|
|
|
ENTROIDO 2017: POR CULPA DUN POKEMON |
|
O venres celebramos, como cada ano, a festa do entroido. Este curso, ao fío do noso PDI, pasaron polo escenario numerosos países e culturas do mundo, dentro do espectáculo "POR CULPA DUN POKEMON", obra de teatro na que participou todo o alumnado do centro, o profesorado e os compoñentes da directiva da ANPA. Así, a India estivo representada polos nenos e nenas de E. INFANTIL: Os nenos e nenas de 1º de EP fixeron de pequenos durmiñáns ao arrolo de Pedro Chosco: Os nenos e nenas de 2º de EP foron de nutritivas hortalizas para o cocido do entroido: O continente africano estivo magnificamente representado polos nenos e nenas de 3º e 4º de EP: Os nenos e nenas de 5º foron os representantes dos países orientais e introduciron o espectáculo cun excelente número de mímica: Os representantes das familias leváronnos a Cuba cun baile moi caribeño: O alumnado de sexto repertiuse entre Pokemons, cazapokemons e científicos: Os profes fixeron, tamén, de científicos tolos: PASÁMOLO XENIAL!!!! A continuación podedes ver algunhas imaxes: Se queredes acceder ás FOTOS, clic AQUÍ Aproveitamos para dar as GRAZAS a todas as familias pola súa colaboración e a súa asistencia; aos profes, pola súa dedicación, en especial ao creador e organizador, profe Toniño, á profe Paloma polas súas coreografías e ao case profe Jacobo polo deseño e elaboración dos decorados. E, por suposto, moitos PARABÉNS ao alumnado polo seu bo facer e profesionalidade. MOITOS BICOS RATUNOS E ATA O ANO QUE VEN!!! |
|
|
|
O MECO MANDA!!! |
|
Así de guap@s e internacionais apareceron hoxe os nenos e nenas de cuarto de EP, obedecendo, como corresponde, as ordes do meco. FANTÁSTIC@S!!!
|
|
|
|
XA CHEGA O ENTROIDO!!! |
|
Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 24 o FESTIVAL de Entroido do 2017 que este ano leva por título ?Por culpa dun Pokemon?.
ORDES DO MECO: LUNS UN COLAR FEITO A MAN NO NOSO CORPO LUCIRÁ MARTES UN ADORNO VEXETAL É UN ALIMENTO ORIXINAL MÉRCORES A VOLTA Ó MUNDO DAREMOS E UN GORRO DE CADA PAÍS TRAEREMOS XOVES
OS NOSOS OLLOS ADORNAREMOS E MÁIS FEITIÑOS ESTAREMOS
|
|
|
|
PDI: ALUMNADO DE QUINTO DE EP EN ACCIÓN!! |
|
Como xa sabedes, este curso o Proxecto Documental de Centro ten como centro de interese os diferentes países e culturas do noso planeta. E, como o resto do alumnado do cole, os nenos e nenas de quinto de EP están traballando arreo e percorrendo o mundo, estudando, investigando e, como non, divertíndose. Pouco a pouco van enchendo as paredes do seu corredor con magníficos cartaces que dan boa conta de todo o que levan aprendido e cos que nos convidan a que aprendamos tod@s. MOITOS PARABÉNS por tan fantástico traballo!
|
|
|
|
CONTOS PARA IR DURMIR |
|
Cada vez son máis os contos pensados para conseguir que os máis pequenos da casa vaian pechando os ollos mentres lles lemos o desexado (e necesario) conto antes de durmir. A través dunha lectora deste blog soubemos da selección que se recolle no Diario El Mundo o día 5/2/17: 10 cuentos infalibles para ir a dormir. Aquí podedes acceder ao mencionado artigo onde se fai unha interesante recensión de cada título.
|
|
|
|
A PAZ E WANGARI MAATHAI |
|
Xa temos rematados os cartaces que nos faltaban sobre Wangari Maathai. Quedaron moi ben!!!
|
|
|
|
|
|