Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que ben o pasamos
Pois si, o sábado foi a festa da lingua. Ala alá fomos nun día chuvioso. Nun primeiro momento tivemos a oportunidade de coñecer ós gañadores e falar un ratiño con eles. Ramón Caride non puido vir pero pediu desculpas e mandou a quen o substituise. Logo o momento máis "serio" do día. A entrega de premios. Toda a rapazada aguantou moi seria vendo ós persoeiros. Despois un mago estivo un anaquiño facéndonos pasar un bo rato.
Pola tarde, máis festa. Inchables, touro mecánico, obradoiros, futbolín humano (no que os profesores demostraron a súa superioridade) e moi bo humor.
Ler é divertido, e a recompensa por facelo está clara. Pero aínda por riba se hai unha festa... mellor. E o curioso era ver a rapaces e rapazas de lugares "donde no se habla el gallego" lanzándose a falar en galego cos autores ou entre eles. Incluso un curruncho no que se podía escribir o que se quixese libremente estaba cheo de frases en galego. A lingua estaba de festa, e pasouno macanudamente o sábado. Xa contamos os días que faltan para a do ano que vén. E xa sabemos, para participar nela hai que ler os libros. Pero se por facer algo que nos gusta facemos unha festa, paga a pena logo.
Se falas galego fálao ben, e se o falas mal, fálao tamén.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2006 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da lingua
Coa entrega de premios, os centros que participaron no premio terán unha festiña. Ata o Colexio de "la Salle" irán preto de tres centos rapaces. Alí haberán toda unha serie de actividades coma inchables, obradoiros de tatuaxes, faladoiros con escritores, contacontos... e por suposto a presenza dos premiados para que os rapaces poidan falar con eles. Tentaremos informar do evento.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2006 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Premio na categoría de 14 a 17 anos

O gañador nesta ocasión foi Francisco Castro coa súa obra Un bosque cheo de faias.
Por certo, este autor tamén ten un blog. O seu enderezo chámase A canción do náufrago

Un bosque cheo de faiasé unha historia sobre a violencia neonazi. Un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na cidade: pintadas, agresións aos "diferentes", panfletos que invitan ao odio e á xenofobia... Mais axiña han centrar a súa carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de 15 anos que só desexa ter unha vida normal. Os seus amigos han loitar por lle poñer fin ao abuso e acabar coa persecución e a intolerancia que se centra sobre el. Un bosque cheo de faias é tamén unha historia de amizade, de intriga e de equívocos fatais.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2006 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Premio na categoría de 11 a 14 anos

O gañador nesta categoría é Ramón Caride Ogando coa súa obra A negrura do mar
Esta obra inclúe a novela ?A negrura do mar? e dous relatos longos ?A primeira aventura? e ?O misterio do Prión? e que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en "Perigo vexetal", que tiveron novas entregas na colección Merlín, "Ameaza na Antártida" e "O futuro roubado". Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n? ?A negrura do mar? a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte.
A primeira aventura e a narración dos primeiros acontecementos dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.
Por último, completa estes ?Arquivos de Sheila e Said?, ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, "O misterio do Prión", onde os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño; as avestruces, paxaros preguiceiros de seu, pouco dados ao nerviosismo cando se atopan nun medio coñecido, empezaran a axitarse e a pelexar entre elas sen causa coñecida. Comportamento que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2006 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Premio na categoría de 8 a 11 anos

Na segunda edición do noso premio o gañador foi Xosé Henrique Rivadulla Corcón coa obra o elefante dunha soa orella
Este libro relátanos a historia dun elefante de peluche ó que construíron cunha soa orella e como este sentía que tódolos xoguetes eran preferidos polos rapaces antes ca el porque tiña unha soa orella. Unha rapaciña, orfa de nai, pretende que o pai llo regale polo seu aniversario e logo de moitas peripecias, e grazas á axuda dunha cadela vagabunda e á nova compañeira do pai, acadará o seu ansiado elefantiño de peluche.
Un conto cheo de sensibilidade que fará que os rapaces de 8 anos en diante poidan gozar da lectura e atopen naquilo que non é perfecto o mellor dos regalos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2006 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores da segunda edición
Xa se saben os gañadores da segunda edición do Premio literario.
Estes son:

Categoría de 8 a 11 anos:
Xosé Henrique Rivadulla Corcón
?O elefante dunha soa orella?

De 11 a 14 anos
Ramón Caride Ogando
?A negrura do mar?

De 14 a 17 anos
Francisco Castro
?Un bosque cheo de faias?

O premio darase o día 21 de outubro no salón de actos do colexio de "la Salle" dentro das actividades da festa da lingua organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística da FERE. Os gañadores desta edición recibirán o premio de mans dos gañadores da primeira edición.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2006 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0