Ir � paxina principal  
O meu espazo: Usuario Contrasinal
Blogs
Artigos
Imaxes
Ligazóns
listado de Blogs
descrición do sistema
tutorial de uso
novas
consultas
contacto
Últimas novas
29-12-2011
A BLOGOTECA SUPERA AS 42.000 IMAXES
25-02-2010
AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ

Configuración

Como configurar o teu Blog.

Datos básicos
Dende aquí podes xestionar a información básica sobre o teu Blog. Este debería ser o primeiro paso que fagas.

A información que podes incluír é:

- Nome: Asígnase ao crear o Blog e non pode ser modificado. O nome é o que determina a túa dirección dentro de Blogoteca.com.
- Título: É o texto que aparecerá como título da páxina e sobre a imaxe de cabeceira.
- Idioma: Idioma do Blog. Afecta aos nomes dos meses no arquivo.
- Imaxe cabeceira: Se queres podes cambiar a imaxe de cabeceira que ven asociada co deseño.
- Descrición breve: Este texto aparecerá no menú lateral do Blog.
- Presentación: Este texto aparecerá no menú lateral do Blog debaixo da "Descrición breve".
- Imaxe contacto: Esta imaxe aparece debaixo da "Presentación". Por defecto cada deseño asigna unha que despois podes cambiar. Se non utilizas unha imaxe aparece o texto que indiques en "Configuración/Textos".
- E-mail privado: É o que indicaches ao dar de alta o Blog. Non se pode cambiar e nunca aparecerá visible no Blog.
- E-mail público: É opcional. Se indicas un aparecerá debaixo da imaxe de contacto.
- Contrasinal: Podes cambiar o contrasinal que indicaches ao dar de alta o Blog.
- Admitir comentarios: Podes indicar se queres que a xente que visite o teu Blog poida deixar comentarios. Isto tamén o podes facer independentemente para cada artigo.
- E-mail notificación comentarios: Se indicas un, cada vez que recibas un comentario chegarache un e-mail a esa dirección avisándote.
- Nº de artigos en portada: Podes indicar o número máximo de artigos que queres que aparezan na portada. Este tamén é o número de artigos por páxina nas buscas.

Formatos e cores
Dende aquí podes personalizar a apariencia do teu Blog.

A información que podes incluír é:

- Fondo de páxina: Ao redor do Blog.
- Aliñación de páxina: Á esquerda, ao centro ou á dereita.
- Marxe de páxina: Ao redor do Blog.
- Ancho de páxina: O ancho do Blog. Mídese en pixels e un tamaño de 770 é o ideal para unha boa visión en monitores cunha resolución de 800x600.
- Ancho do borde: En pixels. O borde rodea as distintas seccións do Blog.
- Cor do borde: Se indicaches un "Ancho de borde" tamén podes indicar unha cor.
- Marxe interno: Separación en pixels entre o borde e os contidos do Blog.

- Fondo do título: A cor de fondo da imaxe de cabeceira.

- Posición do menú: Podes indicar se queres o menú á esquerda ou á dereita.
- Ancho do menú: Ancho en pixels que ocupa o menú.
- Fondo do menú: Cor de fondo para o menú.
- Fondo de sección: Cor de fondo para as cabeceiras das distintas seccións do menú.
- Alto da separación: Separación en pixels entre os distintos elementos do menú.

- Fondo dos contidos: Cor de fondo para a zona de contidos do Blog.
- Alto da separación: Separación en pixels entre os distintos elementos da zona de contidos.

- Orde das seccións: Aquí podes indicar que seccións queres que aparezan e cales non (poñéndolles un cero). As seccións aparecerán ordenadas no menú segundo estes números. As de menor número de orde aparecen primeiro.

- Fondo do título: Cor de fondo para os títulos dos artigos.
- Fondo dos contidos: Cor de fondo para o corpo dos artigos.
- Fondo dos comentarios: Cor de fondo para os comentarios e para a información que aparece ao pé dos artigos.

- Fondo do pé: Cor de fondo para o pé.
- Aliñación do pé: Aliñación do texto do pé do Blog.

** Todos estos valores sobreescríbense ao cambiar de deseño.

Estilos para o texto

1.- Título do Blog
2.- Artigos título
3.- Artigos Normal
4.- Artigos Ligazóns
5.- Comentarios Normal
6.- Comentarios Ligazóns
7.- Contacto Título
8.- Contacto Normal
9.- Menú Título
10.- Menú Normal
11.- Pé

Podes cambiar para cada estilo de texto os seguintes parámetros.

- Fonte: O tipo de letra.
- Tamaño: En pixels.
- Negriña.
- Cor: A cor do texto.
- Ligazóns subliñadas. Se queres que as ligazóns aparezan subliñadas.

** Todos estos valores sobreescríbense ao cambiar de deseño.

Textos
Dende aquí podes personalizar unha serie de textos fixos que aparecen no teu Blog.

Utilizando esta opción podes facer que o teu Blog apareza no idioma que ti prefiras.

Deseños

Utiliza algún dos nosos deseños para darlle forma ao teu Blog.

Esta opción substitúe a información de formato, a imaxe de cabeceira e a imaxe de contacto polas asociadas co deseño seleccionado.


© by Abertal
o sistema | tutorial de uso | novas | consultas | contacto | aviso legal Subir al inicio de la página