|
|
ENCONTRO LECTOR CON IRIA MISA |
|
O alumnado de sexto de EP recibiu hoxe a visita da escritora baionesa IRIA MISA, autora do libro que estiveron lendo ?Mamá, quero ser Ziggy Stardust?, unha preciosa historia que engaiolou a todos. GRAZAS, IRIA!!!
|
|
|
|
ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO |
|
O alumnado de segundo e terceiro de EP recibiu na biblioteca á escritora ÁNXELA LOUREIRO, coa que intercambiaron impresións e experiencias lectoras arredor das obras "OTA QUERE VOAR" e "CHOIVA DE RAS". Moi amablemente, ao finalizar o encontro, a escritora asinou os exemplares de todos os entusiasmados lectores. GRAZAS, ÁNXELA!!! AGARDAMOS VERTE AXIÑA!!!
|
|
|
|
MES DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR 2019 |
|
Á volta de vacacións realizaremos os sorteos nas aulas dos nenos e nenas cos que compartiremos fantásticas lecturas para o que teremos que preparar as nosas "tarxetas lectoras". Seremos uns estupendos "padriños e madriñas". Estamos impacientes!!! A continuación veredes algúns exemplos de "tarxetas"que vos poden servir de inspiración:
|
|
|
|
PRÓXIMO ENCONTRO CON PEDRO MAÑAS |
|
Mañá xoves, o alumnado de 4º de EP recibirá na biblioteca a visita do autor do libro que estiveron lendo "Apestoso tío Muffin". Para recibilo prepararon un mural como agasallo de benvida no que se implicaron moito e que fixeron con moita ilusión e entusiasmo.
|
|
|
|
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS |
|
Hoxe, o alumnado de 5º de EP mantivo un encontro coa escritora galega LEDICIA COSTAS. Foi unha visita moi agradable na que falaron sobre a obra que estiveron lendo e traballando ao longo das últimas semana, ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA. MOITAS GRAZAS, LEDICIA!!!
|
|
|
|
DÍAS DE POESÍA 2019 |
|
Nada mellor que a poesía para celebrar a chegada da primavera!! Como cada ano, a biblioteca do centro organizou, do 3 ao 5 de abril, a "Semana da Poesía". Trátase dunha actividade moi consolidada no centro e con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas, que traballan arreo durante días para preparar os seus poemas concienzudamente, lendo, ensaiando, memorizando, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... A "Hora de ler" foi o momento do encontro poético, onde cada grupo de alumnado recitou, para o resto de compañeir@s, poemas de varios autores/as, en galego e en castelán. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de inaugurar os "Días de Poesía" deste curso cun poema de creación propia que facía un percorrido pola súa andaina escolar (6º) e dous fermosos poemas, de García Lorca e Amado Carballo (5º). Encantounos!!
 O xoves foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto os que ofreceron un fantástico recitado cunha perfecta posta en escena, teatralizando, xesticulando e entonando marabillosamente os seus versos: O venres chegou o turno de 1º e 2º de EP que, xunto cos nenos e nenas de E. Infantil, foron os encargados de levar a tenrura, o encanto e a simpatía ao escenario poñendo, así, o punto final a esta poética actividade:
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO E MOITOS PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes, por tan espléndido espectáculo poético e por ser capaces de transmitir, unha vez máis, toda a beleza da poesía. E, como non, grazas ao público polo seu entusiasmo e os seus aplausos. FOI FANTÁSTICO!!!
SE QUERES VER O ÁLBUM COMPLETO COAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS PREME AQUÍ
Moitos bicos ratunos e ATA O CURSO QUE VEN!!! |
|
|
|
COMEZA A SEMANA DA POESÍA 2019!! |
|
Tal e como nos indicaba o noso ratiño máis trouleiro este mércores, día 3 de abril, comezan os recitados da SEMANA DA POESÍA 2019 A festa da poesía xa comezou no noso centro hai algúns días coa proposta "Un poema no peto" dirixida a toda a comunidade educativa.
|
|
|
|
PRÓXIMA VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO |
|
O próximo venres, día 5 de abril, visitará a nosa biblioteca o escritor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
|
|
|
|