Ir � paxina principal  
O meu espazo: Usuario Contrasinal
Blogs
Artigos
Imaxes
Ligazóns
listado de Blogs
descrición do sistema
tutorial de uso
novas
consultas
contacto
Últimas novas
29-12-2011
A BLOGOTECA SUPERA AS 42.000 IMAXES
25-02-2010
AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ

Artigos

Como publicar os teus artigos.

Categorías
Dende aquí podes xestionar as categorías nas cales vas clasificar os artigos que publiques.

Podes listar, crear, modificar e borrar categorías.

Cada categoría ten asignado un título que é o que aparecerá no teu Blog.

Para que estas categorías aparezan no teu Blog debes terlle asignado un número de orde á sección "Categorías" no apartado "Configuración/Formatos"

Ten coidado ao borrar unha categoría pois borraranse todos os artigos e comentarios asociados con ela.

Por defecto xa tes creada unha categoría "Xeral" para que poidas asociar a ela os teus artigos se non queres crear ningunha máis.

É necesario que teñas unha categoría como mínimo para poder publicar os teus artigos.

Artigos
Dende aquí podes xestionar os artigos que publiques.

Podes listar, crear, modificar e borrar artigos.

A información a introducir por artigo é a seguinte:

- Título.
- Categoría: Unha das que previamente creaches.
- Texto.
- Borrador: Decide se queres que a xente poida ver o artigo, se marcas esta opción o artigo non aparecerá publicado.
- Admitir comentarios: Decide se queres que a xente poida comentar o teu artigo. Por defecto aparece o que elexiras en "Configuración/Datos básicos".
- Artigo destacado: Decide se queres que o artigo apareza na sección de destacados do menú do teu Blog. Para que esa sección sexa visible tes que lle ter asignado un número de orde en "Configuración/Formatos".
- Imaxe: Podes subir unha imaxe ao noso servidor para asociala con este artigo (o teu Blog debe ter activada esta característica). O tamaño da imaxe non pode exceder os 150 KB.
- Posición imaxe: Indica a posición da imaxe con respecto ao texto.
- Descrición da imaxe: Usa esta caracteríca para mellorar as buscas en Blogoteca.com.
- Marxe imaxe: Pixels ao redor da imaxe.
- Enlaces: Podes incluír ligazóns a outras páxinas que queiras asociar co teu artigo. Intenta describir ben a ligazón para facilitar as buscas en Blogoteca.com.

Ao borrar un artigo tamén se borrarán as imaxes, enlaces e comentarios que teñas asociados con el.

Comentarios
Dende aquí podes xestionar os comentarios que che chegen dos usuarios que visiten o teu Blog.

Podes listar, modificar e borrar comentarios.

Podes buscar os comentarios por artigo ao que pertencen, por datas ou polo seu estado de activado ou non.

Cada comentario ten asociada a seguinte información:

- Data: Cando se fixo o comentario.
- Nome.
- E-mail.
- Comentario: Texto do comentario que podes editar se queres.
- Activo. Indica se o comentario se verá no teu Blog.

Por defecto os comentarios aparecen co estado que indiques en "Configuración/Datos básicos" e só se tes activada a opción de admitir comentarios. Se indicaches unha dirección na opción de E-mail notificación de comentarios en "Configuración/Datos básicos" recibiras un e-mail cada vez que alguén deixe un comentario.


© by Abertal
o sistema | tutorial de uso | novas | consultas | contacto | aviso legal Subir al inicio de la página