O 3 de maio, en horario de 17.00 h a 19.00 h no Salón Carlos V do Hotel Monumento San Francisco entregáronse os premios literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola súa décimo quinta edición, e os da décima edición do certame de curtametraxes Rec-Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio do Festival de Cans. O acto, que foi conducido pola xornalista e locutora da cadea COPE Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján.