O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES

Durante esta fin se semana, 23 e 24 de outubro, celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. E alí atopámonos 1200 mestres e mestras comprometidos coas nosas bibliotecas, dispostos a absorber todo o que o inmellorable plantel de expert@s que estaban convocados nos ía ofrecer. O tema central das xornadas foi "NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES", o que prometía interesantes aportacións sobre necesarios cambios metodolóxicos provocados polo contexto social e tecnolóxico no que nos atopamos. Nomes da categoría de Daniel Cassany, Luis Iza, Guadalupe Jover, Tíscar Lara e Glória Durban conformaron un programa de luxo. Coas súas exposicións abriron novos camiños, plantexaron novos retos e propuxeron aspectos para a reflexión. Ao mesmo tempo brindáronnos novos enfoques e pautas para lograr bibliotecas escolares integradas de xeito natural nas prácticas educativas dos centros.
Por outra banda, compañeiras de varios centros expuxeron as súas experiencias en canto a Proxectos lectores, clubes de lectura e "Hora de ler".
Pero non todo foi traballo. Como peche das xornadas puidemos disfrutar do humor de Carlos Blanco, que foi quen de provocar gargalladas e de facer que o sorriso nos acompañara no regreso ás nosas casas.
Dende aquí os meus parabéns a Cristina Novoa e Pilar Sampedro, artífices dunha impecable organización.
MOITAS GRAZAS E ATA O ANO QUE VEN!!

ACTUALIZACIÓN: podedes atopar unha completa reportaxe en O Segrel do Penedo

Comentarios (5) - Sección: Biblioteca - Publicado o 24-10-2009 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentarios
1 Pois si que chegaches motivada, que non te chegaron todas as horas que pasaches alí entre o venres e o sábado que tan pronto chegaches a casa, xa nos pasas toda a información. Pois moitas grazas e eu só engado que o momento do café tamén é#blgtk08# moi interesante, aínda que sexa coa "boca chea" sempre da tempo para falar e intercambiar un chea de saúdos e presentar a autora deste recanto que xa só lle queda ir asinando autógrafos.Unha aperta moi grande e FELICIDADES
Mª José
É o que dixo María José (25-10-2009 09:30)
2 Os descansiños para o café son momentos IMPAGABLES. Podes "poñer cara" compañeir@s que só coñeces polo seu traballo, intercambias impresións, e por suposto, botas unhas risas.
Tes razón, cheguei#blgtk08# moi motivada (aínda que tamén moi cansada). É o que teñen estas cousas (xunto cos comentarios de compis coma ti), que che dan pulo para seguir ao pé do canón.
Moitos biquiños

É o que dixo JULIA (25-10-2009 10:55)
3 Despois de coñecerte esta fin de semana nas xornadas e de que tanto Encarna coma Bea me falaran tan ben do teu blog, tan axiña como acendín hoxe o ordanador xa me puxen na túa procura.
E atopeite.
E canta razón tiñ#blgtk08#a.
¡Que ben montado está!
¡Canta información!!!
Pásoche o enlace do meu blog, aínda que non está tan ben coma o teu.
http://andeis.blogspot.com/
Unha aperta moi agarimosa
Susana Lamela
É o que dixo Susana Lamela (25-10-2009 18:53)
4 Viña darvos os nosos parabéns pola vosa fantástica Guía de Usuarios e atopo con ledicia unha referenci#blgtk08#a a O Segrel. Grazas e de novo a nosa noraboa polo voso magnífico traballo.
Apertas dende Fene.
É o que dixo O Segrel do Penedo (03-11-2009 23:07)
5 O Segrel resulta sempre unha referencia imprescindible. G#blgtk08#razas pola túa visita e polo teu comentario. Unha aperta
É o que dixo MIK (03-11-2009 23:43)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0