O día 24 de maio todo o alumnado de Primaria do centro, xunto co seu profesorado, disfrutamos dunha xornada moi especial chea de aprendizaxes e novas experiencias. Trátase dunha actividade lúdico-educativa coa que se pretende fomentar a convivencia, a autonomía, o xogo colaborativo, a solidariedade..., ao tempo que coñecemos lugares significativos do noso entorno.
Nesta ocasión visitamos a cidade de Tui, coas súas rúas cheas de historia, e o monte Aloia, parque natural de incomparable beleza.
Primeiro, paseamos pola ?corredoira?, vimos a escultura dos cabalos de Oliveira, entramos na catedral e admiramos o seu magnífico órgano, o seu claustro e estivemos nos seus miradores, sentámonos ao pé da muralla medieval e da igrexa de S. Telmo, gozamos do paseo fluvial e da súa espectacular paisaxe... Despois subimos ao monte Aloia, onde comemos, fomos ao ?mirador da raíña? e xogamos moito tod@s xuntos...
Dentro das actividades programadas pola biblioteca para a animación á lectura, o día 10 de maio puidemos disfrutar dunha sesión de contacontos a cargo de Iago López, que nos contou unha historia baseada no libro Un saco de estrelas, de Fina Casalderrey. Os nenos e nenas de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria estiveron moi atentos e participaron con entusiasmo nunha actividade que lles resultou moi divertida.
Hoxe, o alumnado de Educación Infantil acudiu á biblioteca para recoller os MIKOPUNTOS que foran acumulando gracias aos traballos que Mik lles propuxo durante todo o curso. E, menuda sorpresa!, alí estaban dúas bruxas mensaxeiras que tiñan o encargo de repartir os mikopuntos que gañaran, despois de asegurarse de que eran nenos e nenas moi traballadores, aos que lles gustaban moitíiiiiisimo os contos e que coidaban con moito "mimo" todos os libros.
E aquí están, moi contentos, agardando con impaciencia que chegue o día do "mercadiño da biblio":
A primeiros deste mes celebramos no noso cole a festa dos MAIOS, despois dunha semana de traballo na que todos os niveis elaboraron coplas superdivertidas e entre todos construimos un fermoso maio tradicional. Pasámolo xenial cantando, ben acicalados con coroas, colares e pulseiras de flores, para recibir como se merece a chegada da primavera.
Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración achegando os materiais necesarios para a construción do "maio".
Aquí tendes algunhas imaxes:
Este curso, entre os centros intregrados no PLAMBE, xurdiu esta fermosa iniciativa co motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Tratábase de escoller un libro, escrito na nosa lingua, que cada centro salvaría da destrución, tentando emular a obra de Ray Bradbury, Fahrenheit 451.
Con esta actividade preténdese difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Aínda que, por cuestións organizativas, o noso Centro non puido participar nesta fantástica idea, queremos darvos a coñecer este precioso traballo, cheo de simbolismo, que pon en valor a nosa literatura e que xungue esforzos a prol das nosas letras e da nosa cultura. Os nosos parabéns a todos os centros participantes e ás persoas que, desinteresadamente, colaboraron, organizaron e coordinaron, conseguindo este espléndido resultado.
Estes son os libros "salvados" polos centros de Educación Infantil:
No próximo mes de xuño verá a luz a novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, obra de Jacobo Fernández Serrano, editada por Xerais e a Consellaría de Cultura. A través do blog de Xerais podemos acceder a un adianto de 24 páxinas que fan que xa nos tarde poder ter nas nosas mans a obra completa.
O luns, día 9, o alumnado de Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria participou nunha actividade de promoción e divulgación do Cooperativismo no Ensino. Resultou moi interesante, amena e proveitosa para todos os nenos e nenas, quen puideron comprobar como a natureza nos ofrece múltiples exemplos de cooperación que os humanos podemos e debemos imitar na vida cotiá: achegando cadaquén o seu esforzo, conseguiremos grandes obxectivos, cuxo beneficio recaerá en nós mesm@s."