Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas. |
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sobre o Premio " Frei Martín Sarmiento " |
|
O Premio Frei Martín Sarmiento non é só para quen escribe un libro en galego, é tamén para quen o le e o recomenda, para quen quere que ese libro sexa o seu compañeiro de xogos e de soños durante un tempo, porque así afastamos a soidade e o aburrimento. O premio, realmente, é que o libro reciba tanto agarimo.
Paula Carballeira |
|
|
|
Sobre " bruxa e familia " |
|
Dicían que a miña avoa era unha bruxa, unha bruxa desas que poden axudar á xente porque saben cousas que outras persoas esqueceron. Cando fun vivir a unha casiña de pedra, a carón dunha carballeira, decateime de que se cadra dirían que eu tamén son unha bruxa, porque vivo cun par de gatas e conto historias de medo que dan arrepíos, sobre todo pola noite, ao imaxinar o que agocha a escuridade. A bruxa do meu libro non son eu, pero podería selo. A familia da bruxa do meu libro parécese moito á miña (aínda que o meu irmán non adoita andar polos tellados, que eu saiba) e eu querería que quen lese o libro se sentise parte da familia desta bruxa á que lle gusta poñer nomes e facer tortas de aniversario.
Paula Carballeira
|
|
|
|
María Lado + 5 minutos |
|
Síntome feliz de que o noso libro 5 minutos estea de finalista no Premio Frei Martín Sarmiento porque é un premio que escollen as persoas que máis saben de libros: as lectoras e os lectores! Que esta historia que eu escribín con tantas ganas lles guste a nenas e nenos é marabilloso. Estou moi emocionada, moitas grazas.
Cando os meus fillos e eu temos que agardar nalgún sitio, inventamos sempre xogos para pasar o tempo, pero sobre todo observamos as cousas que hai ao noso redor. Deses xogos naceu este libro, co que quería contar á xente que se miras con atención o mundo hai moitas cousas en que enredar. E tamén moita poesía. Eu quería que este libro servise para pasar un anaquiño entretido, porque neses momentos o tempo pasa voando. E foi un pracer poder facelo con Nove Noel, que lle deu vida a todos os personaxes cos seus lapis e cores.
María Lado
|
|
|
|
Varias propostas para celebrar o día de Rosalía nas Escolas Católicas |
|
Velaquí algunhas delas:
En VIGO, sete colexios uníronse para teren Un Día con Rosalía e Un café con?
Compañía de María, María Auxiliadora, Miralba, Apóstol Santiago, El Pilar, Don Bosco e San José de Cluny dedicáronlle dous días á homenaxe. O xoves 22, orgnizaron Un café con? dirixido a adultos (profesorado, pais, nais e alumnado de Bach, e calquera persoa interesada) contaron coa presenza de Núñez Singala para tratar o tema dos prexuízos lingüísticos. O venres, obradoiros, recitais, xogos, cancións? ademais da colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, contribuíron a facer un Día de Rosalía, memorable.
OURENSE: o luns 25, no salón de plenos da Deputación de Ourense, tras a lectura dun manifesto por parte do coordinador de zona Xulio César Iglesias Blanco, o alumnado de Maristas, Josefinas, Carmelitas, Franciscanas e Salesianos recitarán varios poemas da autora, lerán un manifesto e cantarán algún dos poemas musicados da autora.
En LUGO, foron varios os colexios que conmemoraron este día. Entre eles, A Milagrosa que elaborou unha biografía en códigos QR da autora.
En FERROL, tamén foron varios centros que secundaron a iniciativa do ?caldo de Gloria?, entre eles o colexio Compañía de María.
En SANTIAGO, todos os centros da cidade se sumaron ao ?caldo de Gloria? ademais de organizar numerosos recitais e actividades de lembranza da súa figura.
Por último, a secretaria autonómica Juana Otero e a responsable de Innovación Pedagóxica e Dinamización Lingüística Charo Baleirón, tamén estiveron presentes na ofrenda á escritora realizada pola Fundación Rosalía de Castro na Alameda compostelá así como no acto que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos.
