O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O VERMIÑO DA LECTURA
Xa vos comentei noutra ocasión a importancia de non descoidar a lectura durante o meses de verán, xa que esta práctica conleva moitos beneficios os nenos e nenas que non deixan de ler durante longos períodos de tempo. Na revista Muy Interesante do 16 de xuño atopamos un recomendable artigo titulado ¿Por qué es bueno leer en verano? que reforza esta idea baseándose en estudios realizados en universidades de EEUU.

Así que xa sabedes, seguide os consellos de Mik e... "Se vas de viaxe, leva libros na equipaxe. Se de viaxe non vas, colle un libro e mil mundos verás..." (Se premes na maletiña podes ver as recomendacións de MIK)
Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-06-2012 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
ÁNIMO!! COLLE UN LIBRO!!
Desde Trafegando Ronseis, un fermoso agasallo para a vista e para os oídos e unha fermosa mensaxe para as mentes e os corazóns:

Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 16-06-2012 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
FACENDO USUARI@S DE BIBLIOTECAS
Hoxe o alumnado de 2º de EP visitou as instalacións da Biblioteca Municipal de Vigo, situada no casco histórico da cidade, onde ocupa un fermoso e antigo edificio modernista, obra do arquitecto Jenaro De La Fuente. Fomos recibidos por unha amable bibliotecaria que nos falou brevemente da historia do local para logo mostrarnos as distintas dependencias e servizos que ofrecen. Disfrutamos moito vendo todo o que alí había, encantounos a decoración, moi atractiva para os nenos e nenas de todas as idades, e poidemos ver, tocar, manipular e xogar con libros espectaculares en tres dimensións, libros con forma de balón e mesmo libros que botaban a lingua fóra!! Pasámolo moi ben e queremos agradecer a amabilidade e paciencia do persoal polo que fomos atendidos. MOITAS GRAZAS!!
A verdade é que nos quedaron ganas de voltar axiña pola biblioteca pública para gozar con máis calma dos tesouros que alí gardan. A que si, rapaces?!


Se queres ver todas as fotos, algunhas moi simpáticas, preme AQUÍ

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 14-06-2012 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS DE AUGA
Despois de facervos unha breve crónica do acontecido na Illa de San Simón o pasado sábado, non podía deixar de achegarvos un pouco a figura do gañador do Premio Merlín, Marcos Calveiro, do que seguramente moitos de vós, gardaredes agradables recordos da visita que fixo á nosa biblioteca non hai moito tempo.
Aínda que comezou a publicar hai pouco, Marcos Calveiro xa ten recibido moitos premios e forma parte dun grupo de autores de literatura infantil e xuvenil que escriben en galego cunha cualidade incuestionable e recoñecida pola crítica e os editores.
Xa lle foron outorgados galardóns de gran relevancia entre os que se atopan:

Premio de poesía Concello de Carral no 2006, por Cartas do terceiro día.
Gañador do XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil no 2007, por O carteiro de Bagdad.
Premio da Crítica de narrativa galega no 2008, por Festina lente.
Premio Barco de Vapor no 2008, por O canto dos peixes.
Premio White Ravens no 2008, por O carteiro de Bagdad.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa para adultos no 2008, por Festina lente.
Premio Irmandade do Libro no 2009 ao Mellor Libro Galego do 2008, por Festina lente.Premio Lazarillo no 2009, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2010, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Raíña Lupa no 2010, porCentauros do Norte.
Premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por O pintor do sombreiro de malvas.
Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Merlín no 2012, por Palabras de auga.
Ben vedes que temos ante nós a un gran escritor ao que lle auguramos unha carreira chea de recoñecementos e que do que agardamos moitas satisfaccións para a nosa literatura e a nosa lingua.
OS NOSOS PARABÉNS, MARCOS, AGARDANDO BEBER AXIÑA DESAS PALABRAS DE AUGA!!

Podedes acceder ás primeiras entrevistas que concedeu despois de recibir o premio AQUÍ

Tamén podes visitar o seu blog persoal Alfaias
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 13-06-2012 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
AMORES OLÍMPICOS
O próximo 14 de febreiro celébrase o día de San Valentín, o día do AMOR, un sentimento que constitúe a temática de moitas obras da literatura universal, o que nos permite abordar diferentes formas de amar e apreciar as distintas visións culturais do amor a través dos tempos. Algunhas das grandes historias de amor que paga a pena lembrar, e mesmo reler, entre moitísimas outras: Romeo e Julieta, A celestina, Madame Bovary, Ana Karenina, Orgullo y prejuicio, Cumbres borrascosas, Primer amorLas amistades peligrosas, El fin del romance, La casa de las bellas durmientes, Doctor Zhivago, El amor en los tiempos del cólera ou Brokeback Mountain...
Tamén poden ser un bo agasallo para un amig@, un compañeir@, un irmán... porque hai moitas maneiras de querer, porque se pode querer a todas as idades, porque hai moitos xeitos de estar namorad@...


