Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resolución sobre o TDAH no parlamento catalán |
|
O pasado 8 de novembro o parlamento catalán aprobou por unanimidade unha resolución para instar ao goberno da Generalitat a emprender medidas para a atención dos nenos e nenas con TDAH.
Velaquí o texto da resolución:
O Parlamento de Cataluña insta ao Goberno a:
a) Elaborar e tramitar no Parlamento, durante o curso escolar, un estudio sobre a complexidade dos problemas de conducta que presentan os nenos e nenas e adolescentes,entre outros, os afectados polo trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e, de maneira específica,
sobre as necesidades educativas que xeneran, e tamén das variables da traxectoria persoal que nel poden incidir e das estratexias de intervención.
b) Crear unha mesa técnica con membros dos departamentos de Saúde e de Educación e as entidades que treballan no TDAH, en colaboración co Departamento de Acción Social e Cidadanía, para contrastar perspectivas e estratexias de intervención e establecer referentes departamentais para os afectados.
c) Incorporar aos plans de formación do persoal dos departaments de Saúde e de Educación o coñecento sobre a natureza e os tratamentos posibles do TDAH.
O Departamento de Educación ha de garantir que esta formación se dirixa ao profesorado e aos profesionais de asesoramento psicopedagoxico a partir do curso 2007-2008.
Para cando, algunha medida semellante no Parlamento Galego?
|
|
|
|
Pola creación da especialidade de Psiquiatría Infanto-Xuvenil |
|
Aínda qe pareza mentira, España xunto a Rumanía, Letonia e Malta, son os únicos países de la UE que non teñen recoñecida a Especialidade de Psiquiatría Infantil e Xuvenil.
Isto sábeno ben moitas familias con fillos con TDAH, mais tamén moitas outras con fillos con Síndrome de Asperger, Autismo, TOC, TND, Síndrome de Williams, Angelman, Down,...
Un grupo de familias e Asociacións teñen artellado unha Plataforma para reclamar do Ministerio de Sanidade a creación da especialidade.
Podes visitar o seu sitio web aquí |
|
|
|
'Reverse graffitis', unha historia de anonovo |
|
Para comezar o anonovo, este post non ten nada que ver co TDAH, mais decidín poñelo porque conta unha historia bonita:
Xa se sabe que unha moderna peste urbana son os graffiteiros, eses que andan con sprays de pintura emporcallando os muros e valados públicos. Mais no caso que podes ver na foto, o grafiteiro non usa nada disto: as súas ferramentas son a auga e o xabón.
Trátase do chamado ?reverse graffiti? no que o artista aproveita a suciedade existente e fai unha limpeza selectiva. Algo así como cando che escriben co dedo no parabrisas traseiro ?Lávao!?
O caso da fotografía ocorreu en Sao Paulo e o autor é o artista gráfico Alexandre Orion e a súa obra fíxoa nun túnel desa cidade.
O curioso do caso foron as reaccións das autoridades locais: Nun primeiro momento e, despois de decatárense de que ?non tiñan cargos? contra Orion (manchar pode ser punible, mais limpar? non o é aínda); decidiron que actuasen os bombeiros para limpar o túnel con auga a presión, mais só sobre a parte na que Orion fixera a súa obra :-O.
Ante isto Alexandre Orion comezou a limpar á súa maneira a outra banda do túnel. Para cortar polo san, as autoridades adoptaron unha decisión expeditiva: limpar por completo ese túnel e o resto dos que hai na cidade?
Podes ver a historia completa no site de Alexandre Orion.
|
|
|
|
A Prehistoria do TDAH |
|
Ás veces dise que o TDAH é unha condición do mundo actual, ou mesmo unha invención comtemporánea. Que hai anos non existían os nenos e nenas con TDAH.
Non obstante, aínda que o trastorno non era coñecido como o é hoxe en día, na literatura existen descricións que coinciden esencialmente co que hoxe coñecemos como TDAH.
En 1798, o doutor Alexender Crichton publicou un artigo que titulou "Mental Restlessness" (inquietude mental) no que describía as características básicas do que hoxe coñecemos como TDAH-subtipo inatento:
É un problema nervioso que pode nacer coa persoa ou ser efecto dunha enfermidade accidental... cando nace coa persoa faise evidente nun período temperán da vida, e ten un efecto moi malo, tanto como que fai que a persoa sexa incapaz de atender con constancia a calquera obxecto de atención. E isto prodúcese en tal grao que impede totalmente a instrucción, e o que é unha gran sorte, [o problema] xeralmente disminúe coa idade.
Calquera estímulo parece axitar a persoa, e dálle un grao innatural de inquietude mental. Andando de un lado para outro na habitación, un lixeiro ruído, un exceso de luz ou a falta da mesma, destrúe a atención constante nestes pacientes, de maneira son doadamente excitados
Uns anos máis tarde, en 1809, John Haslam, no seu libro "Observations on Maqdness and Melancholy" (Observacións sobre a loucura e a melancolía), describía un caso dun neno:
"Travieso e eincontrolable... unha criatura da vontade e un terror para a súa familia... tiña unha baixa capacidade de atención, centrándose so 'a rachas'. Estivera xa en varias escolas e fora un caso perdido para varios mestres famosos pola súa paciencia e disciplina ríxida"
|
|
|
|
Atomoxetina, TDAH e Síndrome de Tourette |
|
O Síndrome de Tourette é un trastorno frecuentemente comórbido co TDAH. Para as persoas que teñen ambos problemas existe un serio problema para seren tratados farmacoloxicamente co tratamento de primeira liña (O metilfenidato), e é que habitualmente os tics característicos do Síndrome de Tourette exacérbanse por efecto do metilfenidato.
Por iso a aparición dun novo fármaco non estimulante abre unha porta de esperanza para o tratamento destas persoas.
No proximo número do Journal of Attention Disorders (xaneiro de 2008) vaise publicar un estudio levado a cabo en varios centros estadounidenses para controlar a eficacia deste composto.
117 rapaces e rapazas de entre 7 e 17 anos participaron no estudio sendo asigandos aleatoriamente á administración de atomoxetina ou de placebo mediante un deseño denominado de dobre cego (nin o paciente, nin o administrador saben se está tomando placebo ou atomoxetina).
Os resultados indican que os participantes aos que se adnministrou atomoxetina melloraron na sim¡ntomatoloxía propia do TDAH, así como tamén reduciron a cantidade de tics.
A atomoxetina (de nome comercial Strattera xa está aprobada e comercializada nos EE.UU., mais aínda non en Europa.
É un inhibidor da recaptación da norepinefrina, ou sexa impide que este neurotransmisor sexa reabsorvido polas neuronas e polo tanto pode estar dispoñible en maior dose.
Existen evidencias de que as persoas con TDAH teñen un déficit nos seus niveis sinápticos de norepinefrina.
O artigo orixinal é: Spencer, T.J. et al (2008) Atomoxetine Treatment of ADHD in Children With Comorbid Tourette Syndrome. Journal of Attention Disorders,11; pp. 470-481 |
|
|
|
|
|
|
|
|