AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ (25-02-2010) Gañadora do II Concurso Nacional Maiores cON IniciativaFundetec entregou hoxe en Madrid os premios do seu II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa, que recoñece o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas orixinais para fomentar a inclusión das persoas maiores na Sociedade da Información, así como a predisposición destas a aprender algo novo e perder o medo ás tecnoloxías.
A iniciativa gañadora elixida polo Xurado foi 'As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino', este blog feito dentro do sistema de Blogoteca e impulsado polo Concello de Allariz (Ourense) contou cá participación de 150 mulleres de medios rurais que recompilaron os usos e tradicións das diferentes herbas medicinais da zona, realizando fotografías das mesmas compartindo estos coñecementos para a transmisión ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías.
Dende eiqui o reconocemento o traballo ben feito, a enoraboa e o agradecemento por elexir a Blogoteca para a realización deste proxecto. |