Ir � paxina principal  
O meu espazo: Usuario Contrasinal
Blogs
Artigos
Imaxes
Ligazóns
listado de Blogs
descrición do sistema
tutorial de uso
novas
consultas
contacto
Últimas novas
29-12-2011
A BLOGOTECA SUPERA AS 42.000 IMAXES
25-02-2010
AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ

Xeral

Aspectos xerais da administración.

Identificador do Blog
Cando entras no teu Panel de administración verás que tes a pantalla dividida en dúas partes. Á esquerda tes un menú fixo e á dereita está o espazo no que aparecerán as distintas pantallas de configuración.

A carpeta superior do menú ten como nome o do teu Blog. Pulsando neste nome podes ver na dereita o aspecto do teu Blog. Utiliza esta característica para ver como vai cambiando o teu Blog en función das modificacións que vas facendo no Panel de administración.

Barra de formato

Nalgunhas pantallas do Panel de administración podes ter a posibilidade de introducir textos largos con formato. Para asignar estes formatos podes facelo directamente utilizando HTML ou ben podes utilizar unha pequena barra de formato que aparece á esquerda do espazo que estás enchendo.

Nesta barra podes ver unha serie de iconos que che permiten crear varios formatos sobre o texto dunha forma fácil.

As opcións que tes son as seguintes:

- Letra en negriña.
- Letra en cursiva.
- Letra tachada.
- Letra subliñada.

- Aliñar á esquerda.
- Aliñar ao centro.
- Aliñar á dereita.
- Xustificar o texto.

- Notas a pé de páxina.
- Enlaces a URLs.
- Liñas horizontais.
- Imaxes.

En función do botón que pulses pediránseche unha serie de datos para completar a operación.

Podes seleccionar o texto ao que queres poñerlle o formato. Se non o fas o texto formateado engadirase ao final.

Axuda
Dende aquí podes acceder a estas páxinas de axuda.

Pechar sesión
Unha vez rematado o traballo de administración no teu Blog é boa idea que uses esta opción para saír do panel. Se non o fas así arríscaste a que outra persoa poida entrar no teu panel de administración dende ese mesmo equipo sen saber os datos de acceso.

Recorda utilizar sempre este método para saír do Panel de administración.

Soporte
Se tes algún problema co Panel de administración e non atopas a solución nestas páxinas de axuda podes utilizar esta ligazón para contactar connosco.

Trataremos de darche unha solución o antes posible.


© by Abertal
o sistema | tutorial de uso | novas | consultas | contacto | aviso legal Subir al inicio de la página