Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Virginia Douglas |
|
A principios da década dos 70, o panorama da investigación sobre hiperactividade infantil estaba dividida en dúas opinións predominantes: Os que concebían esta como un síntoma propio do síndrome de etioloxía orgánica e caracterizado por outras dificultades (perceptivas, motrices, cognitivas, emocionais,?) no que se viña denominando como Disfunción Cerebral Mínima (DCM), e que tiña maior influencia sobre todo no ámbito europeo; e os que criticaban o ?caixón de xastre? da DCM e propugnaban unha explicación meramente psicolóxica da sintomatoloxía observada, centrada de maneira preponderante no exceso de mobilidade ou hiperactividade. Esta última visión tiña máis acollida entre psicólogos e psiquiatras norteamericanos e, froito da súa influencia, na 2ª edición do Manual Estatístico dos Trastornos Mentais (ou DSM-II) publicado en 1968 recolleuse a hiperactividade co a denominación de Reacción Hipercinética da Infancia.
Desta maneira, a aparición en 1972 do artigo de Virginia Douglas, Stop, look, and listen: The problem of sustained attention and impulse control in hyperactive and normal children [Para, mira e escoita: O problema da atención sostida e o control de impulsos nos nenos hiperactivos e normais]; supuxo un xiro radical na concepción da natureza da hiperactividade infantil.
O artigo era o froito do traballo feito na Universidade McGill (Canadá) dirixido por Douglas en el describíanse as dificultades na atención sostida como un elemento central da hiperactividade infantil. Por primeira vez levábase a cabo un extenso programa de investigación sobre as características cognitivas dos nenos e nenas aqueixados polo que naquel momento se coñecía como ?reacción hipercinética?.
Deste xeito, en sucesivas publicacións, producíronse importantes avances no coñecemento do cadro hiperactivo:
? A constatación de que os nenos e nenas estudados non tiñan como característica común ningunha dificultade específica na lectura, na lateralidade ou noutros aspectos perceptivos.
? A constatación de que unha parte dos rapaces non tiñan en realidade unha sintomatoloxía de exceso de mobilidade.
? O achado de que a súa actuación no Tests de Execución Continua (ou CPT) estaba claramente afectada, e non só no alto número de erros cometidos, senón tamén na extrema variabilidade dos tempos de resposta.
? Deste xeito, fronte a outros aspectos atencionais (como a atención selectiva ou a atención dividida), nos que non se aprecian especiais dificultades, os nenos e nenas hiperactivos comparten importantes dificultade na atención sostida.
? A evidencia de que o tratamento con estimulantes melloraba substancialmente a capacidade de vixilancia e atención sostida.
? O descubrimento de que, se ben na adolescencia as condutas motrices hiperactivas, soían declinar, as dificultades atencionais permanecían en grande número de casos.
En definitiva, o traballo do grupo de Douglas supuxo a existencia dun paradigma de investigación científica sobre a hiperactividade infantil como antes non tiña existido e que tivo importantes repercusións no futuro desenvolvemento do coñecemento do que hoxe coñecemos como TDAH e no que quizais o xiro máis importante se produciría en 1980 coa publicación da 3ª edición do Manual Estatístico dos Trastornos Mentais (DSM-III). No mesmo, a nomenclatura do trastorno pasaba a denominarse Trastorno por Déficit de Atención (con ou sen Hiperactividade) e constaba de tres bloques de síntomas a ter en conta (os relacionados coa inatención, a impulsividade e o exceso de mobilidade respectivamente).
O desenvolvemento extraordinario da investigación cun volume de publicacións e grupos de investigación como non se tiña producido anteriormente, pode tamén considerarse unha consecuencia do traballo de Douglas e os seus colegas.
Así mesmo, a práctica da diagnose do TDA viuse beneficiada polo emprego dos CPTs que foron desenvolvidos por Keith Conners e outros autores.
Co tempo, fixéronse numerosas críticas ao modelo de Douglas sobre o papel da atención como elemento central para explicar o TDAH, e outros conceptos derivados da investigación sobre as funcións executivas veñen ocupar un papel central nos modelos actuais sobre o trastorno.
Non obstante, desde que en 1902 George Still describira por primeira vez a sintomatoloxía da hiperactividade infantil nas súas célebres conferencias ante o Royal College of Phisicians, o traballo de Virginia Douglas marca un fito senlleiro na historia do coñecemento do TDAH. |
|
|
|
|
|