O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LIM SOBRE O CONTO DE XOÁN G: O Apalpador
Gracias a Tolinha soubemos deste LIM sobre o conto de Xoán G. "O Apalpador", creado por Sara Alfaya. Despois de escoitar o conto poderás realizar unhas divertidas actividades que porán a proba os teus coñecementos sobre este personaxe. ¿Anímaste? Pois, ¡adiante!:

CONTO

Atoparás outros xogos, actividades e moita información, se premes na seguinte recompilación de recursos:




Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 12-12-2010 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES LIM SOBRE O APALPADOR
Como xa levades investigado moito, seguro que seredes capaces de facer estas actividades tan divertidas sen ningún problema. Hai dous niveis de dificultade, escolle o que che pareza mellor e xa me contaredes que tal vos vai (preme na imaxe):


Gracias a O outeiro de Matilda.

Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 12-12-2010 02:01
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL: Recursos
A nosa recompilación de recursos para traballar diferentes aspectos do Nadal, na que incluimos a fantástica páxina que a Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición de todos os centros ( Nadal 2010):
Moi salientable é a sección de Recursos para traballar nas aulas: escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, panxoliñas, contos, o refraneiro, etc.
Enderezo: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php

Preme na imaxe para acceder aos recursos (tamén sobre o Apalpador):



Comentarios (2) - Sección: Nadal - Publicado o 11-12-2010 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
APALPADOR PARA TODOS OS GUSTOS
Bueno, bueno... Aquí está outra proba da creatividade e orixinalidade do noso alumnado e das súas familias: preciosos "apalpadores" para todos os gustos, que agora xa forman parte da decoración navideña do noso cole. E isto é só unha mostra porque aínda hai máis, que irei traendo aquí para que os vexades. Tamén podedes contemplalos "ao natural" cando pasedes polo centro:



Moitas gracias a todas as familias pola vosa colaboración.

Comentarios (3) - Sección: Nadal - Publicado o 11-12-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS, TECNOLOXÍA E SOFTWARE GALEGO
Vía Bibliovaladares chéganos unha noticia aparecida en La voz de Galicia.es do día 4 deste mes e que pode ser unha opción interesante de cara a próxima chegada de Papá Noel, Reis Magos ou Apalpador, aos fogares de todos os nenos e nenas do país. Trátase da estrea dun software desenvolvido en Galicia que permitirá a lectura de contos infantís nos tablets. Esta aplicación pódese descargar gratuitamente e é compatible co IPHONE, IPAD e co IPOD Touch.
Ademais dos textos e das ilustracións, os lectores teñen acceso a unha morea de posibilidades. (Ler máis)
Os seus promotores afirman que, xunto coa súa función de entretemento, esta ferramenta ten usos de carácter pedagóxico.
Galaxia é a editorial que facilita as primeiras historias para esta nova aplicación. De momento son cinco os títulos que están previstos para ser publicados nos próximos días, e Fina Casalderrey, Alicia Borrás, Xan López Domínguez e Kristina Sabaite son os autores destas primeiras historias.


Que che parece? A que ten boa pinta? Pois nada, a ver se hai sorte cos agasallos de Nadal...!!



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 08-12-2010 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
DEREITOS HUMANOS - RECURSOS
De cara á celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, achégovos unha recompilación de recursos que irei completando estes días. Espero que vos sexa útil (preme na imaxe).
Tamén poderedes atopalos nunha ligazón permanente no menú de navegación (panel lateral).



Comentarios (0) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 07-12-2010 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
A URNA DOS DESEXOS
No día da Constitución, a nosa Lei de leis, quero achegarvos este álbum ilustrado que trata de explicar aos máis pequenos en que consiste a democracia:

A urna dos desexos
Clara aprende o que son unhas eleccións e como as persoas poden decidir quen vai gobernar introducindo un papeliño nunha urna. Un modo sinxelo de ensinar a nenos e nenas en que consiste a democracia participativa e a paridade.
Con este conto podemos traballar a democracia paritaria, a cidadanía, a participación política, os estereotipos de xénero, a figura de Clara Campoamor.
A urna dos desexos forma parte dunha colección que leva por nome A igualdade conta, editada en galego pola editorial Embora e están dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 6 anos.
Están ilustrados pola artista eslovena afincada en Galicia Spela Trobec, que conseguiu plasmar maxistralmente en debuxos os conceptos e ideas expostos nos contos.
As autoras, Cristina Justo e Paloma Rodríguez, dedicaron a súa vida profesional ao ámbito da igualdade e a educación.


Desde O Ceip de Andrade chega esta fermosa presentación doutro dos contos da colección: O país dos mandóns:




Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 06-12-2010 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SABES SOBRE O APALPADOR?
Con este cuestionario poderás comprobar canto aprendiches sobre o Apalpador.
Conseguirás acertalas todas?


Comentarios (6) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 04-12-2010 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
MIK HOLMES XA ESTÁ AQUÍ!!
Hoxe tivemos unha mensaxe urxente do noso amigo Mik. A cousa é que estando tan próximo o Nadal, este ratiño curioso pídenos axuda para unha investigación. Se queres, podes ler a súa mensaxe premendo no sobre:

Tamén nos deixou uns cadernos de pescudas moi chulos para que vaiamos recollendo os resultados das nosas averiguacións:


(Fai clic en open publication para velos máis grandes)

E o mellor de todo é que, ademáis de convertirnos en estupendos investigadores e investigadoras, poderemos conseguir unha morea de Mikopuntos!!!

No panel lateral da esquerda hai unha ligazón permanente para acceder a toda a información, normas e recursos das actividades de investigación propostas pola biblioteca:



Pois agora só nos queda poñernos en marcha e... A INVESTIGAR!!!

PREME NO APALPADOR PARA LER OS CONTOS:


Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 02-12-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0