Tamén se fixeron eco das nosas actividades os medios como Faro de Vigo, La Voz de Galicia ou La Región
Premer O día de Rosalía
|
|
|
|
Roteiro literario por Compostela. Antonio Fraguas |
|
Unha proposta didáctica e de lecer elaborada por Escolas Católicas co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
Premer Roteiro |
|
|
|
Rigoroso estudo sobre os apelidos galegos |
|
Todos os apelidos e nomes de Galicia son posteriores á romanización e non hai ningunha forma nova desde 1870. O apelido máis común en Galicia é Rodríguez (237.00o persoas que portan este apelido). A maioría dos apelidos actuais son galegos e lévaos algo máis do 40% da poboación. O 17% dos apelidos sufriron a castelanización no século XVI. Máis de 21.000 apelidos só teñen un portador. Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle son algúns apelidos en perigo de extinción. Estes son algúns dos datos achegados no volume 'Antroponimia e lexicografía, que recolle unha serie de investigacións galegas e estranxeiras que ten como autora do texto a docente e investigadora Ana Isabel Boullón e que publican o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Consello da Cultura Galega (CCG).
Tamén se recolle un estudo sobre o valor simbólico dos nomes e apelidos, é dicir, á relación entre o apelido e a identidade. Neste punto tamén se conclúe que existen prexuízos ideolóxicos cara a aquelas persoas que deciden cambiar para o galego os seus nomes e apelidos. Tamén existe repulsa cara ás traducións dos nomes casteláns pero non teñen a mesma consideración se se traducen ao inglés: ?Moléstalle máis que lle chamen Xurxo ca George?, comentaba un rapaz.
?Estamos ante unha obra que reúne unha serie de traballos realizados por algúns dos mellores especialistas nos seus ámbitos e que procura avanzar no coñecemento científico dos apelidos en xeral, con especial atención aos apelidos galegos?, afirmou Ana Isabel Boullón.
Máis Info: nas páxinas do Consello da Cultura Galega, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Sermos Galicia, Galicia Confidencial.
Podes ver e descargar o volume premendo neste enlace:
- Antroponimia e lexicografía>
|
|
|
|
Reunión do EDLG da provincia de Lugo |
|
O Divino Maestro acolleu a xuntanza dos EDLG da provincia de Lugo |
|
|
|
Éxito rotundo na XIV Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas |
|
O momento máis emotivo da xornada foi a homenaxe a Elixio Rivas Quintas, padre Paúl, mestre durante moitos anos no colexio San Narciso de Marín, escritor, etnógrafo, lingüista. Un lexicógrafo experto, sobre todo, en toponimia, onomástica e no Camiño de Santiago.
O venres 23 de novembro reuníronse case cen persoas, de centros privados, concertados e públicos, no Consello da Cultura Galega para asistir á nosa Xornada de Normalización Lgtca.
Varios medios e páxinas fanse eco da noticia:
- El Correo Gallego (24/11/2018)>
- El Correo Gallego (25/11/2018)>
- Xunta de Galicia (23/11/2018)>
- Noticiade (23/11/2018)>
- Portal de Lingua Galega (23/11/2018)>
- Consello da Cultura Galega (23/11/2018)>
- Ver galería>
|
|
|
|
Reunión dos EDLG da pronvincia de Pontevedra |
|
Desde Escolas Católicas promovemos unha dinamización lingüística que teña en conta a contorna social na que se encontran localizados os colexios, a relación/participación/colaboración co Concello, coas entidades, asociaciacións, organismos que traballan a prol da lingua e, sobre todo, que as actividades que se organizan sexan modelo de relación intercentros.
Partindo destas premisas, onte tivo lugar a reunión dos coordinadores dos equipos de EDLG dos colexios adheridos a Escolas Católicas da provincia de Pontevedra . Segundo Cousido, coordinador de zona, recibiu no colexio María Auxiliadora de Vigo os coordinadores de nove colexios para actualizar e compartir inquedanzas ao redor do tema administrativo e programar as actividades comúns ao redor da dinamización lingüística, para este curso escolar. Entre as actividades propostas destaca a celebración, un ano máis, do Día de Rosalía -o 22 de febreiro- e a segunda edición de Un café con..., tras o éxito da primeira onde contaron coa presenza de Helena Villar.
Tamén se presentou a XIV Xornada de Normalización Lingüística que terá lugar o día 23 de xaneiro no Consello da Cultura Galega onde se lle renderá homenaxe a D. Elixio Rivas.
|
|
|
|
Entrevista a un dos autores finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento |
|
Entrevista a Afonso Eiré, finalista da decimo quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento co libro Memorias dunha vaca marela.
- Afonso Airé na Cope>
|
|
|
|
|
|
|
|
|