Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gañadores da XVIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec - Curta





XVIII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO


Obras e autores gañadores na XVIII edición. Parabéns!

A sede do Museo Pedagóxico de Galicia acollía o trece de maio o acto de entrega dos XVIII Premios Literarios Frei Martín Sarmiento, organizados por Escolas Católicas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lgtca. Máis de cen asistentes, entre os que se encontraban os galardoados/as, editores/as e representantes do alumnado asistiron ao evento, que foi dirixido pola presentadora da TVG, Lucía Veiga.
Tras a inauguración, que correo a cargo de Juana Otero, secretaria autonómica de EC, e de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, desveláronse os gañadores desta décimo oitava edición.

Os galardóns que outorga anualmente o alumnado de Escolas Católicas recoñeceron nesta ocasión a obras Luces sobre a ría de Roberto A. Rodrigues, publicado por Urco Editora, na categoría de Bacharelato e adultos.

O alumnado de 3º e 4º da ESO seleccionou Como lágrimas na chuvia, de Jordi Sierra i Fabra na súa edición de Galaxia, como obra predilecta na categoría de tradución, mentres os dous cursos anteriores preferiron O couso, de David Walliams para o galardón. O Plan de rescate de Antía Yáñez impúxose en 5º e 6º de primaria e Patio de luces de Erika Esmorís en 3º e 4º. Entre os dous primeiros cursos do ciclo Mortiña de Bárbara Cantini foi o predilecto, mentres no Ensino Infantil a selección decantouse por Como se di, de Lawrence Schimell e Thiago Lopes.

Por editoras, Xerais acumulou dous galardóns, mentres Sushi Books, Hércules de Ediciones, Galaxia e Urco levaron un. Preto de 3.000 membros do alumnado do país participou no proceso de selección a partir dunha serie de finalistas escolleito polo seu profesorado.

REC.CURTA
Foron 11 curtametraxes as candidatas aos premios REC.curta deste ano. Un certame que busca fomentar o uso da lingua galega no ámbito do audiovisual escolar.
A curtametraxe que obtivo o recoñecemento como Mellor Curta da primeira categoría, dirixida a alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, foi Máscaras, elaborada por alumnado do Colexio Franciscanos de Lugo, onde tratan o tema dos “efectos colaterais” do uso das máscaras durante a pandemia.
Na segunda categoría, foi a curta A luz escura a que se fixo co recoñecemento á mellor curta. Un proxecto elaborado por alumnado do colexio Esclavas da Coruña onde un grupo de amigos vende a súa alma para conseguir o que quere.
Ademais, cómpre destacar tamén o premio á Mellor curta de animación que recaeu en É cousa de todos, do colexio de San Xosé de Ourense.


INFANTIL
Como se di. Lawrence Schimell e Thiago Lopes (ilust.). Alvarellos Editora

1ª CATEGORÍA (1º/2º Primaria)
Mortiña. Bárbara Cantini. Hércules de Ediciones

2ª CATEGORÍA (3º/4º Primaria)
Patio de luces. Erika Esmorís. Xerais

3ª CATEGORÍA (5º, 6º Primaria)
Plan de rescate. Antía Yáñez. Xerais

4ª CATEGORÍA 1º/ 2º ESO
O couso. David Walliams. Sushi Books

5ª CATEGORÍA (3º/4º ESO)
Como lágrimas na chuvia. Jordi Sierra i Fabra. Traducido por Xesús Domínguez Dono. Galaxia

6º CATEGORÍA BACH e adultos
Luces sobre a ría. Roberto A. Rodrigues. Alcaia. Urco



PREMIOS REC.CURTA 2022 1ª categoría

MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Máscaras, realizada por alumnado de 1º ESO, 2º E 3º de ESO do colexio Franciscanos de Lugo

MELLOR USO DA LINGUA
Unha nave, unha ponte, unha aventura do colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa.

MELLOR ACTRIZ
Sabela González Grosi, que interpreta a acosada en Cómplices do colexio carmelitas de Vigo.

MELLOR ACTOR
Martín Rodríguez Díaz que interpreta o pai en Todos xuntos, mellor! Do colexio Nosa Señora do Carme de Betanzos, unha curtametraxe baseada na visón do confinamento dende o futuro.

MELLOR PELÍCULA
MÁSCARAS, realizada por alumnado de 1º ESO, 2º E 3º de ESO do colexio Franciscanos de Lugo.



PREMIOS REC.CURTA 2022 2ª categoría

MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Toma os dereitos e corre, do colexio Inmaculada de Lugo que xira ao redor da idea de que a humanidade, pola súa ansia de conseguir cartos, decide vender os seus dereitos humanos.

MELLOR ACTRIZ
Violeta González, pola súa interpretación de Alice en Herdanza de sangue, do colexio Santa María de Tui.

MELLOR ACTOR
Diego Varela, pola súa inmensa interpretación de Laurenciano en Ramas dunha mente demente, unha curta do colexio Don Bosco da Coruña que trata o tema, tan actual, da saúde mental.

MELLOR USO DA LINGUA
O tabú do silencio, do colexio Inmaculada de Lugo. Unha curta que, ademais, destaca polo seu tratamento do tema do acoso e dos valores.

MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN
É cousa de todos, do colexio San José de Ourense onde queremos destacar, especialmente, o tratamento dos valores cando dúas vilas se ven obrigadas a enfrontarse para combater un virus que acaba de saír ao mundo.

MELLOR PELÍCULA
A LUZ ESCURA, do colexio Esclavas da Coruña, unha curta divertida realizada por alumnado de 4º de Eso, onde un grupo de alumnos/as vende a súa alma a cambio dunha vela máxica que cumpre todos os seus desexos incluído o de cambiar a data do exame de Historia.


Fotos Frei Martín Sarmiento

Fotos Premios REC - CURTA

Películas Rec - Curta 2022
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2022 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0