PROCURA DO TESOURO, elaborada por Quini Freixeiro (Ceip Condesa de Fenosa) coa tarefa de cubrir unha ficha con datas, títulos, compañía que representou a obra, premio acadado (se o houber) e autor do orixinal adaptado (no caso de ser unha adaptación).
Os nenos e nenas do segundo ciclo están metidos en plena voráxine investigadora. Cada equipo busca as fontes de información, selecciona, le, resume, escribe, comproba, cotexa... Son auténticos detectives da información e están facendo un espléndido traballo!! PARABÉNS!!
SEGUNDO CICLO INVESTIGA on PhotoPeach Premendo na imaxe de abaixo podes ver algunhas das súas fontes (materiais achegados polas familias e a biblioteca do centro para a busca e exposición no seu ciclo):
O día 23 de abril, Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, vivimos no noso centro una nova xornada de lecturas compartidas e, a pesar de tratarse da quinta convocatoria, a ilusión e a emoción invadiu, una vez máis, os lugares e as persoas. No ambiente, a alegría da festa e a "seriedade" que conleva unha actividade que transmite unha morea de sensacións máis alá da propia experiencia lectora. Como é habitual, nos días previos realizáronse con entusiasmo todos os preparativos: Os padriños e madriñas escolleron os libros e prepararon concienzudamente a súa lectura, elaboraron e decoraron as súas tarxetas lectoras coas que se realizarían os sorteos de afillad@s,
visitaron as aulas para contactar cos compañeir@s que escoitarían os seus relatos...
e, por fin, reuníronse no patio enchendo de historias todos os currunchos do centro...
Cando tod@s estaban preparad@s nalgún lugar do patio, a profe Rocío, acompañada de MIK que portaba a pancarta co lema "LEMOS XUNTOS", presentou a actividade:
Despois, os murmurios e os sorrisos dos que contaban e dos que escoitaban...
Para rematar, houbo sorpresa: o mundo máxico dos libros abriuse para agasallar a todo o alumnado do centro que recibiron cadanseu marcapáxinas, un pin de MIK e moreas de caramelos...
Os afillados e afilladas entregaron as súas tarxetas de agradecemento aos seus padriños e madriñas:
PARABÉNS, NENAS E NENOS, POR FACER QUE ESTE DÍA SEXA INESQUECIBLE!!
Dentro das actividades propostas pola biblioteca arredor do PDI sobre a AUGA, levamos a cabo un xogo/reto que nos serviría para ampliar o noso vocabulario sobre a auga. Participou todo o alumnado do centro coa nosa Pinguiña de mestra de ceremonias. O xogo consistía en que cada curso/nivel tería que preparar un grupo de palabras aprendendo o seu significado ou significados e atopar a definición entre as posibilidades que se lles presentaban. Por suposto, o nivel de dificultade variaba segundo a idade do alumnado. Cada vez que se relacionaba A PALABRA CORRECTAMENTE CO SEU SIGNIFICADO os nenos e nenas que as portaban terían que abrazarse. Foi moi divertido ao tempo que moi proveitoso. PARABÉNS!!
Primeiro chegou una carta de Pinguiña, dando as instrucións: cada curso coas súas palabras e definicións escritas en cartolinas de cores..., despois os días de traballo entre todos e todas agardando a visita de Pinguiña e, por fin!, a chegada da nosa amiga ás aulas, acompañada dunha misteriosa maleta...
PASÁMOLO REQUETEBÉN! GRAZAS PINGUIÑA!! Se queredes ver o ben que o pasaron premede nos pés de foto.
Na semana do 18 ao 21 de marzo celebramos no cole a chegada da primavera cun recitado de poesía no que participa todo o alumnado do centro e que xa vai pola 5ª edición!! Trátase dunha actividade con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas que preparan os seus poemas concienzudamente, lendo, analizando, ensaiando, memorizando... Un curso máis, queremos felicitar a tod@s polo ben que o fixeron e polo ben que souberon transmitir toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!!
Preme na imaxe para ver o álbum de fotos
MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO!!
O 22 de marzo tivemos a visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano, que nesta ocasión compartiu conversa co alumnado de 1º ciclo e de 4º de EP arredor das obras que estiveron lendo este trimestre:A pedra e as formigas (2º), A gardería de Dona Bixelmina (1º) e Mil cousas poden pasar (4º)
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de publicar onúmero 6 de Ollos de Aula, unha revista mensual que busca ser unha canle de comunicación entre mestres, centros de ensino e familias para "acompañarvos na difícil tarefa de educar os vosos fillos e fillas". A revista pode descargarse en pdf ou imprimirse en A4 nunha versión deseñada ao efecto. O obxectivo da publicación é achegar "información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais". Neste mes de Abril, a revista destinada ás familias do alumnado céntrase nos libros e na lectura.