Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fogares caóticos e rendemento escolar: Crianza, herdanza ou ambas cousas? |
|
O estudio que hoxe comentamos non trata directamente sobre o TDAH, aínda que si trata un tema que se dá nalgúns afectados e creo que quen teña relación con este trastorno, pódeo considerar de interese.
Trátase dun estudio levado a cabo por un equipo do Instituto de Psiquiatría do King?s College, de Londres e vai ser publicado proximamente. No mesmo atopáronse resultados novidosos sobre as influencias xenéticas existentes nunha relación ben coñecida no ámbito escolar: a que existe entre o rendemento académico do alumnado o caos familiar nos seus fogares.
É ben evidente que o ambiente familiar inflúe (positiva ou negativamente sobre os resultados académicos dos nenos e nenas. Calquera docente ao que lle preguntemos, confirmaránolo sen dúbida. Tamén existen investigacións nas que se ten indagado sobre este aspecto: Por exemplo, Gary Evans (2006) atopou que os estudantes con mellores resultados tendían a proceder de fogares de ambiente tranquilo, máis organizados e no que se levaban a cabo rutinas predicibles, sen importar o estatus socioeconómico das familias.
Ás veces, a natureza desta relación mesmo se esaxera atribuíndolle propiedades das que carece. Non é imposible escoitar entre algúns profesores e profesoras comentarios nos que indican esta relación, mais en sentido contrario: ?se o neno ten mal rendemento na escola, algo na casa funciona mal? . Isto constitúe unha falacia semellante a dicir: ?Se todos os nixerianos son de raza negra, e este rapaz o é, entón ha ser nixeriano? (!). Evidentemente, moitos factores interveñen no rendemento académico do alumnado, algúns, por suposto, relacionados coa propia escola e outros explicitamente relacionados co propio neno ou nena como individuo.
En todo caso, no que parecía haber considerable consenso é que esta era unha relación de tipo ambiental. É dicir, no que a herdanza xenética contaba ben pouco ou nada. E esta é precisamente a novidade que nos achega o estudo levado a cabo por Ken Hanscombe e os seus colaboradores: Analizar o papel da xenética na relación entre rendemento escolar e ambiente familiar caótico.
Para isto, empregouse a técnica máis estendida neste tipo de estudios: un deseño de xemelos. En liñas xerais a idea deste tipo de estudios é a seguinte: Os xemelos monocigóticos comparten a totalidade do seu xenoma, mentres que os xemelos dicigóticos só comparten o 50% da variabilidade xenética (da parte do xenoma que varía de persoa a persoa). Así mesmo, ambos tipos de xemelos comparten ao 100% o ambiente familiar: viven na mesma familia, foron criados xuntos e ao mesmo tempo, etc. Comparando as semellanzas e diferenzas entre ambos tipos de irmáns, os investigadores poden atribuír un rasgo, ou característica á herdanza, ao ambiente común, ou ben aos sucesos ambientais que so afecten a un dos irmáns (p.ex. unha enfermidade, accidente, ?).
A hipótese neste caso é que se a relación entre caos familiar e rendemento escolar é puramente ambiental ambos tipos de xemelos estarán igualmente afectados no se u rendemento. Polo contrario, se as características xenéticas de cada xemelo inflúen, os xemelos dicigóticos diferenciaranse, ao menos parcialmente, no seu rendemento académico.
A investigación levouse a cabo cunha mostra de máis de sete mil pares de xemelos aos que se investigou o seu ambiente familiar referido a elementos que indicasen funcionamento caótico (p.ex. falta de regras, ambiente ruidoso, horarios anárquicos, ?) cando os participantes tiñan nove anos e, aos doce anos de idade obtiveron datos sobre o seu rendemento escolar facilitados polo seu profesorado.
Os resultados atopados confirman, en primeiro lugar, a grande influencia que o ambiente familiar caótico ten sobre o rendemento escolar mais, de forma sorprendente, un terzo desta relación non tería, segundo o atopado, unha orixe ambiental, senón que sería debida a factores de tipo xenético. É dicir, mentres que dúas terceiras do mal rendemento académico serían debidas ao ambiente familiar caótico, a restante terceira parte deberíase a elementos xenéticos que inflúen tanto no mal rendemento académico como no propio ambiente familiar.
É dicir, nalgunha medida, o caos familiar non é so unha causa do mal rendemento académico, senón en parte, tamén un efecto de propensións xenéticas que afectan aos pais e fillos a constituíren un ambiente familiar desorganizado e que, ao tempo, son tamén causa do mal rendemento na escola dos fillos.
O artigo comentado é:
Hanscombe, K.B., Haworth, C.M., Davis, O.S., Jaffee, S R. e Plomin, R. (2011). Chaotic homes and school achievement: a twin study. Journal of Child Psychology and Psychiatry, 52: no. doi: 10.1111/j.1469-7610.2011.02421.x
|
|
|
|
|
|