O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Desde 1967, o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) celebra cada 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, aproveitando o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen (1805-1875).

Cada ano, un país membro da organización é o encargado de realizar o cartel e a mensaxe dirixida ao resto do mundo. En 2009 a tarefa recaeu sobre Exipto que elixiu ao artista Hani D. O-Masri para que realice o poster e a mensaxe que promociona a celebración e que se titula EU SON O MUNDO:


Eu son o mundo, e o mundo son eu,
porque a través dos meus libros
podo ser o que queira.
Palabras e debuxos, prosa e verso
trasládanme a lugares
que están lonxe e preto ao mesmo tempo.


Na terra dos sultáns e do ouro,
mil historias que falan de alfombras voadoras,
xenios de lámpadas marabillosas,
sacaúntos e simbades,
cóntanlle os seus segredos a Sherezade.

Con cada palabra de cada páxina
viaxo a través do espazo e do tempo.
E coas ás da fantasía,
o meu espírito cruza o mar e a terra.


Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro estarei sempre
na mellor das compañías.



Unha bonita data que serve para lembrarnos a importancia da literatura infantil. Animemos aos nenos e nenas a descubrir os mundos que habitan nun libro.


Se queres saber máis:

H. C. ANDERSEN

LER CONTOS DE ANDERSEN

Comentarios (3) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 02-04-2009 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentarios
1 Mik.... una his#blgtk08#toria preciosa.
É o que dixo Claudia 3º (03-04-2009 21:29)
2 Pois si, Claudia. E o que di o poeta é moi certo: nun libro hai moitos mundos e moitas vidas por vivir. Cantos máis les, máis queres ler, e cada vez eres máis sabia e faste máis libre para decidir.
H.C. Andersen tiña unha imaxinación pr#blgtk08#odixiosa e a súa linguaxe e os seus soños conseguiron conquistar aos nenos e nenas de lugares moi diferentes xeración tras xeración. Debe ser que os corazóns e os sentimentos son iguais en todos os países e en todas as épocas.
Biquiños
É o que dixo MIK (03-04-2009 22:52)
3 A nosotros, tú también nos c#blgtk08#onquistas día a día. Gracias
É o que dixo Claudia Javi y Geli (05-04-2009 23:47)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0