|
|
|
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES: O SORTEO |
|
Hoxe tivemos o encontro nas aulas entre padriños e madriñas cos seus afillados e afilladas. Foi moi emocionante!! Os nenos e nenas do segundo ciclo visitaron as aulas dos que serían os seus afillados e afilladas despois de efectuar un emocionante sorteo utilizando as tarxetas lectoras que xa preperaran con moito agarimo nos días anteriores. Moi formales, fixeron as presentacións entre eles, tal e como requería o noso particular protocolo para unha cita tan especial, e os nenos e nenas de primeiro agasallaron aos seus padriños e madriñas cunha sorpresa moi doce. MOITAS GRAZAS!! Agora só queda agardar que mañá teñamos un día espléndido que nos permita gozar ao aire libre duns momentos fantásticos de lecturas compartidas.
PARA VER ÁLBUM DE FOTOS DO ENCONTRO DE 1º E 3º, PREME AQUÍ:
PARA VER ÁLBUM DE FOTOS DO ENCONTRO DE 2º E 4º, PREME AQUÍ:
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|