O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍA DO LIBRO : Un libro especial
O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare, dous dos persoeiros máis importantes da literatura universal. Por iso nese día celébrase o Día do Libro e dos Dereitos de Autor.
Unha das actividades que se está a facer na nosa Biblioteca para conmemorar esta data é unha exposición dos libros que tiveron un significado especial nun momento das nosas vidas. Pedimos colaboración ás familias para que aportasen o seu "libro especial" coa fin de que o noso alumnado percibise a importancia dos libros nas persoas do seu entorno. Por outra banda, os nen@s tamén "vestiron" unha árbore cos seus libros favoritos enchéndoa de follas que eles mesmos prepararon con títulos dos libros que máis lles gustan. E así vai quedando o vestíbulo do cole:



Cal é o teu libro especial?

Cóntanos nun comentario cal é ese libro que che gustou tanto, que te fixo pensar, no que descubriches algo... Explícanos tamén por que é especial para ti, seguro que animarás a outras persoas a que o lean.



Comentarios (1) - Sección: Día do Libro - Publicado o 18-04-2008 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ABRAHAM CARREIRO


O próximo 28 de abril contaremos coa visita do ilustrador vigués Abraham Carreiro, dentro das actividades de promoción da lectura e da creatividade. A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos segur@s de que será unha experiencia que non esqueceremos.

A PEL DO CROCODRILO (da colección Contos que len outros nenos do mundo, Editorial: A Nosa Terra) é o último traballo deste creador, que ilustra maxistralmente un conto da tradición popular africana, neste caso de Namibia, un país do sur de África. Aquí vos deixo algunhas das súas ilustracións. Disfrutádeas:






Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 18-04-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS E POESÍA NA BIBLIOTECA
O MAR EN VERSO- Ed. INFANTIL
Hoxe, os nen@s de E.I. de 5 anos tiveron unha sesión de contos e poesía coa súa profe Belén. Disfrutaron dos poemas sobre o mar que foron traballados plásticamente polo alumnado do Centro, estiveron moi atent@s ao conto que a profe lles contou e pasárono moi ben. E, claro, engadiron a súa poesía á exposicion de traballos "O mar en verso". Que ben estamos na BIBLIOTECA!!!


Comentarios (0) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 17-04-2008 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO (Caza do tesouro)
A INVESTIGAR!!!Investiga para saber máis sobre o Día Internacional do Libro coa seguinte Caza do Tesouro. Proba despois as túas dotes de escritor/a escribindo unha historia sobre o tema proposto na actividade. Seguro que o pasarás moi ben e aprenderás moitas cousas interesantes.

Esta actividade foi elaborada polo Ceip Os Campanales (Las Lagunas).
Para 2º e 3º Ciclo de E. Primaria.


(Preme na imaxe)

Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 17-04-2008 01:50
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO: Eu leo, ti les...

EU LEO, TI LES, EL LE...


Comentarios (4) - Sección: Día do Libro - Publicado o 13-04-2008 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
OS CONTOS DO RECANTO
Xa temos na nosa Biblioteca, encadernado e listo para formar parte dos nosos fondos, "Os contos do Recanto". Os autores e autoras son os nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar, que durante o curso 07/08 escribiron e ilustraron, na meirande parte, os seguintes relatos e poesías. Esas creacións foron publicadas aquí, no blogue da nosa Biblioteca, de aí o título deste libriño, que agora editamos en soporte papel pola conmemoración do Día Internacional do Libro.

Esperamos que esta experiencia sirva de incentivo para que o noso alumnado nos siga agasallando cos froitos do seu maxín e que este volume sexa o primeiro dunha longa colección.

Grazas a tod@s.

Mik.

Na Biblioteca tendes un exemplar para levar en préstamo.



(Preme en OPEN PUBLICATION)

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 10-04-2008 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 29
Un mozo entrou pola porta
con trescentas follas postas;
trescentas follas e un ramo.
Non adiviñarás neste ano,
nin tampouco o ano que vén,
agás que cho diga alguén.

PISTA:
Fouce no rabo
e serra na testa:
que cousa é esta?


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (3) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 08-04-2008 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
NON HAI MOITO TEMPO...























Na bitácora de Aníbal de la Torre aparece esta imaxe que pertence a unha sección que el denomina "fotografía educativa" e coa que publica esceas que levan implícita unha mensaxe de carácter didáctico e que son o suficientemente elocuentes como para despertar en nós algunha reacción. Parabéns por esta idea que vén a demostrar, unha vez máis, que unha imaxe vale máis que mil palabras.




Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 07-04-2008 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Pilar Sampedro e Gonzalo Moure
Os coordinadores das Bibliotecas Escolares do PLAMBE fomos convocados en Sanxenxo aos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES durante os días 3 e 4 de abril.
A perfecta organización das xornadas, a relevancia dos relatores, a calidade das ponencias e o agradable ambiente de compañeirismo, convertiron estes días de traballo intenso nun auténtico pracer. Voltamos ás nosas escolas abrumad@s pola cantidade de información, de ideas e de camiños por percorrer, pero coa sensación de apoio, de pulo e de alento dos compañeir@s embarcad@s na mesma tarefa. Grazas a tod@s.

As ponencias estiveron a cargo de importantes persoeiros do mundo da Educación procedentes de distintos lugares de España e Portugal: José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.




Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 06-04-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 28

Alto pin pin,
ruín cabaleiro:
pégalle a risa,
e solta o diñeiro.


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (4) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 05-04-2008 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0