Xa está en marcha a FOTOBLOGOTECA (13-01-2007) Como xa vos avisaramos nunha anterior mensaxe, estes dias estamos a realizar melloras no servicio da Blogoteca.Ademais de pequenos detalles (como a nova opción de activar ou desactivar os comentarios recibidos) a partires de agora tódolos usuarios tedes habilitada a vosa FotoBlogoteca particular..
Para saber como empregala contades cun tutorial de uso na web da blogoteca. Lembrade que as fotos que subades teran que estar en formato JPG, cun tamaño máximo de 150kb.. e coidando sempre do nome dos arquivos (nomes cortos, sen espazos nin caracteres especiais).
Para calquera dúbida que vos poida xurdir sabedes tamén que contades con este enderezo electrónico. Ao que tamén podedes escribir se detectades algún problema cos vosos blogs, ou se non recibíchedes resposta dalgunha das vosas mensaxes nestes días. |