|
|
CHARLAMOS CON... |
|
... Carlos Covelo Gallego, profesor de E. Física do noso centro. O próximo 3 de xuño o alumnado do segundo ciclo ten unha cita na biblioteca para aprender moitas cousas sobre Alimentación e deporte, co que remataremos as actividades de procura de información relativas ao Proxecto Documental.
|
|
|
|
ENTREGA DE MIKOPUNTOS DO TERCEIRO TRIMESTRE |
|
Hoxe houbo colleita de MIKOPUNTOS!! Chegou MIK ás aulas e entregounos unha morea deles polos estupendos traballos que fixemos durante o trimestre. Agora só queda agardar polo día do mercadiño para investir as nosas ganancias en agasallos superchulos. Traballiño nos costou pero imos arrasar cos nosos petos cheos de mikopuntos!! VER MÁIS |
|
|
|
OS ALIMENTOS ESTÁN DE FESTA!! |
|
Aquí está o conto creado e ilustrado polo alumnado do primeiro ciclo do Ceip Mestres Goldar. QUE CHULO!!
|
|
|
|
CASO CENORIA |
|
Recén saídiño do forno!! Xa podemos gozar do "Caso Cenoria", o fantástico conto creado polos nenos e nenas do terceiro ciclo de EP, un misterio que deben resolver os protagonistas coa axuda de Mik. Fixádevos nos detalles das orixinais ilustracións, pasarédelo xenial!!
|
|
|
|
UNHA MAñÁ CON ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE |
|
Hoxe, 19 de maio, tal e como xa se anunciara, estivo connosco o escritor Antonio Manuel Fraga Allegue, último Premio Merlín de Literatura Infantil pola súa novela ?O Castañeiro de Abril?, un dos títulos que este curso traballamos o alumnado de terceiro ciclo.
Antonio contounos o seu gusto pola lectura desde que era moi pequeniño e, como animado por amizades e persoas achegadas, decidiuse a escribir e a presentar a ese certame a súa obra. Falounos de que xeito foi xurdindo toda a armazón do libro: o narrador, os personaxes , o lugar da acción, o tempo no que trascorre? ; case todo baseado en vivencias, persoas e lugares do seu Pontedeume natal. Mantivemos con el un interesante diálogo sobre todos estes aspectos.
Tamén soubemos que a primeira obra que publicou, ?Xildas?, está dedicado á súa sobriña antes de que a meniña nacese. Estamos desexando ter un exemplar na nosa biblio e lela; tén que ser moi interesante.
Por último, asinounos os libros cunhas dedicatorias moi afectuosas.
Grazas, Antonio.
VER ÁLBUM |
|
|
|
O TRASNIÑO E O CHOCOLATE |
|
Xa está aquí o fermoso conto creado e ilustrado polos nenos e nenas de E. Infantil como remate do seu proxecto documental sobre o chocolate. Lede, lede!! Veredes que chulo!!
|
|
|
|
O CASTAÑEIRO DE ABRIL |
|
O próximo luns, 19 de maio, os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria recibirán na nosa biblioteca ao escritor ANTONIO MANUEL FRAGA, con quen compartirán impresións sobre o fermoso libro que estiveron traballando este curso, O castañeiro de abril, obra gañadora do Premio Merlín 2013. Seguro que será un encontro fantástico!
|
|
|
|
COCIÑA DE CONTOS EN INFANTIL |
|
 A semana pasada, o alumnado de E. Infantil de 5 anos participou nunha saborosa actividade de animación á lectura: COCIÑA DE CONTOS.?Croco?, ?A sopa queima? e ?Sopa de nada? foron os protagonistas da sesión e leváronnos a cociñar exquisitos pratos. A animadora repartiu distintos alimentos que os nenos e nenas terían que debuxar en anacos de pratos de cartón. Para rematar, debían buscar aqueles anacos que completaran uns deliciosos pratos combinados listos para degustar. Quedounos moi apetitoso e pasámolo xenial!!
VER ÁLBUM |
|
|
|
LETRAS GALEGAS E LINGUAXE DE SIGNOS |
|

Para a celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de EP participou nunha sesión de contacontos en linguaxe de signos a cargo de Beatriz Marcuño Alonso (mamá dunha nena do colexio) na voz, e Aránzazu Casas Avendaño na signación. A animación de ?O retallo? mergullounos no conto de Sthéphane Servan e Cécile Bonbon, e con ?Imos buscar un oso? versionaron o conto de Michael Rosen e Hellen Oxenbury, ?Imos cazar un oso?. MOITAS GRAZAS, BEATRIZ e ARÁNZAZU, PASÁMOLO XENIAL!!!!!!

VER ÁLBUM |
|
|
|
RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2014: X. M. DÍAZ CASTRO |
|
Preme na imaxe para acceder aos recursos. Tamén tes unha ligazón no panel de navegación.
|
|
|
|
|
|
|