|
|
Premio na categoría de 14 a 17 anos |
|
O gañador nesta ocasión foi Francisco Castro coa súa obra Un bosque cheo de faias.
Por certo, este autor tamén ten un blog. O seu enderezo chámase A canción do náufrago
Un bosque cheo de faiasé unha historia sobre a violencia neonazi. Un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na cidade: pintadas, agresións aos "diferentes", panfletos que invitan ao odio e á xenofobia... Mais axiña han centrar a súa carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de 15 anos que só desexa ter unha vida normal. Os seus amigos han loitar por lle poñer fin ao abuso e acabar coa persecución e a intolerancia que se centra sobre el. Un bosque cheo de faias é tamén unha historia de amizade, de intriga e de equívocos fatais. |
|
|
|
Premio na categoría de 11 a 14 anos |
|
O gañador nesta categoría é Ramón Caride Ogando coa súa obra A negrura do mar
Esta obra inclúe a novela ?A negrura do mar? e dous relatos longos ?A primeira aventura? e ?O misterio do Prión? e que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en "Perigo vexetal", que tiveron novas entregas na colección Merlín, "Ameaza na Antártida" e "O futuro roubado". Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n? ?A negrura do mar? a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte.
A primeira aventura e a narración dos primeiros acontecementos dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.
Por último, completa estes ?Arquivos de Sheila e Said?, ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, "O misterio do Prión", onde os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño; as avestruces, paxaros preguiceiros de seu, pouco dados ao nerviosismo cando se atopan nun medio coñecido, empezaran a axitarse e a pelexar entre elas sen causa coñecida. Comportamento que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX. |
|
|
|
Premio na categoría de 8 a 11 anos |
|
Na segunda edición do noso premio o gañador foi Xosé Henrique Rivadulla Corcón coa obra o elefante dunha soa orella
Este libro relátanos a historia dun elefante de peluche ó que construíron cunha soa orella e como este sentía que tódolos xoguetes eran preferidos polos rapaces antes ca el porque tiña unha soa orella. Unha rapaciña, orfa de nai, pretende que o pai llo regale polo seu aniversario e logo de moitas peripecias, e grazas á axuda dunha cadela vagabunda e á nova compañeira do pai, acadará o seu ansiado elefantiño de peluche.
Un conto cheo de sensibilidade que fará que os rapaces de 8 anos en diante poidan gozar da lectura e atopen naquilo que non é perfecto o mellor dos regalos. |
|
|
|
Gañadores da segunda edición |
|
Xa se saben os gañadores da segunda edición do Premio literario.
Estes son:
Categoría de 8 a 11 anos:
Xosé Henrique Rivadulla Corcón
?O elefante dunha soa orella?
De 11 a 14 anos
Ramón Caride Ogando
?A negrura do mar?
De 14 a 17 anos
Francisco Castro
?Un bosque cheo de faias?
O premio darase o día 21 de outubro no salón de actos do colexio de "la Salle" dentro das actividades da festa da lingua organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística da FERE. Os gañadores desta edición recibirán o premio de mans dos gañadores da primeira edición. |
|
|
|
Normas de utilización desta páxina |
|
Como todo ten que ter unhas normas así que velaí van as nosas:
1) O idioma desta páxina é o galego.
2) A función deste foro é falar sobre cousas relacionadas directa ou indirectamente con este premio literario. Se é utilizado con outras funcións o xestor do mesmo verase obrigado a eliminar as colaboracións non axeitadas (cousa que non desexa nin o xestor nin ninguén)
3) Eliminaranse inmediatamente aqueles comentarios insultantes, malsoantes ou calquera que o xestor considere opotuno.
4) Eliminaranse tamén aqueles que teñan unha ortografía deficiente. De ningún xeito se admitirán colaboracións con "linguaxe sms".
GRAZAS A TODOLOS QUE COLABOREN. Desexamos que pasedes bos momentos neste proxecto. |
|
|
|
Benvidos |
|
Sede todos benvidos ao blog do premio liteario Frei Martín Sarmiento. Este blog está pensado para poñer en contacto á toda a xente vinculada a este premio.
O premio literario Frei Martín Sarmiento está promovido polos equipos de Normalización Lingüística da FERE. É un premio de literatura infantil e xuvenil no cal actúan de xurado os propios rapaces e rapazas. Na pasada edición (xa van dúas e comezamos este curso coa terceira) participaron máis de 2300 rapaces e rapazas de toda Galiza.
Iremos actualizando e contando como se foi desenvolvendo o premio na edición pasada así como nesta edición que estamos a piques de comezar. |
|
|
|
|
|
|