Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas. |
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Premio na categoría de 11 a 14 anos |
|
O gañador nesta categoría é Ramón Caride Ogando coa súa obra A negrura do mar
Esta obra inclúe a novela ?A negrura do mar? e dous relatos longos ?A primeira aventura? e ?O misterio do Prión? e que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en "Perigo vexetal", que tiveron novas entregas na colección Merlín, "Ameaza na Antártida" e "O futuro roubado". Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n? ?A negrura do mar? a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte.
A primeira aventura e a narración dos primeiros acontecementos dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.
Por último, completa estes ?Arquivos de Sheila e Said?, ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, "O misterio do Prión", onde os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño; as avestruces, paxaros preguiceiros de seu, pouco dados ao nerviosismo cando se atopan nun medio coñecido, empezaran a axitarse e a pelexar entre elas sen causa coñecida. Comportamento que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|