II CONCURSO NACIONAL MAIORES cON Iniciativa (16-02-2010) Galicia terá tres finalistas, doús feitos dentro da BlogotecaEntregáronse os premios ás tres mellores iniciativas do I Concurso 'Maiores cON Iniciativa' Galicia 2009, organizado por Fundetec para recoñecer o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas orixinais que fomentan a inclusión das persoas maiores na Sociedade da Información.
Galicia foi moi activa neste certame onde das 88 candidaturas presentadas, 16 son galegas ptomovidas a través da rede de Centros de Dinamización da Sociedade da Información.
As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminina, do Concello de Allariz. Recompilación dos usos e tradicións das diferentes herbas medicinais da zona, realizando fotografías das mesmas e colgando toda esta información nun blog. Deste xeito, estes coñecementos transmitiranse ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías.
Bergantiños: pasado e presente, do Centro de Dinamización de Carballo. Vivencias, recordos e tradicións relacionadas coa súa terra, publicando os seus textos e as súas fotografías para póras a disposición de calquera persoa que queira coñecer mellor a historia da bisbarra de Bergantiños.
Memoria de Muller de Ribadeo, do Centro de Dinamización de Ribadeo. Recuperar a memoria histórica da muller galega e transportar os seus recordos cara ao futuro.
Ademais de recibir como premio un trofeo tecnolóxico, estas tres iniciativas pasarán ao final nacional, canda as mellores iniciativas do resto das comunidades autónomas participantes, e poderán optar ao Premio do II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa 2009, que se resolverá o 25 de febreiro en Madrid. |