E seguimos coas cancións, esta vez para os máis peques. Estade atent@s e aprenderedes moitas cousas ao ritmo da música (a ver se conseguimos despertar a Mik):
Ao fío do noso PDI, para ir entrando en "materia" nada mellor que a boa música con unha mensaxe suxerente. Aquí tendes a Macaco cantando unha canción que parece que foi feita para nós:
A QUE VOS GUSTOU? Pois se queredes podedes descargar a letra AQUÍ
Moitos bicos ratunos e refrescantes
As mochilas viaxeiras deste curso xa están rumbo aos vosos fogares e non regresarán ata o mes de xuño. Saíron da nosa biblioteca cargadiñas de historias fantásticas, persoaxes inesquecibles e divertidas aventuras para que compartades coa vosa familia unha morea de bos momentos. Ah!, e non vos esquezades de cubrir coas vosas impresións e cos vosos debuxos o"caderno viaxeiro". Encántame ler as vosas opinións!!
E agora... A DISFRUTAR EN FAMILIA COAS LECTURAS QUE VOS PROPOÑEMOS. AGARDAMOS QUE SEXAN DO VOSO AGRADO!!Moitos bicos ratunos
Aquí están algunhas imaxes dos primeiros afortunados:
Como tamén andamos a voltas co MAGOSTO, déixovos aquí algunhas propostas de actividades para ir meténdonos na festa. No panel lateral atoparedes a ligazón a moitos máis recursos e AQUÍ veredes as actividades que levamos feito en cursos pasados arredor desta celebración. RECURSOS E ACTIVIDADES:
O MAGOSTO NA ESCOLA (do colectivo Ollo de Sapo):
ACTIVIDADES LIM PARA 2º E 3º CICLO (Ana Martínez Rey):
ACTIVIDADES LIM SOBRE A CASTAÑEIRA, de Ana Martínez Rey:
OUTRO SOBRE O CONTO "A castaña que rebentou de risa", da mesma autora:
Como xa está cerquiña o Samaín, lembrámosvos que no panel lateral temos o acceso a diferentes recursos para as distintas efemérides que adoitamos celebrar ao longo do curso. Ademáis da nosa recompilación sobre o Samaín, podedes consultar a selección da biblioteca do Ceip Víctor Sáenz de Mazaricos, ou se o preferides, nesta páxina(BIBLIOCOLE) atoparedes ambas listaxes. Tamén sacaredes algunhas ideas revisando as entradas doutros anos.
Hoxe estou moi contento e moi emocionado porque recibín unha carta preciosa dunha nena de cuarto. Tanto me gustou que decidín traela ao Recanto para que tod@s a poidades ler (preme na imaxe para agrandar):
A que é moi chuli? GRAZAS, SARAY!!! Moitos biquiños ratunos,
Hoxe tivo lugar na Casa do Libro, en Vigo, a presentación do libro-disco ?María Fumaça?, editado por Galaxia na colección Sonárbore, con ilustracións de P. Pastor. Foi Uxía Senlle a que nos falou deste proxecto como unha homenaxe á alegría de vivir que xiraba arredor de Ruí, un neno con discapacidade que non lle impide gozar da música, do baile, da festa e dos amigos. Detrás deste fermosísimo traballo hai moitos músicos que, engaiolados pola idea, quixeron contribuír co seu talento: Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, a familia Senlle e o propio Ruí. Algúns afortunados alumnos e alumnas do noso centro tiveron a oportunidade de participar na creación deste álbum da man de Ana Senlle quen, naquel momento, traballaba no noso cole (grazas, Ana). Cando rematou o acto quedoume un doce sabor de boca pois alí descubriuse un excelente traballo, realizado na nosa lingua, ao que lle auguro moito éxito entre grandes e pequenos, polo que vos recomendo vivamente que o teñades en conta para o Nadal ou para calquera ocasión na que queirades facer un agasallo. Como se pode ver na cuberta, María Fumaçaé un tren moi festeiro que nos levará por diferentes países e tipos de música, desde a samba ata o rockandroll. O libro ven acompañado cun CD e cun DVD con karaoke. Por suposto, a nosa biblioteca xa conta cun exemplar para que empecedes a gozar cantando e bailando, pois é sabido que a música e o baile fainos a tod@s máis felices. Queres probar un bocadiño?? Pois aí che vai"FUN AO MERCADO":
POR FIN CHEGOU O DÍA!! Hoxe tivo lugar a reapertura da biblioteca do noso centro ao tempo que celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Foi un día moi especial onde tod@s disfrutamos un montón entre libros e música.
Eu, moi contento e algo nervioso, agardaba na biblioteca a visita dos grupos de alumnado. Pouco a pouco foron chegando, moi organizados e moi formales, coa emoción de estar de novo na biblioteca para moit@s, e a ilusión e a sorpresa para os máis pequenos, que entraban nela por primeira vez. Houbo de todo: contos, exposición temática sobre a auga e outra de novidades, repaso de normas, entrega de carnés e carpetas... Daba gusto ver as caras de satisfacción ao recoller os agasallos que eu lles tiña preparados con todo o cariño. Agardo que este día tan especial vos resultara divertido e que vos gustara tanto como a min. Pero bueno, mellor que as palabras son as imaxes, así que aquí tendes a reportaxe fotográfica:
Así lucía a nosa biblioteca momentos antes de que chegaran os nenos e nenas:
(VER ÁLBUM)
Os nenos e nenas de EI de tres anos portáronse de marabilla e estiveron moi atentos ao conto que Pinguiña lles deixou: ( VER ÁLBUM )
E tamén os de catro e cinco anos se portaron ben: escoitaron o conto, miraron os libros novos, recolleron as súas bolsas... ( VER ÁLBUM )
A continuación chegaron os nen@s de 1º de EP, que recibiron o seu carné e as súas carpetas: ( VER ÁLBUM )
E aquí están os de 2º de EP: ( VER ÁLBUM )
E os de terceiro, que repasaron as normas e recolleron as súas mochilas viaxeiras: ( VER ÁLBUM )
Aos de cuarto encantoulles a exposición de novidades e xa querían levar en préstamo o que alí había: ( VER ÁLBUM )
E, por último, chegaron os nenos e nenas do terceiro ciclo: ( VER ÁLBUM )
Ao rematar a visita tod@s recibiron unha piruleta e un parcapáxinas. Despois pasearon polos corredores para ver a exposición de traballos sobre o lema da biblioteca feitos en colaboración coas súas familias.
Pero a cousa non quedou aí. Tivemos a sorte de gozar coa actuación de Tato López e Mª Ángeles Iglesias, que nos deleitaron coas súas cancións, movéndonos ao ritmo da música e mesmo, os máis atrevid@s, subiron ao escenario a cantar... Aplaudimos a rabear e coreamos sen parar "outra, outra"... En resumo, saímos felices e ben enchoupados de boa música. GRAZAS, TATO E ÁNGELES!! Por certo, próximamente presentarán en Vigo o seu espectáculo "Tacones en la cuerda" ( VER ÁLBUM )
Que vos pareceu a reportaxe deste día tan fantástico?? Espero que lla ensinedes aos vosos papás e mamás que non puideron gozalo "en directo". Moitos bicos ratunos e... AGÁRDOVOS NA BIBLIO!!