O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O NOSO LUMINOSO DÍA DA PAZ
Hoxe, como en todos os centros escolares, celebramos o DÍA DA PAZ e a Non Violencia. Foi un acto sinxelo pero moi emotivo e cheo de fondos desexos de PAZ e XUSTIZA. Todo o alumnado levaba días traballando arredor desta data e cada grupo expresou dun xeito ben artístico e orixinal as súas reivindicacións. Así temos ao alumnado de E. Infantil, que non esqueceu o tema do noso proxecto documental para manifestar os seus desexos luminosos:
Eles mesmos, en colaboración cos nenos e nenas de quinto e sexto, elaboraron un mandala da luz, onde se recollen preciosas e impactantes imaxes de escolas sen luz, frases e persoeiros que traballaron a prol da mellora das condicións de vida en moitos lugares desfavorecidos:

Unha churrusqueira pombiña luminosa foi o traballo dos nenos e nenas de terceiro e cuarto, xunto coas súas pegatinas con corazón:
E, por suposto, tamén o alumnado de primeiro e segundo fixo o seu fermoso mural:
E aínda máis:
Satisfeit@s co traballo feito, fomos tod@s ao ximnasio, xa que o tempo non nos permitiu saír ao patio. Alí escoitamos o precioso e brillante Manifesto que preparou o alumnado de sexto e, despois, facendo grandes roldas, bailamos xunt@s ao son da Carrasquiña:
Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 30-01-2015 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
CUARTO DE EP NA BIBLIOTECA
Aquí está o alumnado de cuarto de Primaria que, como todos os xoves, acudiu á biblioteca para realizar tarefas de lectura e formación de usuari@s. Tamén aproveitan para escoller os materiais que levarán en prestamo esta semana. Moitos bicos ratunos para estes nenos e nenas que gozan tanto coa lectura e cos libros. MIK

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 29-01-2015 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLANDO PARA A PAZ
O alumnado do centro anda moi atarefado preparando os seus traballos para mañá, que celebraremos o DÍA DA PAZ. Como vedes, xa están cos últimos retoques e penso que están quedando xenial. Os nenos e nenas de E. Infantil, xunto con quinto e sexto de Primaria, preparan un mural cheo de LUZ e, ao fío do noso proxecto documental, investigaron sobre as persoas que dedicaron as súas vidas a mellorar as condicións do ensino nas zonas máis desfavorecidas do planeta. Despois, fixeron as súas caricaturas e seleccionaron e pegaron impresionantes imaxes de escolas que carecen dos recursos máis elementais como a luz eléctrica. A LUZ do sol e as mans brancas simbolizan o desexo de xustiza e igualdade para tod@s.
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria fixeron unha bonitiña POMBA DA PAZ cos seus nomes, reivindicando así o seu desexo de PAZ, XUSTIZA, TOLERANCIA E IGUALDADE. Pero aínda hai máis sorpresas que decorarán e encherán de PAZ todos os recunchos do cole. Xa veredes!! PARABÉNS e moitos bicos ratunos e cheos de LUZ.

MIK
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 29-01-2015 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE 5 ANOS NA BIBLIOTECA
Hoxe, como cada semana, o alumnado de E.I. de cinco anos acudiu á biblioteca para a súa sesión de contacontos coa profe Rocío. A historia de hoxe falaba das cores e tod@s estiveron moi atentos. Pasárono de marabilla (seino moi ben porque os vin desde o meu buraquiño). Moitos bicos ratunos para estes nenos e nenas que gozan tanto coa lectura e cos libros.
MIK
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 20-01-2015 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
COMO LER MÁIS NO 2015
A través da publicación dixital http://elpais.com/,o artista Austin Kleon publica unha táboa de consellos que toman a lectura como unha especie de fitness mental.
Coa autoridade que lle outorga acadar a cifra de sete decenas de libros, estes son os seus sete consellos (algúns algo dubidosos) para os que se prometeron ler máis no 2015:
1.- Lanza o teu móbil ao océano (ou pono en Modo Avión).
2.- Leva un libro enriba en todo momento.
3.- Ten outro libro listo antes de rematar o que estás a ler. Fai unha pila cos libros que lerás ou cárgaos no eReader.
4.- Se non estás a gozar dun libro, ou aprende moito del, abandónao inmediatamente.
5.- Programa unha hora de lectura de non ficción ao día (a hora do xantar ou calquera anaco morto servirán).
6.- Vai á cama unha hora antes e le ficción (axudarache a durmir).
7.- Publica nalgún blog o que les e comparte as túas lecturas nalgunha rede social (así outros tamén che recomendarán lecturas).


Podes ler o artigo competo e as súas argumentacións AQUÍ


Fonte da imaxe e do texto: http://elpais.com/elpais/2015/01/05/icon/1420443241_637329.html
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 08-01-2015 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
QUE CHE TROUXERON OS REIS MAGOS?
Xa chegaron os Reis Magos aos fogares dos nenos e nenas de todo o mundo. Por alí pasaron, deixaron os seus agasallos e, en moitas ocasións, comeron mazapán ou turrón.
E a ti, que che trouxeron? Se queres compartir coa nosa comunidade a túa alegría, podes contalo nun comentario. Se non fuches moi afortunado (ou portácheste mal), cóntanolo tamén! Se prefires enviar unha foto ao correo bibliotics3@gmail.com incluirémola no álbum de agasallos. Agardo que tod@s teñades recibido bonitos regalos e que gozarades do día coas vosas familias, porque as vacacións de Nadal rematan xa e toca volver ao traballo. Vémonos axiña!!! Moitos bicos ratunos!!
MIK
Comentarios (5) - Sección: Nadal - Publicado o 06-01-2015 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0