Leer, la mejor lección de tu vida é o título dunha serie de seis vídeos que forman parte da campaña da Consejería de Educación de la Junta de Andalucía para o fomento da lectura, poñendo en valor o labor do docente.
Miguel Ríos, Luis García Montero, José Mercé, Pastora Soler e Fernando Tejero, entre outros, relatan como algúns profesores e profesoras lles contaxiaron o gusto pola lectura:
Os gustos dos teus fillos merecen atención, respecto e tamén outras propostas. Polo menos cando fales con eles sobre libros. O seu punto de vista merece o teu interese e o teu tempo, a túa complicidade. Observa a súa evolución como lectores, suxire novas lecturas e pensa o importante que é que os teus fillos lean, e moito. Libros, xornais, Internet. Comprender ben o que len garante as súas posibilidades educativas e profesionais. (Leer.es)
Para conseguir e afianzar o hábito lector non debemos descoidar a lectura durante as vacacións de verán. Desde a web Profes.net propoñen o plan 20 minutos diarios de lectura. Para facilitar a tarefa podes imprimir a seguinte imaxe e riscar os días nos que lograches adicar eses 20 minutos a ler, así conseguirás que o vermiño "leotodo" estea ben alimentado:
Aquí vos deixo as nosas recomendacións de lectura para este verán. Podes agrandar a imaxe premendo enriba dela ou descargala no teu PC facendo clicaquí.
Aínda que pronto recibiredes nas vosas casas as recomendacións de lecturas para o verán, durante estes días irei deixando aquí algunhas suxestións para os que queiran ir planificando as súas lecturas estivais. Hoxe tráiovos unha proposta de Xerais:
'Florentino, o príncipe Quino', de Gloria Sánchez, con ilustracións de Xan López Domínguez, é un conto moi porco, cheo de porquiños, onde a vida transcorre placidamente baixo o mandato dun rei que ten a desgraza de ter un fillo ?diferente?. Fiel aos seus gustos, Florentino non se somete ás normas e costumes do seu pobo. Incomprendido e rexeitado por todos, Florentino debe abandoar o seu país en busca doutro lugar onde vivir. No seu percorrido atopa o amor, o que lle axuda a comprender, respectar e tolerar outros gustos e outros xeitos de entender a vida.
Unha divertida historia de amor, de respecto e de tolerancia na que se mestura moi atinadamente o humor e a tenrura, co excelente adubío dunhas ilustracións sinxelas, centradas nos personaxes, que complementan o texto sen quitarlle protagonismo á palabra.
Unha lectura moi axeitada para nenas e nenos de 6 e 7 anos.
Dentro das actividades programadas pola biblioteca para a animación á lectura, o día 10 de maio puidemos disfrutar dunha sesión de contacontos a cargo de Iago López, que nos contou unha historia baseada no libro Un saco de estrelas, de Fina Casalderrey. Os nenos e nenas de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria estiveron moi atentos e participaron con entusiasmo nunha actividade que lles resultou moi divertida.
Pouquiños días antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado do noso centro participou nos obradoiros de animación á lectura promovidos polo Concello de Vigo, dentro da campaña Contarte 2011. A través do álbum ilustrado preténdese achegar aos nenos e nenas o mundo da arte dunha maneira lúdica e incidir, ao mesmo tempo, no fomento do hábito lector entre os máis novos.
En colaboración con OQO Editora, realizáronse actividades deseñadas para traballar na lectura do conto como un espazo de achega á literatura, á interculturalidade e á creación artística.
Aos nenos e nenas do 1º ciclo correspondeulles traballar no obradoiro "Paxariños de la e follas secas", arredor do conto A caixa dos recordos, de Anna Castagnoli e Isabelle Arsenault.
Por outra banda, o alumnado de 4º, 5º e 6º traballou as "Historias de Cartón", obradoiro de plástica creativa baseado no conto A caixa de cartón, de Txabi Arnal e Hassam Amekan.
E aquí están, moi atarefados, facendo entre todos a súa propia caixa de recordos, onde gardarán as lembranzas máis queridas do seu paso polo cole:
No día dos papás, nada mellor que compartir co teu papá unha desas lecturas "especiais para papás", que tamén nos valen para os "papás especiais", como esta que che deixo aquí:
Un papá a la medida, escrito por David Calí e ilustrado por Anna Laura Cantone, da editorial Edelvives. Nai e filla téñeno claro, queren buscar un papá á súa medida: que sexa forte, moi forte, con moito pelo, moi guapo, moi listo, que saiba facer quebracabezas difíciles, patinar como unha seda. A verdade é que o teñen bastante complicado.
Deciden poñer un anuncio no xornal e aparecen moitos candidatos, pero ningún cumpre as súas necesidades. Cando todos marchan queda un que é baixiño, moi baixiño, non moi guapo nin moi forte, non ten nin idea de patinar nin de facer quebracabezas, pero...
Tamén podes compartir con papá o visionado deste conto tan simpático. Verás como che gusta moito:
Contan moito e moi ben!!
Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos estiveron encantados de escoitar os contos da avoa de Lía, atentísimos ás palabras que lles regalaba esta "fada" que, como todas as fadas, fan uns agasallos marabillosos. Durante a súa visita encheu o aire de historias fermosas que os cativos recollían entusiasmados. E, como era de esperar, houbo "lecturas con corazón":Adivina cuánto te quiero de Sam McBratney, un libro que fala sobre como expresar o moito que queremos a alguén, a pesar de que o amor é imposible medilo. QUE SORTE TEMOS CON ESTAS AVOAS!! MOITAS GRAZAS POR TRAERNOS ESTES CONTOS TAN BONITOS!!