|
|
|
EUROPA Á CARTA |
|
Hoxe, o alumnado de terceiro e quinto de Primaria participaron nun obradoiro de animación á lectura promovido polo concello de Vigo en colaboración coa editorial galega OQO. Unha actividade moi acaída ao noso Proxecto Documental xa que fixemos un percorrido pola gastronomía tradicional de cinco países europeos: comezamos en Galicia, como non podía ser doutro xeito, e pasamos por varias comunidades españolas; a continuación visitamos Francia, Italia, Portugal e Polonia. Coñecemos un aspecto moi importante das diferentes culturas, a súa cociña tradicional e os pratos típicos destes pobos: o marmitako, escargots, tiramisú, pierogi, golabki, zurek, pierniki, quiche, crepes, risotto...
Despois, en equipo, tivemos que confeccionar o menú dun restaurante dun dos países visitados. Fixemos un traballo estupendo e promocionamos moi ben os nosos particulares e orixinais restaurantes (aínda que algún resultaba un pouquiño caro).
.jpg) .jpg) .jpg) VER ÁLBUM Podedes escribir nun comentario os nomes dos vosos restaurantes e de que país eran. |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|