|
|
|
O NOSO MIK SEGUNDO MANUEL BERNAL |
|
E DITO E FEITO!! Xa temos a Mik metido de cheo na tarefa... e grazas ao ilustrador Manuel Bernal podémolo ver facendo os seus ensaios como labrego, sementando fermosos libros parta obter unha grande colleita de lectores e lectoras; tamén o atopamos "metido en fariña" preparando riquísimas receitas para unha dieta sa na que non ha faltar un momentiño de lectura. A que son ben bonitos estes debuxos??! O noso agradecemento a Manuel que xenerosamente nos brinda o froito do seu talento.
Recoméndovos vivamente que visitedes a súa web onde poderedes disfrutar do traballo deste artista. Tamén podedes seguilo no seu facebook: www.facebook.com/manuelbernal.art GRAZAS, MANUEL!!
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|