A xente con TDAH ten unha intelixencia normal, segundo amosan os estudios recentes. Non son vagos. De feito, pénsase que moitas persoas famosas na historia tiveron TDAH, como Mozart, Benjamin Franklin, Abrahan Lincoln, George Bernard Shaw ou Salvador Dalí. A lista de personalidades das finanzas con TDAH na actualidade inclúe altos executivos como David Neeleman, fundador de JetBlue Airways, e Paul Orfalea, fundador de Kinko's.
|
|
|
|
|
|
|
|
|