O día 4 de maio coñecéronse os gañadores da décimo cuarta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O acto, contou coa presenza do Secretario Autonómico de Escolas Católicas, J. Ignacio Parajó Calvo e co secretario xeral de Política Lingüística, Valetín García así como coa de distintas personalidades do ámbito da cultura, ademais dunha representación do alumnado e dos pais que participaron no premio literario.
Os gañadores desta XIV edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:
Educación Infantil
PREGO, LUIS;
Xogos musicais; Edicións do Cumio
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
FERRER, ÁNXELES;
O sombreiro do mago; Ed. Xerais
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
VILLAR JANEIRO, HELENA;
Contos do sol e da lúa; Ed. Alvarellos
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
BABARRO, XOÁN;
Hilario e os tres medos; Ed. Santillana
4ª categoría: 1º e 2º de ESO
DÍAZ VALADARES, FRANCISCO;
Tras a sombra do bruxo; Ed. Rodeira-edebé
5ª categoría: 3º e 4º de ESO
PRADO, MIGUELANXO;
Presas fáciles; El Patito editorial
6ª categoría: bacharelato e adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN;
A ferida do vento; Ed. Galaxia
Ver galería>