No Portal Educativo da Xunta de Galicia aparece publicada a Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010
De cara ao inminente comezo do novo curso escolar e a posta en marcha das nosas bibliotecas, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez dispón dunha edición dixital en pdf sobre obras de consulta e referencia que pode resultar moi útil para orientar as adquisicións de fondos dos nosos centros educativos. Trátase dunha selección de vocabularios, dicionarios, enciclopedias e atlas destinados a nenos e a mozos e recomendados para a súa utilización nos distintos tramos educativos, desde Educación Infantil a Bacharelato. Pretende ser unha ferramenta para axudar a conformar a colección de referencia das bibliotecas infantís, xuvenís e escolares.
The pen story é unha viaxe a través do tempo en 60000 fotografías e moitas horas de traballo, realizado como promoción das cámaras Olympus. PARA DISFRUTAR:
É o paso de peóns máis famoso do mundo grazas aos Beatles. En 1969 o grupo británico cruzou Abbey Road, en Londres, e fixeron esta foto. Dende entón este lugar converteuse nun punto de peregrinaxe para miles de fans que imitan a foto dos seus ídolos. E non só os seus seguidores, personaxes como Os Simpson ou os Lego cruzaron esta emblemática rúa.
Ninguén esperaba o éxito da instantánea. De feito, nun principio o álbum ía chamarse Everest e o grupo debía viaxar ao Himalaya para crear alí a portada. Pero, finalmente decidiron cambiar a unha solución moito máis fácil e económica.
A foto converteuse na portada do seu disco con ese nome, o último que grabaron, e unha das máis famosas na historia da música. Analizada até o máis mínimo detalle ten tamén a súa propia lenda urbana: para esa ocasión teceuse a historia de que Paul McCartney non é o que aparece na fotografía senón un dobre. O rumor era de que este morrera, xa que na fotografía o músico aparece cun cigarro na súa man dereita, cando el é zurdo. Na imaxe, froito dunha sesión na que o fotógrafo Iain Macmillan só tomou seis fotos, resulta rechamante que McCartney (de traxe escuro) apareza descalzo e sen marcar o mesmo paso que os seus compañeiros.
Segundo unha teoría bastante estendida, a escena representaría unha procesión fúnebre na que McCartney sería o morto, Lennon (traxe branco) o clérigo, Starr (traxe negro) o axente funerario e Harrison (en camisa e pantalóns vaqueiros) o enterrador.
Sobre o vehículo Volkswagen que aparece no extremo esquerdo da foto, este atópase exposto no museo que ten a empresa fabricante deses vehículos no Wolfsburgo, Alemaña. O número da matrícula 051351 e as letras LMW poderían interpretarse como "Linda McCartney Widowed" (Linda McCartney, viuva).
Corenta anos despois, miles de fans tentan captar ese mesmo momento, para sufrimento de moitos condutores que a miúdo teñen que esperar porque a xente cruza a rúa moi lentamente, queda parada ou retrocede para volver empezar e inmortalizarse alí.
A fotografía que lles tomaron aos Beatles cruzando a rúa para dirixirse aos estudos de grabación de Abbey Road en Londres, cumpliu 40 anos este 8 de agosto, acontecemento histórico que foi lembrado polos principais medios de comunicación electrónicos, dixitais e televisivos do planeta.
En Vagabundia podedes atopar un estupendo artigo/homenaxe co motivo desta data.
Partly Cloudy (Parcialmente nublado) é unha simpática curtametraxe de Pixar onde se "explica" a misión das cegoñas e o duro traballo que teñen que realizar, o que podemos tomar como punto de partida para unha agradable conversa cos nosos fill@s ao mesmo tempo que disfrutamos en familia desta pequena xoia. (Tarda en cargar, ten un pouco de paciencia). Tamén podes velo AQUÍ