O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todos os nenos e nenas, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan.
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado, un poema que remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
(Fonte: BEGA)

Para achegarnos á figura de H. C. Andersen e á súa obra, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, presentaremos ao alumnado estas actividades interactivas. O mes de abril estará cheo de libros e contos!!! (podedes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño da esquina superior).






Comentarios (0) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 26-03-2013 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas do Mundo - World Poems
Desde o blog GHAFOS, do ENDL do Ceip Campolongo, chéganos a nova dunha fantástica iniciativa que comezou o xoves, 21 de marzo, na Escola Árvore de Porto (Portugal) onde se fixo o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo". Tendes toda a información no blogue GHAFOS e na site Yogote-Lusofonía atópanse todos os datos así como os pasos a seguir para participar no proxecto.


Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 26-03-2013 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA


O Día Internacional da auga celébrase anualmente o 22 de Marzo como un medio para chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a necesidade de reivindicar unha Xestión Sustentable deste recurso. No noso centro estase levando a cabo un Proxecto Documental Integrado arredor da auga coa intención de crear no noso alumnado unha visión ampla e concienciada sobre este recurso fundamental. Atoparedes toda a información do proxecto na site creada para tal fin.

Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 20-03-2013 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
TELEXORNAL: VIDAL BOLAÑO
Xa empezan a chegar os materiais elaborados polos centros arredor da figura do dramaturgo Vidal Bolaño. Neste caso trátase dun TELEXORNAL sobre os aspectos máis importantes da súa vida, realizado no CPI dos Dices en Rois:


Tamén nos facilitan un vídeo sobre a obra deste persoeiro:


Agradecemos aos compañeir@s deste centro a súa xenerosidade ao compartir o seu traballo.
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 19-03-2013 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO: BIOGRAFÍA
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo, entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. El mesmo defíníase como "un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas."
Desde o Ceip Condesa de Fenosa de O Barco chéganos unha biografía do autor teatral galego, elaborada por Xoaquín Freixeiro

Outros recursos dispoñibles:

- Seminario Galán (Seminario Permanente do CEIP Galan, Oseiro-Arteixo): Roberto Vidal Bolaño

(Fonte: BEGA)
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 15-03-2013 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
IGUALDADE + AUGA
Desde Os poemas do río envíannos unha dirección cos seus materiais para traballar o tema da igualdade, o que nos ven moi acaído tamén para o noso proxecto documental de centro, A AUGA, o que rentabiliza o noso traballo por partida dobre. MOITAS GRAZAS!!

http://ospoemasdorio.com/wp-content/uploads/eusoncomati_ud.pdf

http://portal.sliderocket.com/BNNET/EU-SON-COMA-TI-8-marzo

Por outra banda, lembrámosvos que atoparedes esta obriña na exposición dedicada á auga na biblioteca do centro e recomendamos vivamente unha visita á súa web:

Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 09-03-2013 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Como cada 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o sindicato STEG ten pendurado na súa web o STEG Informa 8 de Marzo e a proposta de actividades para contribuír a que a coeducación sexa un obxectivo acadable no noso sistema educativo.



Comentarios (2) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 08-03-2013 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS CON VIOLETA MONREAL
O 27 de febreiro visitounos a escritora e ilustradora VIOLETA MONREAL que compartiu uns momentos inesquecibles co alumnado de 3º de EP e de E. Infantil. A conversa resultou moi animada e proveitosa xa que poidemos gozar da habilidade e mestría da autora facendo encantadoras ilustracións coa súa peculiar técnica e estilo. MOITAS GRAZAS, VIOLETA!!






VER FOTOS


Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 07-03-2013 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
MULLERES QUE FIXERON HISTORIA. ACTIVIDADES LIM
Un fantástico libro de actividades interactivas, elaborado por Belén Junquera, coas que aprenderás dun xeito divertido moitas cousas sobre algunhas mulleres que fixeron historia:






Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 06-03-2013 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO... EN PÉ DE IGUALDADE. RECURSOS ( IV )
Nas seguintes "sites" atoparedes varias compilacións de recursos e actividades, froito do traballo do equipo da biblioteca do centro na procura dun repositorio actualizado de páxinas de calidade que apoien o labor do profesorado (preme nas imaxes para acceder). Como é habitual, as ligazóns están á vosa disposición no panel lateral de navegación.


O 8 DE MARZO NO NOSO RECANTO
LECTURAS PARA A IGUALDADE:

Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 06-03-2013 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0