Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa da Lingua en Ourense
Manifesto lido por Rogelio Fariñas

Ver video do manisfesto
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-04-2019 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua en Lugo
Manifesto lido por Rebeca González

Ver video do manifesto
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-04-2019 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua na Coruña
QUE É UNHA ?PIEIRA??

Descubrímolo na Festa da Lingua da Coruña que tivo lugar o día 12 de abril no salón de actos de salesianos. Tras un cálido recibimento por parte do director de salesianos Mauri Paniagua, Pura Galán -coordinadora dos EDLG da Coruña da Secretaría Xeral de Política Lingüística-, lembroulles aos asistentes a figura de Antonio Fraguas e Marta Domínguez, coordinadora dos EDLG da Coruña de Escolas Católicas fíxoos reflexionar -con datos- sobre a importancia de usar o galego en todos os contextos e todos os días.
Dous nenos de Esclavas emocionáronnos co seu vídeo sobre as avoas e, finalmente Vero Rilo e Sonsoles presentaron o espectáculo ?O pozo das Señora?. Nel incluíron un conto recollido por Fraguas titulado ?A Pieira?. E? que é a pieira?


Podedes descubrilo vendo este vídeo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-04-2019 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Tiro de saída das Festas da Lingua de Escolas Católicas

As Escolas Católicas de Galicia xa iniciaron as súas Festas da Lingua. Este programa anual, que se convoca en distintas cidades galegas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, iniciouse o venres pasado en Santiago coa participación de 600 nenos dos colexios La Salle, San Jorge, Cluny, Compañía de María, Divino Maestro, Casa do Neno e Inmaculada. O alumnado participou con recitais e con escenificacións da vida e obra do autor que se homenaxea este ano nas Letras Galegas, Antonio Fraguas. Finalmente, a Tropa de Trapo representou ante un auditorio entusiasmado, a obra 4 monos.
As próximas citas terán lugar en Lugo, o 9 de abril; en Ourense o 10 de abril e en Coruña o 12 de abril.

Premer La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2019 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o Premio " Frei Martín Sarmiento "
O Premio Frei Martín Sarmiento non é só para quen escribe un libro en galego, é tamén para quen o le e o recomenda, para quen quere que ese libro sexa o seu compañeiro de xogos e de soños durante un tempo, porque así afastamos a soidade e o aburrimento. O premio, realmente, é que o libro reciba tanto agarimo.

Paula Carballeira
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2019 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre " bruxa e familia "
Dicían que a miña avoa era unha bruxa, unha bruxa desas que poden axudar á xente porque saben cousas que outras persoas esqueceron. Cando fun vivir a unha casiña de pedra, a carón dunha carballeira, decateime de que se cadra dirían que eu tamén son unha bruxa, porque vivo cun par de gatas e conto historias de medo que dan arrepíos, sobre todo pola noite, ao imaxinar o que agocha a escuridade. A bruxa do meu libro non son eu, pero podería selo. A familia da bruxa do meu libro parécese moito á miña (aínda que o meu irmán non adoita andar polos tellados, que eu saiba) e eu querería que quen lese o libro se sentise parte da familia desta bruxa á que lle gusta poñer nomes e facer tortas de aniversario.

Paula Carballeira

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2019 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
María Lado + 5 minutos
Síntome feliz de que o noso libro 5 minutos estea de finalista no Premio Frei Martín Sarmiento porque é un premio que escollen as persoas que máis saben de libros: as lectoras e os lectores! Que esta historia que eu escribín con tantas ganas lles guste a nenas e nenos é marabilloso. Estou moi emocionada, moitas grazas.
Cando os meus fillos e eu temos que agardar nalgún sitio, inventamos sempre xogos para pasar o tempo, pero sobre todo observamos as cousas que hai ao noso redor. Deses xogos naceu este libro, co que quería contar á xente que se miras con atención o mundo hai moitas cousas en que enredar. E tamén moita poesía. Eu quería que este libro servise para pasar un anaquiño entretido, porque neses momentos o tempo pasa voando. E foi un pracer poder facelo con Nove Noel, que lle deu vida a todos os personaxes cos seus lapis e cores.

María Lado


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2019 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0