Nesta páxina atopamos un ranking de grandes historias de amor da literatura clásica, na que podes votar as túas favoritas. Para votar grandes historias de amor de todos os tempos, reais ou literarias, preme AQUÍ.
Cales son as que máis che gustan a ti?
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 05-02-2012 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
ESTE NADAL PRACTICA A PRACER O DEPORTE DE LER
Aproveita o NADAL para practicar o noso deporte favorito, A LECTURA! Escolle algunha das recomendacións de MIK, acomódate nun sofá ben confortable e mergúllate na maxia e na aventura. A que é moi sinxelo? Pois xa sabes, "fai músculo" nestas vacacións e convírtete nun auténtico LECTOR/A OLÍMPIC@!! E lembra que... "Co deporte de LER, maniotas non vas ter".  Para ver as recomendacións de Mik preme na imaxe.

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 16-12-2011 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
LECTORES/AS E ESCRITORES/AS OLÍMPIC@S
Hai algúns días chegou ás aulas unha nova proposta de MIK para todos os nenos e nenas do cole: convertirse en ESCRITORES/AS e LECTORES/AS OLÍMPICOS!! Queredes saber como logralo? Pois preme no sobre para ler a carta do noso ratiño:


A que é unha idea xenial?! Pois xa sabes, presenta as túas creacións na biblioteca e non esquezas pedir a ficha de lecturas cando remates un libro.
Todas as creacións presentadas ao certame "ESCRITOR/A OLÍMPIC@" serán publicadas no blog Ti tamén contas, para que tod@s poidades gozar do talento dos nenos e nenas do noso cole.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 30-11-2011 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
O EMBIGO DO MUNDO
O aforo da sala do Museo do Mar de Vigo quedou pequeno ante a grande afluencia de público á presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2011. Ao longo dunha hora asistimos a un espectáculo que, baixo o título ?O embigo do mundo?, unha metáfora que pretende transmitir a idea dun mundo creado a partir da nosa propia identidade, mesturaba o teatro, a danza, a fotografía e a música con anacos da obra literaria de Xavier Queipo.
Poucas veces teño presenciado un acto destas características que, ao tempo que se ía desenvolvendo, facía medrar no meu estómago o verme da fame de ler, unha ansia voraz de meterme en Extramunde, provocando en min a necesidade de comezar canto antes a lectura desta obra que de seguro marcará u fito na novela contemporánea galega. E niso estou, cos primeiros bocados que saboreo intensamente e que me levan a engulir sen parar, gozando da travesía que me conducirá ata a illa de Borneo...


Se queres saber máis cousas sobre Xavier Queipo, visita a súa páxina web.

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 22-10-2011 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
XA VAN CHEGANDO...
Estou moi contento porque xa está chegando á nosa biblioteca unha morea de libros novos que vos van encantar. Eu xa os estou lendo e pouco a pouco ireivolos presentando para que vaiades decidindo as vosas lecturas deste curso.

Hoxe traio dous títulos editados por Xerais para os primeiros lectores:
Tucho Despistes, de Ana Santiso, conta a historia dun neno, Tucho, que o perde todo, non sabe onde deixa as cousas, fai mal os recados... Pero Tucho está disposto a poñer remedio aos seus males coa axuda do peixe Pirucho. Será capaz de arranxar tanto desaguisado?
O souto escuro e perigoso, de Miguel Vázquez Freire con ilustracións de Xosé Tomás, dá un pouco de medo porque alí viven animais moi grandes, moi negros e moi perigosos. Tamén vive alí un coelliño moi pequeno, moi branco e moi pouco perigoso que non ten nada, nada de medo...

A que teñen boa pinta? Pois xa sabes, búscaos na biblioteca!

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 30-09-2011 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
BENVIDO OUTONO!
Que mellor maneira de recibir o outono que con esta ilustración de Mónica Carretero ! É a bruxa Babayaga, que vén contarnos que dentro de moi pouquiño "Manual de bruxas" chegará ás librarías... estamos desexando, Mónica!


Gozade desta marabillosa estación e da ilustración! Tamén podes darte unha volta polo blog desta fantástica ilustradora e ver os libros que leva ilustrado e os premios que ten recibido. Seguro que che gustará moito.

Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 26-09-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0