Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas. |
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Lista de libros propostos para a fase previa |
|
Aínda estamos a voltas coa terceira edición e xa comezamos a cuarta. Velaí van os libros propostos para a cuarta edición. Agora unha serie de voluntarios terán o verán para facer a peneira e que en setembro teñamos finalistas.
1º e 2º primaria
BLANCO, Concha. Poemas para pintar. Sotelo Blanco
GAYOSO, Xulio. A banda de Vilacendoi. Kalandraka
MIRANDA, Xosé, Federico na silveira. Xerais
FREIRE, Isabel. Glub, o incrible peixe- bala. Xerais
LÓPEZ, Xavier. A abella na orella da ovella. Everest
PEROZO, A. Don Cazapalabras. Everest
NOVONEYRA, Uxío. Ilda, o lobo e o xabarín. Tambre
3 a 5º de primaria
CASALDEREY, Fina. Un día de caca e vaca. Baía Edicións
FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Os gardiáns do bosque. Baía Edicións
SÁNCHEZ, Gloria. Dez piratas. Obradoiro
CARBALLEIRA, Paula. Smara. Kalandraka
YAÑEZ CASAL, Antonio. Natasha e Dimitri. Xerais
BABARRO, Xoán. A princesa que venceu a sombra. Everest
GARCÍA, Xosé Luís. A mulemba que fala. Everest
CORTIZAS, Antón. Era unha vez na quimbamba. Tambre
LÓPEZ RODRÍGUEZ, Xavier. Un burro hippy Tambre
6º a 2º de ESO
YAÑEZ CASAL, Antonio. Lóbez. (meiga moira). Baía Edicións
VEGA CERQUEIRO, Mari. O camiño a Tibiáns. Sotelo Blanco Edicións
Vilaverzas. Kalandraka
MIRANDA, Xosé. Amancio amigo e o meigo de Salamanca. Xerais
REIMÓNDEZ, María. Usha. Xerais
REIGOSA, Antonio. A escola de Briador. Everest
MIRANDA, Xosé. Lúa e os nubeiros. Galaxia
YÁÑEZ CASAL, Antonio. Crisóstomo o alífáfaro. Galaxia
CARBALLUDE, Pepe. Os Gazafellos. Galaxia
REIGOSA, Antonio. A noite dos pesadelos. Tambre
ALFAYA, An. Zoa e Azor. Tambre
MACEIRAS, Lourdes. O torques de ouro. Tambre
3º a 1º Bach.
SIERRA VELOSO, Xurxo. Licor de abelá con xeo. Sotelo Blanco Edicións
VÁZQUEZ ÁLVAREZ, David. Orballo da mañá. Baía edicións
JANEIRO, Manuel. Pucho, O habitador dos tellados. Kalandraka
CAAMAÑO, Adolfo, O paxaro do mel. Xerais
ALONSO, Fran. Cartas de amor. Xerais
VILLAR, Domingo. Ollos de auga. Galaxia
QUINTIA, Xerardo. Finísimo po nas ás. Galaxia
FORCADELA, Manuel. A procura do falso frial. Galaxia.
CALVEIRO, Marcos. Sari, soñador de mares. Tambre
MIRANDA, Xosé. Piratas polo Miño. Tambre
|
|
|
|
Entrevista ao responsable do premio |
|
No Faro de Vigo saiu publicado no suplemento Faro da Cultura unha entrevista con Xan Guillén, responsable deste premio. Podedes descargar ese número do Faro da Cultura aquí. Está en formato PDF |
|
|
|
Xa temos gañadores da terceira edición |
|
Xa temos gañadores en cada unha das categorías do Premio Frei Martín Sarmiento:
1ª Categoría (1º e 2º de primaria)
PINTO E CHINTO. O pequeno da familia fantasma. Ed. Sotelo Blanco
2ª Categoría (3º a 5º de primaria)
PEYDRO, Eva. As vacacións de Saida. Ed. Galaxia
3ª Categoría (6º de primaria a 2º de ESO)
RIVEIRO VÁZQUEZ, Breogán. Tonecho de Rebordechao. Ed. Galaxia
4º Categoría (3º de ESO a 1ª de Bacharelato)
FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Corredores de sombra. Ed Xerais
Dar a noraboa a absolutamente tódolos participantes. Especialmente aos máis de 3200 rapaces e rapazas dende os 6 anos ata os 18 que participaron. Dar a noraboa aos escritores gañadores. As súas obras son realmente boas e sen dúbida merecen o premio. E dar a noraboa aos finalistas. Este ano houbo máis nivel ca nunca e iso di moito bo da nosa literatura infantil e xuvenil. E agora... comeza a cuarta edición do Premio Sarmiento. Estades preparados?
|
|
|
|
|
|