|
Aviso importante
|
Agora esta característica está habilitada en todos os Blogs do noso sistema.
|
|
Galerías
|
Dende aquí podes xestionar as galerías de fotos nas cales vas clasificar as fotos que compartas no teu Blog.
Podes listar, crear, modificar e borrar galerías.
A información a introducir por galería é a seguinte:
- Título: O nome da galería que aparecerá no menú lateral do teu Blog.
- Presentación: Unha descripción da galería.
- Ancho pequenas: Ancho co que queres que aparezan as miniaturas das fotos. Se pós cero faranse dun ancho proporcional á altura.
- Alto pequenas: Alto co que queres que aparezan as miniaturas das fotos. Se pós cero faranse dun alto proporcional ao ancho.
- Ancho fotos: Ancho co que queres que aparezan as fotos. Se pós cero faranse dun ancho proporcional á altura.
- Alto fotos: Alto co que queres que aparezan as fotos. Se pós cero faranse dun alto proporcional ao ancho.
- Fotos por páxina: Cantas miniaturas queres por páxina.
- Nº de columnas: En cantas columnas queres que se presenten as miniaturas.
- Fondo: Cor de fondo para o recheo que se lle teña que engadir ás fotos para que alcancen o alto e ancho especificado.
- Orde: Se pós orde cero a galería non aparecerá no menú do teu Blog.
|
|
Fotos
|
Dende aquí podes xestionar as fotos que queiras compartir no teu Blog.
Podes listar, crear, modificar e borrar fotos.
A información a introducir por cada foto é a seguinte:
- Titulo.
- Galería: Á que queres que pertenza a foto.
- Texto: Asociado coa foto.
- Imaxe: Dende aquí podes subir a foto ao noso servidor. A foto debe estar en formato JPEG. O ficheiro que subas non pode ter un tamaño superior aos 150 KB. Recorda que o tamaño co que se verá a foto vai ser o que especifiques ao crear a galería.
- Orde: Se pós cero a foto non aparecerá na galería.
|
|
Comentarios
|
Dende aquí podes xestionar os comentarios ás fotos que che chegen dos usuarios que visiten o teu Blog.
Podes listar, modificar e borrar comentarios.
Podes buscar os comentarios por foto á que pertencen, por datas ou polo seu estado de activado ou non.
Cada comentario ten asociada a seguinte información:
- Data: Cando se fixo o comentario.
- Nome.
- E-mail.
- Comentario: Texto do comentario que podes editar se queres.
- Activo. Indica se o comentario se verá no teu Blog.
Por defecto os comentarios aparecen co estado que indiques en "Configuración/Datos básicos" e só se tes activada a opción de admitir comentarios. Se indicaches unha dirección na opción de E-mail notificación de comentarios en "Configuración/Datos básicos" recibiras un e-mail cada vez que alguén deixe un comentario.
|