|
|
|
GOZANDO DA HORA DE LER |
|
Co comezo do curso empezou tamén a actividade ?Hora de ler?, tal e como se ven facendo no noso centro desde hai varios anos. Ademáis do pracer que nos proporciona o feito de ler aquilo que nos apetece, o que nos interesa, o que nos divirte, o PLSS (Programa de Lectura Silenciosa Sostida) ten outras virtudes, como xa vos comentaba noutra entrada. Como é habitual, en cada aula fixéronse os preparativos precisos: o alumnado achega os seus libros preferidos, colorean marcapáxinas e carteis para as portas da aula, decórase o recuncho dos materiais, establécense as normas..., para que nada falle e tod@s poidamos gozar cada día, despois do recreo, duns estupendos 25 minutos de lectura silenciosa.
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|